Tameiga As Pedriñas

Tameiga As Pedriñas Comunidade de Montes de Tameiga
Actividades, eventos, rutas e información de actualidade. Máis que un Centro Cultural, unha aposta polo futuro.

Un espazo de ocio, de convivencia e de cultura para todos e todas as habitantes de Tameiga

🏵️ TAMEIGA EN FLOR 2026 🌼Hoxe facemosvos chegar toda a programación vinculada ao Tameiga en Flor deste ano 2026 🌺.Contar...
17/06/2026

🏵️ TAMEIGA EN FLOR 2026 🌼

Hoxe facemosvos chegar toda a programación vinculada ao Tameiga en Flor deste ano 2026 🌺.

Contaremos con:

💐 20 Xuño: I Mercadillo Tameiga en Flor.
Postos variados, charlas abertas, obradoiros infantís e concerto en sesión vermú.

💐 21 Xuño: Andaina.
Percorreremos a parroquia na búsqueda das herbas de San Xoán.

💐23 Xuño: Formación.
Da man de Nazaret de aprenderemos sobre as propiedades das plantas e os rituais de San Xoán.

💐 28 Xuño: Formación.
Da man de coñeceremos os segredos da horta e que consellos seguir para ter unha gran colleita.

💐5 Xullo: Excursión.
Viaxaremos a Ponte de Lima para descubrir o festival internacional de xardíns da vila.

📌 Todas as actividades, menos o mercadillo, precisan de inscrición previa. As persoas comuneiras teñen preferencia na inscrición ata o xoves 18 de xuño ás 14h.

Para solicitar máis información ou facer a vosa reserva, contactade no 616 523 807.🌷

Agardamos que desfrutedes desta nova edición do Tameiga en Flor 💚

Anotade nas vosas axendas e non o perdades!🌱

Mañá venres, 29 de maio, estaremos na Universidade de Vigo onde se reuniran representantes de entidades comunitarias par...
28/05/2026

Mañá venres, 29 de maio, estaremos na Universidade de Vigo onde se reuniran representantes de entidades comunitarias para impulsar a transición enerxética desde o rural de Galicia.

Será durante o “Encontro de Entidades Comunitarias que traballan e impulsan a Transición Enerxética Comunitaria” no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (FCEE), de 9.00 a 18.30 horas.

Abordaranse, entre outros temas, o papel das Comunidades Enerxéticas Rurais (CER) como pancas clave para impulsar unha transición enerxética limpa en Europa desde o ámbito local.

Ao final do día, propoñerase a construción dunha 𝗥𝗲𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗘𝗻𝘁𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗖𝗼𝗺𝘂𝗻𝗶𝘁𝗮𝗿𝗶𝗮𝘀 𝗽𝗼𝗹𝗮 𝗧𝗿𝗮𝘀𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗘𝗻𝗲𝗿𝘅𝗲́𝘁𝗶𝗰𝗮.

🌞 CAMPAMENTO DE VERÁN 2026 🌞Deixamos a información relacionada co campamento de verán que levaremos a cabo no centro cul...
22/05/2026

🌞 CAMPAMENTO DE VERÁN 2026 🌞

Deixamos a información relacionada co campamento de verán que levaremos a cabo no centro cultural.✨

Non deixedes pasar a oportunidade de que a cativada veña desfrutar xogando, aprendendo e convivindo mentres percorren o mundo 🌱

➡️ +Info na web www.tameiga.com

📢 ANDAINAS 🥾Deixamos un pequeno resumo da nosa última andaina da man de .viana pola Fraga do río Barragán 🏞️A chuvia non...
12/05/2026

📢 ANDAINAS 🥾

Deixamos un pequeno resumo da nosa última andaina da man de .viana pola Fraga do río Barragán 🏞️

A chuvia non supuxo un impedimento para desfrutar da natureza en moi boa compañía 🌱

Unha vez máis, grazas pola participación e a boa acollida 💚

En breve, anunciamos a seguinte ☺️

🌼 MAIOS 🏵️O noso grupo de memoria organizou a semana pasada unha clase do máis especial. Entre todas trouxeron os materi...
12/05/2026

🌼 MAIOS 🏵️

O noso grupo de memoria organizou a semana pasada unha clase do máis especial. Entre todas trouxeron os materiais necesarios para elaborar os tradicionais "Maios" desta época. ✨

Aínda que o tempo non acompañase, non foi impedimento para que botasen toda a tarde traballando, rindo, compartindo e aprendendo en comunidade.🌱💚

Deixamos algunhas imaxes para que miredes todo o proceso 😍

🗣️Bo día veciñanza comuneira! Xa está publicada na páxina web da ORGACCMM a información e relatorios do VIII Congreso ga...
06/05/2026

🗣️Bo día veciñanza comuneira!

Xa está publicada na páxina web da ORGACCMM a información e relatorios do VIII Congreso galego de comunidades de montes, dispodes tamén dunha ventá específica intitulada "VIII CONGRESO" para seguires as novas e información ao respeito.
Dende a Comisión organizadora do VIII Congreso galego de comunidades de montes e dende a Organización galega de comunidades de montes veciñais (ORGACCMM) convidámosvos a participar neste VIII Congreso!!!🌿

👉https://congreso-viii.orgaccmm.gal/
👉Orgccmm Organización Galega de Montes

📢 O día 1 de Maio estaremos pechados!
30/04/2026

📢 O día 1 de Maio estaremos pechados!

📢 NOVOS CURSOS PROGRAMA "TEMPO DE LECER"Presentamos os novos cursos correspondentes ao programa "Tempo de lecer" do Conc...
29/04/2026

📢 NOVOS CURSOS PROGRAMA "TEMPO DE LECER"

Presentamos os novos cursos correspondentes ao programa "Tempo de lecer" do Concello. Ambos terán unha duración de 20h (8 días aproximadamente) e o curso terá un prezo de 30€.

Nesta ocasión ofreceremos:
- Repostería saudable: mércores de 17h a 19:30h 🍰
- Iniciación á cestería: luns de 18h a 20:30h🌾

Para realizar a vosa inscrición poñédevos en contacto chamando ou mandando un whatsapp no teléfono 616523807☎️

Recordade que as prazas son limitadas!🌱

📢 VISITA IES de Mos 👣O venres recibimos a visita do alumnado de Sostibilidade de 1º da ESO do IES de Mos. Recibímolos no...
29/04/2026

📢 VISITA IES de Mos 👣

O venres recibimos a visita do alumnado de Sostibilidade de 1º da ESO do IES de Mos. Recibímolos no Chan da Cruz onde puideron apreciar un bosque atlántico de máis de 25 anos que é a xoia da nosa coroa. 🌱🌳

Alí, unha das nosas comuneiras, Naiara, explicoulles o modelo de xestión veciñal da Comunidade de Montes, sen ánimo de lucro, que procura beneficios ambientais, sociais, enexéticos e económicos para a veciñanza e o territorio. ✨

Dende o Chan da Cruz saímos dirección ao CSCD As Pedriñas percorrendo 3 km do noso sendeiro perimetral. Polo camiño, explicamos temas como o funcionamento das traídas de augas veciñais, os bioindicadores que demostran a calidade do aire e da auga do noso territorio, o funcionamento do reparto da leña e do noso proxecto de Comunidade Enerxética, ademais das actividades culturais do noso centro.🥾

No final da actividade respondimos a unha chea de preguntas que nos tiñan preparadas e que amosaron unha gran curiosidade polo que facemos.📝

Queremos agradecer ao grupo de profes que sempre contan con nós para realizar esta actividade de divulgación sobre as Comunidades de Montes, entidades únicas que so se dan en Galicia e que tanto precisamos protexer polo ben social, medioambiental, cultural e económico da poboación galega.💚

O pasado sábado 11 de abril estivemos na XXVI Feira do Millo Corvo, no centro da Asociación Cultural de Meiro, en Bueu, ...
29/04/2026

O pasado sábado 11 de abril estivemos na XXVI Feira do Millo Corvo, no centro da Asociación Cultural de Meiro, en Bueu, falando sobre Comunidades Enerxéticas. 🌽✨

A charla foi coordinada por Tito Iglesias, da Asociación Cultural de Meiro, e tamén participou a Comunidade Enerxética Romarigo, de Cangas, que está comezando a dar os primeiros pasos.💡

Coma en todas as xornadas nas que participamos, contamos a nosa experiencia e animamos a outros grupos de persoas a que monten as súas propias CE xa que estes proxectos traen beneficios medioambientais, sociais e económicos.🌱

Agradecemos o convite á Asociación Cultural de Meiro e o espazo para contar o noso proxecto enerxético, tanto na parte da leña como na parte fotovoltaica.💚

Ademais animámosvos a que vos pasedes en próximas edicións da Feira do Millo Corvo porque os productos son exquisitos 😍

Dirección

Avenida Do Rebullón 23
Tameiga
36416

Horario de Apertura

Lunes 16:30 - 20:00
Martes 09:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Miércoles 09:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Jueves 09:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Viernes 09:30 - 14:00
16:30 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Tameiga As Pedriñas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Tameiga As Pedriñas:

Compartir