02/11/2024
🪟 O sábado, 16 de novembro, convidámosvos a vivir una fermosa experiencia no Teatro Colón da Coruña: 𝟓𝟖𝟔 𝐜𝐚𝐧𝐭𝐨𝐬, o espectáculo audiovisual con música en directo producido polo Museo do Pobo Galego, que forma parte do 𝐂𝐢𝐜𝐥𝐨 𝐌𝐮́𝐬𝐢𝐜𝐚𝐬 𝐏𝐨𝐬𝐢́𝐛𝐞𝐢𝐬 da Deputación da Coruña.
A peza pon en valor o papel das portadoras e transmisoras da nosa poesía popular oral, futuras homenaxeadas nas , así como dos arquivos que albergan o patrimonio inmaterial galego. En concreto, 𝟓𝟖𝟔 𝐜𝐚𝐧𝐭𝐨𝐬 toma como punto de partida o traballo etnomusicolóxico que Dorothé Schubarth levou a cabo entre os anos 1978 e 1984 en Galicia, coa colaboración de Antón Santamarina, e cuxo resultado doou ao hai agora dez anos. Gravacións sonoras, fotografías, transcricións de textos e partituras coas que Laura Piñeiro e Fran Rodríguez Casal, cineastas da Asociación Memoria e Cinema, deron forma a unha montaxe audiovisual que se combina no espectáculo coa reinterpretación desas músicas tradicionais da man de Richi Casas, acompañado tamén de Fran Barcia, Tania Caamaño e Antía Ameixeiras.
🕗Sábado, 16 de novembro, ás 20 horas
📥As entradas, de balde, están dispoñibles en ataquilla.com: https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas
Cultura da Deputación da Coruña