18/09/2026
O vindeiro xoves 24 de setembro ás 20:00 no Espazo enocultural Vide, Vide! en Compostela decorrerá a presentación de 'A batalla pola nación. Historia da creación e consolidación da Unión do Povo Galego. Volume I (1950-1966)'.
Na presentación estarán presentes o autor, Ramón Ermida; María Antonia Pérez, presidenta da Asociación Cultural O Galo e Rubén Cela, economista..
Ao finalizar o acto poderase adquirir o libro, peza inaugural dunha investigación sobre a UPG que terá continuidade con outros dous volumes, que se achegarán ao período 1966-1972 e a etapa 1973-1982.