05/10/2026
Comeza unha nova etapa en Scouts de Galicia-ECG!
O pasado día 12 celebramos a XXVIII Xuntanza Xeral Interdiocesana de Scouts de Galicia-EGC, xunto coa LV Xuntanza Diocesana, na que se escolleu a nova Mesa de Goberno para os vindeiros tres anos.
David Míguez será o novo Delegado Xeral acompañado por Irene Walter como Secretaria de Xestión, Andrea Pallas como Secretaria de Promoción e Antía Vilas como Secretaria Pedagóxica. Xunto con José María Santos como Tesoureiro Xeral e Santiago Iglesias como Tesoureiro Diocesano.
Un novo equipo, tres anos por diante e moitos retos e proxectos que afrontar xuntos. ⚜️
Escultismo