27/09/2026
🌿⛰️ UN DÍA MÁXICO NA SERRA DO COUREL ⛰️🌿
Onte, varias familias da ANPA do Oural tivemos a sorte de g***r dunha marabillosa viaxe cultural á Serra do Courel, unha xornada para aprender, descubrir, compartir e, sobre todo, desfrutar xuntos. 💚
📚 A nosa primeira parada foi na Fundación Uxío Novoneyra, en Parada do Courel, onde Ander nos achegou á figura, á obra e ao universo do poeta.
🌰 Despois, da man de Orlando, adentrámonos nos soutos entre castiñeiros e descubrimos algúns dos segredos que agochan estas árbores e unha paisaxe que forma parte da historia e da identidade do Courel.
🍽️ E como unha boa xornada tamén se desfruta arredor dunha mesa, queremos dar as grazas especialmente a Jesenia e ao seu equipo pola estupenda comida que nos prepararon. Estaba todo boísimo e fixéronnos sentir coma na casa! ❤️
🧚♀️ Pola tarde chegou a maxia… Metémonos nunha cova á procura das mouras👀, guiados por Marcos Reinoso (Pía Paxaro). Con el descubrimos historias, lendas e curiosidades da serra e aprendemos tamén un pouquiño máis sobre os cogomelos 🍄 que fomos atopando polo camiño.
Marcos conseguiu contaxiarnos as ganas de volver, seguir explorando e coñecer cada vez máis as innumerables marabillas que agocha a Serra do Courel. ❤️
🙏 Grazas a Ander, Orlando e Marcos por dedicarnos o voso tempo, compartir connosco os vosos coñecementos e facernos partícipes dos encantos desta terra.
🍽️ Grazas a Jesenia e ao seu equipo por coidarnos tan ben e por esa gran comida coa que repuxemos forzas.
Grazas tamén á Área de Cultura da Deputación de Lugo por facer posibles iniciativas coma esta, que nos permiten achegar a cultura, a natureza e o noso patrimonio ás familias.
E, por suposto, GRAZAS a todas as familias que vos animastes a vir e a compartir este día connosco. 🥰
Porque facendo comunidade, compartindo experiencias e camiñando xuntos…
💚 XUNTOS CHEGAREMOS LONXE! 💚