Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

CCOO da USC Sección sindical de Comisións Obreiras da USC

📢 IMPORTANTE: RECOÑECEMENTO DE TRIENIOS DO PERSOAL INVESTIGADORA partir do 1 de outubro de 2026, a USC realizará de ofic...
16/09/2026

📢 IMPORTANTE: RECOÑECEMENTO DE TRIENIOS DO PERSOAL INVESTIGADOR

A partir do 1 de outubro de 2026, a USC realizará de oficio o recoñecemento dos novos trienios ao persoal que xa teña recoñecido o primeiro, e cumpra os requisitos para perfeccionar o seguinte, sen necesidade de presentar solicitude.

✅ Os trienios recoñecidos incorporaranse á nómina con efectos económicos desde o 1 de novembro de 2026.

📌 Só será necesario presentar solicitude nos seguintes casos:

🔹 Primeiro trienio.

🔹 Recoñecemento de servizos prestados noutras administracións públicas.

🔹 Persoas con interrupcións na súa vinculación coa USC entre contratos.

💚 Desde CCOO valoramos positivamente esta medida, que simplifica os trámites administrativos e evita que o persoal teña que solicitar cada novo trienio.

✊ CC.OO continuará defendendo a equiparación de dereitos e a mellora das condicións laborais do colectivo.

📣📣📣 CCOO LOGRA POR FIN O DESBLOQUEO DA XUBILACIÓN PARCIAL PARA O PERSOAL LABORAL 📣📣📣‼‼‼ O Goberno aprobou este luns 29 d...
29/06/2026

📣📣📣 CCOO LOGRA POR FIN O DESBLOQUEO DA XUBILACIÓN PARCIAL PARA O PERSOAL LABORAL 📣📣📣

‼‼‼ O Goberno aprobou este luns 29 de xuño un Real decreto-Lei negociado con CC.OO que permite recuperar a xubilación parcial do persoal laboral das administracións públicas, poñendo fin a máis dun ano de bloqueo que impedía o acceso a este dereito a milleiros de traballadoras e traballadores do sector público ‼‼‼

✊✊✊Esta medida afecta a un colectivo de arredor de 700.000 persoas empregadas públicas, entre elas un número importante de traballadoras e traballadores de concellos e universidades, e a varias decenas tamén da USC.

Que cambia?

A nova norma permitirá que o persoal laboral fixo da USC poida acceder novamente á xubilación parcial anticipada, compatibilizando unha redución da xornada laboral co cobro proporcional do salario e da pensión.

Toda a información 👇🏻
https://ccooensino.gal/ccoo-logra-por-fin-o-desbloqueo-da-xubilacion-parcial-para-o-persoal-laboral/

29/06/2026

CCOO LOGRA POR FIN O DESBLOQUEO DA XUBILACIÓN PARCIAL PARA O PERSOAL LABORAL
O Goberno aprobou este luns 29 de xuño un Real decreto-Lei negociado con CC.OO que permite recuperar a xubilación parcial do persoal laboral das administracións públicas, poñendo fin a máis dun ano de bloqueo que impedía o acceso a este dereito a milleiros de traballadoras e traballadores do sector público.
Esta medida afecta a un colectivo de arredor de 700.000 persoas empregadas públicas, entre elas un número importante de traballadoras e traballadores de concellos e universidades, e a varias decenas tamén da USC.
Que cambia?
A nova norma permitirá que o persoal laboral fixo da USC poida acceder novamente á xubilación parcial anticipada, compatibilizando unha redución da xornada laboral co cobro proporcional do salario e da pensión.
O principal obstáculo existente ata agora era a imposibilidade de formalizar con rapidez os contratos de relevo fixos esixidos pola normativa. Para resolver esta situación, as administracións poderán recorrer temporalmente á contratación de persoal substituto mentres se completan os procesos selectivos e se incorporan os relevistas fixos.
Unha reivindicación sindical cumprida
Desde CCOO levamos meses reclamando unha solución urxente para esta situación, que estaba a impedir o exercicio dun dereito consolidado e bloqueando o relevo xeracional nas administracións públicas. A presión sindical e a negociación permitiron alcanzar un acordo que agora se materializa nesta reforma.
Un avance importante, pero non o último
Valoramos positivamente este desbloqueo, que permitirá que milleiros de persoas poidan acceder á xubilación parcial e facilitará a incorporación de novo persoal aos servizos públicos. Non obstante, seguimos reclamando que este dereito sexa tamén plenamente recoñecido para o persoal funcionario, cuestión que continúa pendente de desenvolvemento normativo.
✅ Recuperamos un dereito fundamental para o persoal laboral.
✅ Facilitamos o relevo xeracional nas administracións públicas.
✅ Seguiremos traballando para ampliar este dereito ao conxunto das empregadas e empregados públicos.

10/06/2026

*📢 OPE 2026 – Principais conclusións (Mesa do 10/06/2026)*
Na última reunión da Mesa de Negociación, acadouse un *acordo* sobre a OPE 2026 estes son os puntos clave:
✅ A Oferta xeral acordada inclúe *43 prazas* de distintos grupos escalas e categorías de persoal funcionario e laboral
* No ultimo trimestre do ano poderase facer unha *OPE complementaria*, tal como reclamamos dende CC.OO; para incluír outras 17 máis e chegar así ao máximo permitido do 120% da taxa de reposición.
* Tal e como propuxemos dende CC.OO e xerencia aceptou, unha parte destas prazas poderanse reservar en promoción interna ordinaria.
✅ *Promoción interna independente:* A OPE acordada inclúe finalmente *69 prazas* ; que se suman ás 323 que se ofertaron nesta modalidade dende 2020, en que iniciamos esta vía.
➡️ CC.OO demos o noso *voto favorable* á OPE, valorando que houbo un avance dende as 40 prazas ofertadas inicialmente pola xerencia
✅ Entre as melloras máis destacables: a promoción de C2 pasa de 10 prazas iniciais a 25, ou a de Técnicos TIC que pasa de cero a 10.
✊ Despois de anos de defender case en solitario as promocións, este ano houbo por fin un *consenso sindical* arredor da promoción interna independente, e do carácter gradual das convocatorias, que non poden afectar a todos á vez.
🔎 Tivemos ocasión tamén de aclarar dúbidas e aseveracións a oferta xeral de laborais e funcionarios dos últimos anos:
* *2025* : 40 Funcionarios e 12 laborais
* *2024* : 11 func e 27 lab
* *2023* : 36 func e 4 lab
* *2022* : 3 de lab
* *2021* : 16 func e 11 lab
* *2020* : 19 func e 11 lab
* *2019* : 11 func e 4 lab
📌 *Seguintes pasos:*
A OPE 2026 pasará agora ao Consello de Goberno unha vez sexa ratificada polo comité e a xunta de funcionarios.
🔴 Desde CCOO traballaremos para:
✅ Garantir a totalidade da taxa de reposición
✅ Seguir mellorando nos próximos anos a promoción interna independente ⚖️

03/06/2026

📢 OPE 2026 – Principais avances e situación actual (Mesa do 02/06/2026)
Na última reunión da Mesa de Negociación, estos son os puntos clave:
✅ Nova proposta da Xerencia
* A OPE xeral inclúe 43 prazas (unha máis ca proposta anterior), o que supón o 86% da taxa de reposición (60 prazas autorizadas).
* Acepta a proposta de CCOO de facer unha oferta complementaria no último trimestre , aínda que sen compromiso explícito de chegar ás 60 prazas .
* Acepta tamén reservar prazas para promoción interna ordinaria dentro da oferta xeral.
✅ Promoción interna
A promoción interna independente aumenta de 40 a 59 prazas , mellorando de forma significativa a proposta inicial.
⚠️ Posición de CCOO
* Valoramos o avance, pero segue sendo insuficiente .
* Reclamamos máis prazas en varias categorías (funcionario e laboral) como condición para un acordo.
* Xerencia indica que está “no límite”, pero revisará a proposta.
📅 Seguinte paso
A OPE 2026 volverá á Mesa na próxima xuntanza.

Desde CCOO traballaremos para:
✅ Garantir o 100% da taxa de reposición
✅ Mellorar a promoción interna independente , obxectivo clave desde 2020

📣📣📣 CC.OO CHAMA A PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS DO 1º DE MAIO 📣📣📣‼‼‼  Este 1º de Maio de 2026, desde  a Sección sindical ...
30/04/2026

📣📣📣 CC.OO CHAMA A PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS DO 1º DE MAIO 📣📣📣

‼‼‼ Este 1º de Maio de 2026, desde a Sección sindical de CCOO na USC, chamamos ao PDI, PTXAS e Persoal investigador a mobilizarse baixo o lema:

✊ Dereitos, non trincheiras. Salarios, vivenda e democracia ‼‼‼

Nun contexto internacional marcado pola guerra, a inestabilidade e o avance de proxectos autoritarios, e nun contexto estatal no que a desigualdade segue medrando, a universidade pública non é allea aos problemas da clase traballadora. Ao contrario: sofre os seus efectos de maneira directa.

Desde CCOO defendemos a universidade pública como un servizo esencial, clave para a cohesión social, a igualdade de oportunidades e o progreso democrático. Isto só é posible con emprego digno, estable e con dereitos tanto para o PAS como para o PDI.

👉 O PTXAS continúa soportando sobrecargas de traballo, déficit de persoal, problemas de encaixe profesional, atrasos na carreira horizontal, promoción interna insuficiente e precariedade nalgunhas áreas clave.

👉 O PDI, especialmente o máis novo e o persoal investigador, sofre inestabilidade, encadeamento de contratos, falta de expectativas reais de estabilización e presión crecente sobre as condicións de traballo e de investigación...

Toda a información 👇🏻
https://ccooensino.gal/cc-oo-chama-a-participar-nas-mobilizacions-do-1o-de-maio/

📣📣📣 Guía de vacacións, permisos e licenzas 2026 📣📣📣 ‼‼‼ Publicamos a guía de vacacións, permisos e licenzas de 2026 elab...
07/04/2026

📣📣📣 Guía de vacacións, permisos e licenzas 2026 📣📣📣

‼‼‼ Publicamos a guía de vacacións, permisos e licenzas de 2026 elaborada por CC.OO. da USC ‼‼‼

➡ Como todos estes anos dende CCOO da USC ofrecemos a todo/as os/as traballadores/as da USC un resumo das instruccións de Xerencia relativas a vacacións, permisos e licenzas para ter unha guía de referencia á hora de saber os nosos dereitos

📌https://ccooensino.gal/wp-content/uploads/2026/04/Guia-Permisos-USC-2026.pdf

Toda a información 👇🏻

📣📣📣 CC.OO GAÑA UNHA NOVA SENTENZA QUE OBRIGA Á USC A FACER NOVAS APORTACIÓNS AO PLAN DE PENSIÓNS 📣📣📣‼‼‼  Logo do xuízo c...
25/03/2026

📣📣📣 CC.OO GAÑA UNHA NOVA SENTENZA QUE OBRIGA Á USC A FACER NOVAS APORTACIÓNS AO PLAN DE PENSIÓNS 📣📣📣

‼‼‼ Logo do xuízo celebrado o pasado 5 de febreiro, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de facer pública a sentenza pola que estima a demanda da sección sindical de CC.OO e volve a condenar á USC a que realice un ano máis as achegas ao Plan de pensións do PAS laboral, neste caso as correspondentes ao exercicio económico de 2023 ‼‼‼

Segundo a sentenza coñecida agora, as aportacións individuais que corresponden a este ano 2023 deberán ser calculadas nos mesmos termos que as efectuadas os anos anteriores. Isto é, segundo o establecido no convenio colectivo do PAS laboral da USC e no propio regulamento do Plan de pensións da USC.

Unha vez fixadas as cantidades concretas a recibir por cada un dos partícipes do PTXAS laboral, deberá aplicarse esa mesma contía tamén a cada un dos partícipes do PTXAS funcionario...

Toda a información 👇🏻
https://ccooensino.gal/cc-oo-gana-unha-nova-sentenza-que-obriga-a-usc-a-facer-novas-aportacions-ao-plan-de-pensions/

📣📣📣Rosa Crujeiras, elixida nova reitora da Universidade de Santiago de Compostela 📣📣📣‼‼‼  A comunidade universitaria da ...
16/03/2026

📣📣📣Rosa Crujeiras, elixida nova reitora da Universidade de Santiago de Compostela 📣📣📣

‼‼‼ A comunidade universitaria da Universidade de Santiago de Compostela vén de elixir a Rosa Crujeiras como nova reitora da institución, nun proceso electoral que marca un fito histórico: será a primeira muller en ocupar a reitoría da USC en máis de cinco séculos de historia ‼‼‼

Desde CCOO Ensino queremos trasladarlle os nosos parabéns pola súa elección e desexarlle o maior dos acertos nunha responsabilidade institucional de grande relevancia para o futuro da universidade pública galega.

Toda a información 👇🏻

A comunidade universitaria da Universidade de Santiago de Compostela vén de elixir a Rosa Crujeiras como nova reitora da institución, nun proceso electoral que marca un fito histórico: será a primeira muller en ocupar a reitoría da USC en máis de cinco séculos de historia.

Dirección

Avenidas Das Ciencias S/n
Santiago De Compostela
15705

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CCOO da USC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a CCOO da USC:

Atajos

Compartir

Categoría