FEGATUR Federación Galega de Turismo Rural. Esta organización engloba muchas de las asociaciónes de turismo rural de las diferentes comarcas y geodestinos de Galicia.

🍷 Oportunidade para as casas rurais con enoturismo! 🍇🏡Os días 5 e 6 de marzo, Valladolid acollerá FINE  , a feira de ref...
17/02/2025

🍷 Oportunidade para as casas rurais con enoturismo! 🍇🏡

Os días 5 e 6 de marzo, Valladolid acollerá FINE , a feira de referencia para o turismo do viño en España. Unha oportunidade única para as casas rurais galegas con experiencias enoturísticas para promocionarse, establecer contactos profesionais e descubrir novas tendencias do sector.

Se a túa casa rural ofrece catas, visitas a viñedos ou experiencias vinculadas ao mundo do viño, este evento é para ti! 🍷✨

🔗 Máis información e inscricións en: https://feriavalladolid.com/fine-expo/visitar/

📢 Xa está aberta a convocatoria de subvencións para a mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de alox...
12/02/2025

📢 Xa está aberta a convocatoria de subvencións para a mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración da Xunta de Galicia! Unha gran oportunidade para mellorar accesibilidade, modernizar instalacións e avanzar na dixitalización e eficiencia enerxética. 🏡✨

🔹 Prazos: ata o 11 de marzo ás 23:59 h.
🔹 Máis info e solicitudes aquí 👉 https://clusterturismogalicia.com/convocada-la-linea-de-ayudas-para-la-mejora-de-infraestructuras-en-establecimientos-turisticos-de-galicia-2025/

💼 Un impulso clave para o turismo rural galego!

📢 Ya se pueden solicitar las subvenciones para actuaciones de mejora de las infraestructuras de los establecimientos turísticos de alojamiento y de restauración de la Xunta de Galicia - Agencia Turismo de Galicia.

Las inversiones permitirán mejorar la accesibilidad, renovar instalaciones, e implementar sistemas de eficiencia energética y digitalización, entre otras actuaciones.

Puedes realizar tu solicitud hasta el 11 de marzo a las 23:59 h.

_

📢 Xa se poden solicitar as subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Xunta - Axencia Turismo de Galicia.

As inversións permitirán mellorar a accesibilidade, renovar instalacións, e implementar sistemas de eficiencia enerxética e dixitalización, entre outras actuacións.

Podes realizar a túa solicitude ata o 11 de marzo ás 23:59 h.

🔗 https://clusterturismogalicia.com/convocada-la-linea-de-ayudas-para-la-mejora-de-infraestructuras-en-establecimientos-turisticos-de-galicia-2025/

𝗩𝗢𝗧𝗔 𝗣𝗢𝗟𝗢𝗦 𝗡𝗢𝗦𝗢𝗦 𝗗𝗘𝗦𝗧𝗜𝗡𝗢𝗦!As Rías Baixas e a Ribeira Sacra son finalistas nos Premios dos "Lectores de Viajes National G...
29/01/2025

𝗩𝗢𝗧𝗔 𝗣𝗢𝗟𝗢𝗦 𝗡𝗢𝗦𝗢𝗦 𝗗𝗘𝗦𝗧𝗜𝗡𝗢𝗦!
As Rías Baixas e a Ribeira Sacra son finalistas nos Premios dos "Lectores de Viajes National Geographic 2025"! 🏆🌊🏡

🔹 𝗥𝗶́𝗮𝘀 𝗕𝗮𝗶𝘅𝗮𝘀 compite polo título de "Mellor destino de praia de España" 🏖️, grazas ás súas augas cristalinas, ás paradisíacas Illas Cíes e á súa exquisita gastronomía con mariscos e viños Albariño.

🔹 𝗥𝗶𝗯𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗦𝗮𝗰𝗿𝗮 loita por ser recoñecida como "Mellor destino rural de España" 🍷, coa súa paisaxe impresionante de canóns do Sil, viñedos en terrazas e unha herdanza monástica milenaria.

Agora é o momento de poñer en valor os nosos tesouros! 🗳️ Vota e axuda a que Galicia sexa recoñecida como merece.

🗓️ As votacións están abertas ata o 16 de febreiro na páxina oficial de 𝗡𝗮𝘁𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗚𝗲𝗼𝗴𝗿𝗮𝗽𝗵𝗶𝗰 𝗩𝗶𝗮𝗷𝗲𝘀.
Participa aquí 👉 https://viajes.nationalgeographic.com.es/promociones/elige-ganadores-iii-premios-lectores-viajes-national-geographic_21703

📢 Comparte esta nova e fainos brillar máis ca nunca! ✨💙

22/01/2025
17/01/2025
🌍 𝗗𝗲𝘀𝗰o𝗯𝗿𝗲 𝗮𝘀 𝗳𝗲𝗶𝗿𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝘁𝘂𝗿𝗶𝘀𝗺𝗼 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗿𝗲𝘀𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗼 𝟮𝟬𝟮𝟱!Aquí tes 5 eventos nos que podes promocionar a túa casa rural...
06/01/2025

🌍 𝗗𝗲𝘀𝗰o𝗯𝗿𝗲 𝗮𝘀 𝗳𝗲𝗶𝗿𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝘁𝘂𝗿𝗶𝘀𝗺𝗼 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗿𝗲𝘀𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗼 𝟮𝟬𝟮𝟱!

Aquí tes 5 eventos nos que podes promocionar a túa casa rural 🏡 de forma independente ou baixo o apoio de Turismo de Galicia.
👉 Explora as oportunidades e conecta co mundo do turismo!

Feiras incluidas no carrusel:
1️⃣ 𝗫𝗮𝗻𝘁𝗮𝗿 (𝗢𝘂𝗿𝗲𝗻𝘀𝗲):
A combinación perfecta de gastronomía e turismo.
2️⃣ 𝗧𝘂𝗿𝗲𝘅𝗽𝗼 (𝗦𝗶𝗹𝗹𝗲𝗱𝗮):
O escaparate ideal para destacar experiencias no rural galego.
3️⃣ 𝗙𝗮𝗶𝗿𝘄𝗮𝘆 (𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶𝗮𝗴𝗼):
Centrada no turismo vinculado ao Camiño.
4️⃣ 𝗕𝗧𝗟 (𝗟𝗶𝘀𝗯𝗼𝗮):
Oportunidade para atraer público portugués.
5️⃣ 𝗚𝗹𝗼𝗯𝗮𝗹 𝗕𝗶𝗿𝗱𝗳𝗮𝗶𝗿 (𝗥𝗲𝗶𝗻𝗼 𝗨𝗻𝗶𝗱𝗼):
Destinada aos amantes da natureza e a ornitoloxía.

🌿2️⃣0️⃣2️⃣5️⃣🌿 O ano para unir o turismo rural galego. 🌾🎆🤝 Xuntos somos máis fortes. Cada casa, cada un/unha de vós, for...
30/12/2024

🌿2️⃣0️⃣2️⃣5️⃣🌿 O ano para unir o turismo rural galego. 🌾🎆

🤝 Xuntos somos máis fortes. Cada casa, cada un/unha de vós, forma parte dun tecido que fai único o noso rural. Este novo ano é unha chamada a traballar unidos, a crear e compartir experiencias e a dar un paso máis cara un turismo rural dinámico e sostible. 🌿✨

🥂 Brindemos por un ano cheo de forza colectiva, innovación e oportunidades para o noso sector. Xuntos, seguimos facendo grande o rural galego. 💚🏡

🌿 𝗔 𝗿𝗲𝗵𝗮𝗯𝗶𝗹𝗶𝘁𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗿𝘂𝗿𝗮𝗹, 𝘂𝗻 𝗲𝘅𝗲𝗺𝗽𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝘁𝘂𝗿𝗶𝘀𝗺𝗼 𝘀𝗼𝘀𝘁𝗶𝗯𝗹𝗲 𝗲𝗻 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 🌟Galicia é líder en turismo rural grazas á posta en...
27/12/2024

🌿 𝗔 𝗿𝗲𝗵𝗮𝗯𝗶𝗹𝗶𝘁𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗿𝘂𝗿𝗮𝗹, 𝘂𝗻 𝗲𝘅𝗲𝗺𝗽𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝘁𝘂𝗿𝗶𝘀𝗺𝗼 𝘀𝗼𝘀𝘁𝗶𝗯𝗹𝗲 𝗲𝗻 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 🌟

Galicia é líder en turismo rural grazas á posta en valor do seu patrimonio histórico e arquitectónico. 🏡 A recuperación de aldeas e casas tradicionais, con técnicas respectuosas coa contorna, deixa unha pegada positiva tanto nas comunidades locais coma nos viaxeiros que buscan autenticidade e sostibilidade.

📌 𝗗𝗲𝘀𝗰𝗼𝗯𝗿𝗲 𝗺𝗮́𝗶𝘀 na entrevista a Francisco Almuíña, Presidente da FEGATUR, 𝗻𝗼 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗻𝘁𝗲 𝗲𝗻𝗹𝗮𝗰𝗲: https://www.cope.es/emisoras/galicia/noticias/rehabilitacion-rural-huella-positiva-turismo-galicia-patrimonio-respetuoso-historia-20241226_3069052.html

📣 Desde FEGATUR, seguimos promovendo accións que combinan tradición, natureza e desenvolvemento local. Xuntos fortalecemos o rural galego. 💚

Se precisas máis información, non dubides en contactar connosco.

🎄 Feliz Nadal e Felices Festas a todas as persoas anfitrionas do turismo rural galego! 🎄Grazas por ser a alma deste sect...
22/12/2024

🎄 Feliz Nadal e Felices Festas a todas as persoas anfitrionas do turismo rural galego! 🎄

Grazas por ser a alma deste sector, por abrir as portas das vosas casas e os vosos corazóns a milleiros de viaxeiros cada ano. O voso esforzo é o que fai que Galicia sexa un destino único e inesquecible.

✨ Preparados para crecer no 2025? Xuntos seguiremos traballando por un turismo rural máis forte e sostible! 💪🏡

🌟 Desde FEGATUR, seguiremos ao voso carón para seguir avanzando. 🌿

🍂 Grazas aos nosos embaixadores do rural galego 🌟Dende Fegatur queremos expresar o noso máis profundo agradecemento aos ...
16/12/2024

🍂 Grazas aos nosos embaixadores do rural galego 🌟

Dende Fegatur queremos expresar o noso máis profundo agradecemento aos propietarios das casas de turismo rural que foron os verdadeiros protagonistas deste Outono Gastronómico 2024. 🌾💚

Grazas á vosa hospitalidade, paixón e dedicación, fostes os mellores embaixadores de Galicia, amosando ao mundo o mellor da nosa cultura, tradición e gastronomía. Cada experiencia vivida nas vosas casas non só creou momentos inesquecibles, senón que tamén fortaleceu o compromiso coa autenticidade e os valores do noso rural.

O Outono Gastronómico despídese ata o próximo ano, pero seguimos traballando xuntos para crear novos programas de promoción turística que beneficien e fortalezan o sector do turismo rural. ¡Grazas polo voso traballo e pola vosa entrega como gardiáns da esencia do sector rural.



🌿 𝗔𝗰𝘁𝘂𝗮𝗹𝗶́𝘇𝗮𝘁𝗲 𝗻𝗼 𝗻𝗼𝘃𝗼 "𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗱𝗲 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗮𝗱𝗮 𝗻𝗼𝘀 𝗲𝘀𝘁𝗮𝗯𝗹𝗲𝗰𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗵𝗼𝘀𝗽𝗲𝗱𝗮𝘅𝗲" 🛎️Desde FEGATUR, compartimos información clav...
13/12/2024

🌿 𝗔𝗰𝘁𝘂𝗮𝗹𝗶́𝘇𝗮𝘁𝗲 𝗻𝗼 𝗻𝗼𝘃𝗼 "𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗱𝗲 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗮𝗱𝗮 𝗻𝗼𝘀 𝗲𝘀𝘁𝗮𝗯𝗹𝗲𝗰𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗵𝗼𝘀𝗽𝗲𝗱𝗮𝘅𝗲" 🛎️
Desde FEGATUR, compartimos información clave para que os aloxamentos rurais cumpran coa normativa actual de forma sinxela e efectiva.

📹 𝗠𝗶𝗿𝗮 𝗼𝘀 𝘃𝗶́𝗱𝗲𝗼𝘀 𝗲𝘅𝗽𝗹𝗶𝗰𝗮𝘁𝗶𝘃𝗼𝘀:

1️⃣ 𝗖𝗼𝗺𝗼 𝗱𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝗮𝗹𝘁𝗮 𝗼 𝘁𝗲𝘂 𝗮𝗹𝗼𝘅𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗻𝗼 𝗠𝗶𝗻𝗶𝘀𝘁𝗲𝗿𝗶𝗼:
https://youtu.be/KC1UkwjWJ3k?si=V1mnYaf2L2gDXJY3

2️⃣ 𝗙𝗲𝗿𝗿𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗺𝗮𝗻𝗲𝘅𝗮𝗿 𝗼 𝗻𝗼𝘃𝗼 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗱𝗲 𝘃𝗶𝗮𝘅𝗲𝗶𝗿𝗼𝘀:
https://youtu.be/-DRutd9sRuQ?si=Wj4aNl9BeUD2P174

3️⃣ 𝗨𝘀𝘂𝗮𝗿𝗶𝗼 𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮𝘀𝗶𝗻𝗮𝗹 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗮𝗿 𝗼 𝗲𝗻𝘃𝗶́𝗼 𝗮𝘂𝘁𝗼𝗺𝗮́𝘁𝗶𝗰𝗼:
https://youtu.be/E74abzRWB-g

4️⃣ 𝗢𝗻𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗿 𝗼𝘀 𝗱𝗮𝘁𝗼𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗰𝗼𝗻𝗳𝗶𝗴𝘂𝗿𝗮𝗿 𝗼𝘀 𝗲𝗻𝘃𝗶́𝗼𝘀 𝗮𝘂𝘁𝗼𝗺𝗮́𝘁𝗶𝗰𝗼𝘀:
https://youtu.be/c4IThdv6A_s

🤝 A Xunta Directiva e a secretaria técnica están á túa disposición para calquera dúbida. 📞 Contacta connosco:
689 90 43 64 | [email protected]

Caso real. En este extracto de un video anterior (un corte del video) te explicamos paso a paso, como dar de alta tu alojamiento en el Ministerio. Además, pa...

🌿 𝗖𝗮𝗺𝗯𝗶𝗼𝘀 𝗻𝗼 𝗿𝗲𝘅𝗶𝘀𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝘃𝗶𝗮𝘅𝗲𝗶𝗿𝗼𝘀 📋Este luns 2 de decembro entrou en vigor o Real Decreto 933/2021, que introduce impor...
02/12/2024

🌿 𝗖𝗮𝗺𝗯𝗶𝗼𝘀 𝗻𝗼 𝗿𝗲𝘅𝗶𝘀𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝘃𝗶𝗮𝘅𝗲𝗶𝗿𝗼𝘀 📋
Este luns 2 de decembro entrou en vigor o Real Decreto 933/2021, que introduce importantes cambios nas obrigas de rexistro para os aloxamentos turísticos, incluídas as casas rurais.

🔍 𝗤𝘂𝗲 𝗵𝗮𝗶 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗼?
Ademais dos datos que xa se recollían ata agora, como o nome, apelidos e documento de identidade dos viaxeiros, esta normativa engade novas esixencias:

✅ 𝗗𝗮𝘁𝗼𝘀 𝗱𝗼 𝘃𝗶𝗮𝘅𝗲𝗶𝗿𝗼:
Correo electrónico e número de teléfono móbil.
Relación de parentesco entre viaxeiros, no caso de menores.

✅ 𝗜𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗮 𝘁𝗿𝗮𝗻𝘀𝗮𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻:
Detalles do contrato: referencia, data e sinaturas.
Información do inmoble: conexión a internet e número de habitacións.
Datos do pago: tipo de medio (tarxeta, transferencia, efectivo), titular do medio e data do pago.

✅ 𝗣𝗿𝗮𝘇𝗼𝘀 𝗲𝘀𝘁𝗿𝗶𝘁𝗼𝘀:
Os datos deben comunicarse nun prazo máximo de 24 horas desde a reserva ou entrada.

⚠️ 𝗤𝘂𝗲 𝗽𝗮𝘀𝗮 𝘀𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝗰𝘂𝗺𝗽𝗿𝗼?
O incumprimento pode carrexar multas importantes:
Infraccións graves: ata 30.000 €.
Infraccións leves: entre 100 e 600 €.

Nesta ligazón podedes acceder a un resumo desta nova normativa e os novos datos a cumplimentar:
👉🔗 https://drive.google.com/file/d/1M072UZQiVfkKTBHdTtKz47-HeKcFxXit/view?usp=drive_link

💡 Lembrade que motores de reservas como MisterPlan (RuralGest) xa inclúen as novidades desta normativa, facilitando o seu cumprimento.

𝗙𝗲𝗱𝗲𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮 𝗱𝗲 𝗧𝘂𝗿𝗶𝘀𝗺𝗼 𝗥𝘂𝗿𝗮𝗹 (𝗙𝗘𝗚𝗔𝗧𝗨𝗥)

Dirección

Cidade Da Cultura. Monte Gaiás, S/n
Santiago De Compostela
15707

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando FEGATUR publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a FEGATUR:

Compartir