Club De Xóvenes Gandeiros

Club De Xóvenes Gandeiros Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Club De Xóvenes Gandeiros, Organización sin ánimo de lucro, Santiago de Compostela.

O obxectivo do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia é agrupar no seu seo, ser punto de encontro e foro de debate, para todos aqueles xóvenes da nosa comunidade interesados en ter unha vida no mundo rural.

26/10/2025

💪 Cada paso conta, e nós estamos aquí para demostralo.

Porque no rural tamén se constrúen historias grandes. Faino! 🌿🐄


Lembramos o primeiro día das Escolas deste verán con ese sorriso que o di todo 💙🐄Ilusión, aprendizaxe e moitas ganas de ...
21/10/2025

Lembramos o primeiro día das Escolas deste verán con ese sorriso que o di todo 💙🐄

Ilusión, aprendizaxe e moitas ganas de compartir o que máis nos apaixona.
Porque cando disfrutas do que fas… nótase!

19/10/2025

Traballar no rural é realmente máxico ✨
Non é só un oficio, é unha forma de vida.

É escoitar o silencio, sentir a terra e aprender dos animais cada día.

E ti… tamén o sintes? 💙

Onte celebrouse o Día da Muller Rural, pero para nós é algo que se vive, se pon en valor e se festexa cada día 💙Porque d...
16/10/2025

Onte celebrouse o Día da Muller Rural, pero para nós é algo que se vive, se pon en valor e se festexa cada día 💙

Porque detrás de cada granxa, de cada animal e de cada logro, hai mulleres que traballan, lideran e inspiran o futuro do noso rural.

10/10/2025

Hai quen soña con cidades... E quen soña con campos e vaquiñas!
Nós eliximos o rural, porque aquí é onde medra o futuro que queremos para nós e para a nosa Terra 💙

O primeiro día sempre é especial 💙Caras novas, ilusión, nervios e moitas ganas de comezar unha nova aventura.Así arranca...
08/10/2025

O primeiro día sempre é especial 💙
Caras novas, ilusión, nervios e moitas ganas de comezar unha nova aventura.

Así arrancaban as Escolas de Iniciación de Futuros Gandeiros 2025, un espazo onde a paixón polo rural se converte en aprendizaxe, amizade e futuro.

03/10/2025

💎 O luxo non sempre se mide en xoias ou diamantes.
O verdadeiro luxo é ser gandeir@: coidar da terra, estar preto dos animais e sentir que formas parte dun futuro sostible e prometedor! 🌿🐄

19/09/2025

Ainda non rematou o verán… e xa temos morriña del! 💙
Porque nesta época vivimos as mellores semanas do ano para os que formamos parte do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia.

🐄 Grazas a todas as persoas que o fixestes posible.
E a ti… que xa estás pensando na vindeira edición das Escolas de Iniciación coma nós! 😉

O equipo formado por Claudia López, Xabi Montes, Bruno Bande, Simón Blanco, Iker García, María Otero e Andrea Otero, reg...
12/09/2025

O equipo formado por Claudia López, Xabi Montes, Bruno Bande, Simón Blanco, Iker García, María Otero e Andrea Otero, regresou hai uns días do Young Breeders School 2025, celebrado en Battice (Bélxica), onde representaron a España con orgullo, compromiso e moito nivel.

👏 Conseguiron unha 4ª posición por equipos e resultados individuais extraordinarios:
• 🥉 María Otero: 3ª clasificada
• 🏅 Andrea Otero: 4ª
• 💪 Xabier Montes: 12º
• ✨ Claudia López: 20ª e recoñecida como mellor participante menor de 16 anos

Parabéns a todo o equipo por deixar o pavillón tan alto unha vez máis. Sodes presente e futuro da gandería galega! 🐄🌍

05/09/2025

Esta semana, os nosos xóvenes gandeiros Claudia López, Xabi Montes, Bruno Bande, Simón Blanco, Iker García, María Otero e Andrea Otero representan con orgullo a Galicia e a España nunha nova edición de "The Young Breeders School", que se celebra en Bélxica.

Máis alá dos premios, ainda que o ano pasado o equipo español acadou resultados impecables, o verdadeiro valor está en formar parte desta experiencia internacional única, aprendendo, compartindo e demostrando o talento da nosa mocidade gandeira.

💪 Para nós, xa é unha enorme vitoria volver acompañar a estes mozos. Moita sorte, equipo!

Botámoslle unha ollada a algúns dos recordos que nos deixa esta segunda quenda das Escolas de Xóvenes Gandeiros 🐄Foron d...
28/08/2025

Botámoslle unha ollada a algúns dos recordos que nos deixa esta segunda quenda das Escolas de Xóvenes Gandeiros 🐄

Foron días de novas experiencias, aprendizaxe práctica e moita ilusión compartida entre rapaces e rapazas con ganas de seguir construíndo futuro.

Unha edición chea de momentos únicos… e nós quedamos con todos eles!

✨ A 1ª quenda das Escolas de Xóvenes Gandeiros deixounos momentos que non esqueceremos: emocións compartidas, amizades n...
13/08/2025

✨ A 1ª quenda das Escolas de Xóvenes Gandeiros deixounos momentos que non esqueceremos: emocións compartidas, amizades novas, moito traballo e aínda máis ilusión polo futuro do noso rural 🐄💙

Cada imaxe é unha pequena mostra do que vivimos xuntos estes días: aprendizaxe, compromiso e o orgullo de pertencer a unha nova xeración de gandeir@s con corazón.

📅 E mentres botamos a vista atrás… tamén miramos cara adiante: a 2ª quenda está a piques de comezar e non podemos agardar para repetir todo isto (e máis!).

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club De Xóvenes Gandeiros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Club De Xóvenes Gandeiros:

Compartir