A L I A A L I A é unha suma de forzas. O resultado de reunir a experiencia de tres entidades de acción social especializadas na atención á infancia e a xuventude.

Fundación Meniños, Fundación Trébol de Iniciativa Social e Igaxes3 percorremos un camiño común. Facémolo porque a nosa misión é o que xustifica a nosa existencia: traballar máis e mellor a prol da infancia e a xuventude. E iso sempre debe estar por diante de logos e estruturas. Hoxe somos A L I A porque queremos estar a carón dos nenos, as nenas e os mozos que se atopan nunha situación de vulnerab

ilidade. Porque queremos ser un apoio cada vez mellor para eles e tamén para as súas familias. E porque queremos seguir velando polo dereito dos nenos e mozos a vivir en familia e a camiñar cara á vida adulta de forma segura, libre e cada vez máis autónoma.

Dirección

Santiago De Compostela
15707

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A L I A publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a A L I A:

Compartir