Plataforma Galega de comercio ambulante

Plataforma Galega de comercio ambulante organización sin ánimo de lucro

14/11/2025

DÍA INTERNACIONAL DOS E DAS VENDEDORES/AS AMBULANTES !

Hoxe é o noso día !! 14 de Novembro.

Parabéns a todas as persoas que se adicaron e se adican ao !!

Moitas vilas e pobos non existirian se non se comezara a celebrar un mercado ambulante !!

Se eres ou foches vendedor ou vendedora ambulante comparte!

Aproveitamos a ocasión para solicitar máis apoio aos Concellos Galegos que é dos que dependen os nos negocios.

01/04/2025

🔴INFO PARA COMERCIANTES AMBULANTES🔴

Desde a Organizadora da Romaría das Maravillas (Cartelle, Ourense), solicitan postos ambulantes para esta celebración, domingo 8 de Xuño de 2025.

Para máis info whatsapp ou email
644388414
[email protected]

08/03/2025

13/02/2025

Nós compramos na feira !!

E tí ???

Vive unha experiencia de compras totalmente distinta !!!

✅Socialización veciñal.
✅Moita oferta de productos nun só lugar !!
✅Trato persoalizado.
✅Ven vivir a feira !!!

Agardámoste !!

07/01/2025

"O mellor que fixemos na Nosa vida foi comezar no negocio da feira, de sabelo houberamos comezado antes"

Xunta de Galicia Alfonso Rueda Valenzuela Jose Ramón Gómez Besteiro  Pontón BNG - Bloque Nacionalista Galego Partido Pop...
23/10/2024

Xunta de Galicia Alfonso Rueda Valenzuela Jose Ramón Gómez Besteiro Pontón BNG - Bloque Nacionalista Galego Partido Popular de Galicia PSOE de galicia

A gobernada polo DISCRIMINA AO COMERCIO AMBULANTE.

Tras coñecer as bases para adherirse ao programa da Xunta de incentivar as compras nas Pemes galegas, o epígrafe 663 (Comercio polo miúdo sen establecemento venda en feiras, mercados ...) unha vez máis queda fora da convocatoria.

A caso os comerciantes que estamos dados de alta no 663 non pagamos impostos en Galicia??

A caso o comercio ambulante galego non aporta riqueza ???

Tanto se lles enche a boca cando falan de reactivar o rural... o comercio ambulante é o que aporta os servizos aos núcleos rurais, asique non só está discriminando aos propios comerciantes senon, que tamén, aos veciños e veciñas de núcleos rurais que para facer as súas compras non poden desfrutar dos bonos aos que como cidadáns teñen dereito.

10/09/2024

PROVINCIA DE OURENSE.

Compartimos !!!
Para máis info, contactar coa Asociación organizadora A.v.Bentraces .

17/01/2023
Parabéns ao Concello do Carballiño por esta iniciativa e por en valor a nosa Actividade!!! https://www.facebook.com/1000...
05/10/2022

Parabéns ao Concello do Carballiño por esta iniciativa e por en valor a nosa Actividade!!!
https://www.facebook.com/100064748314460/posts/473214108180196/

👌O Carballiño reivindica a súa feira cunha exposición fotográfica.

👉O proxecto foi realizado pola Asociación Fotográfica O Potiños por encargo do Concello do Carballiño

A orixe da vila do Carballiño está vencellada á súa feira. Foi a decisión do mosteiro de Oseira de crear un novo mercado no territorio que rematou por se converter na orixe primixenia da vila o que deu pé ao nacemento dun pequeno núcleo de poboación que rematou por se converter, co paso dos séculos, no actual O Carballiño.
Dende o Concello do Carballiño apostouse por poñer en valor a súa feira e encargouse á Asociación Fotográfica O Potiños o proxecto que agora se inaugura, unha mostra na que os membros deste colectivo aportan a súa visión sobre unha feria, que se celebra na vila os días 16 e último de mes, que forma parte da esencia e dos sinais de identidade do pobo. Sendo, tamén, un dos motores económicos da vila.
A exposición servirá para potenciar e reivindicar a nosa feira e, doutra banda, aportará unha nova proposta artística e cultural xerada e creada no Carballiño. Ademais de amosar unha realidade que forma parte do ADN do pobo, a mostra viaxará despois a outras vilas para espallar e dar a coñecer a nosa feira e a súa condición de mercado histórico.

Dende a Asociación Fotográfica O Potiños apostouse por desenvolver un proxecto que é a un tempo memoria histórica e, ao outro, reflexo dunha realidade que fala de encontro, ledicia, actividade económica, amizade, ilusión, fidelidade na relación de anos de relación entre compradores e vendedores, momentos de troula e de cita gastronómica... a vida mesma reunida nunha xornada de feira. Unha visión que aporta diferentes puntos de vista, tantos como membros do Potiños participaron neste proxecto. Seis foron os membros do colectivo fotográfico que participaron nun proxecto no que figuran, entre outros aspectos, imaxes de elementos icónicos da feira, como o afiador ou os pulpeiros, e a nova realidade que chega da man das actuacións musicais que programa o concello ao longo do ano para potenciar as feiras.

A mostra fotográfica sobre a feira do Carballiño está aberta ao público na Casa do Concello e na presentación da mesma participaron os concelleiros de Cultura, Diego Fernández; Turismo, Manuel Dacal; Comercio, Silvia Baranda; e Servizos Públicos, Rosa Fuentes; o presidente da Asociación Fotográfica O Potiños, Manuel Blanco Guerra; e o vicepresidente da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, Olivier Fernández.

Dende a PGCA, Queremos dar os parabéns ao Concello de Cambre pola implicación na promoción dos seus mercados ambulantes....
18/06/2022

Dende a PGCA, Queremos dar os parabéns ao Concello de Cambre pola implicación na promoción dos seus mercados ambulantes. Invitamos aos demais Concellos á promoción das súas feiras e mercados, para atraer á xente ás rúas e así activar a economía local e a creación de emprego Km0.

Fegamp
Xunta de Galicia



Asociación Galega de Ambulantes y Autónomos
Feiras da provincia de Ourense e arredores

📢 O Concello de Cambre realizará sorteos de lotes de produtos e bebidas nas próximas ferias municipais ❗

📅 Vide este domingo, 19 de xuño, á feira de Cambre, ou o sábado, 9 de xullo, ao Temple para participar na iniciativa!

🗣 O concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico, Diego Alcantarilla, anima á veciñanza a "achegarse ás dúas citas para facer as 🛒 súas compras do día".

🔖 Os boletos distribuiranse entre a clientela que acuda aos postos dos mercados.

🛑Sabes que tes á túa disposición, unha APP para saber que días se celebra o mercado/feira ambulante máis próximo á túa v...
08/04/2022

🛑Sabes que tes á túa disposición, unha APP para saber que días se celebra o mercado/feira ambulante máis próximo á túa vila???

Podes descargala no PlayStore !!!!

Xunta de Galicia Comercio Galicia Fegamp FEGAMP

Dende a Plataforma Galega de Comercio Ambulante instamos ao Concello de Padrón a comezar as conversas cos diferentes sec...
14/03/2022

Dende a Plataforma Galega de Comercio Ambulante instamos ao Concello de Padrón a comezar as conversas cos diferentes sectores, Hostalaría, Plaza de Abastos, comercio establecido e comercio ambulante para, todos xuntos, atopar a mellor fórmula.



CONCELLO DE PADRÓN
Xunta de Galicia

A través de la asociación gallega están recabando muchas opiniones en contra y consultarán a la plaza y comercio local

Dirección

Santiago De Compostela

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Plataforma Galega de comercio ambulante publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir