Banco Médico Farmacéutico de Galicia

Cómo llegar Página web

Banco Médico Farmacéutico de Galicia Fundación Banco Médico Farmacéutico de Galicia xorde co obxectivo de dar resposta ás necesidades Unha idea que xorde a través da Fundación Amigos de Galicia.

A NOSA HISTORIA
A Fundación Banco Médico Farmacéutico de Galicia fúndase no ano 2018 co obxectivo de dar resposta ás necesidades actuais de acceso aos medicamentos e tratamentos de persoas que non poden costearse os gastos dos mesmos, asegurando deste xeito que ningunha persoa en Galicia teña que renunciar á saúde por motivos económicos. A pobreza é o maior reto para todos os países do mundo, xa que representa en si mesma unha das vulneracións máis graves dos dereitos humanos. En Galicia, segundo datos do ano 2017, a taxa de risco de de pobreza e exclusión social sitúase por enriba do 25%, o que significa que máis dunha cuarta parte da poboación da comunidade ingresa menos de 8.200 € ao ano, sufren carencia material severa ou viven en forgares azotados polo emprego ou a precariedade laboral. A pesar da recuperación económica que vive Galicia nos últimos anos, a desigualdade social mantense en cifras similares– entre 2015 e 2017 a taxa de pobreza baixou 3 décimas, pasando de 25,7% a 25,4% -. Outro dato que continúa sendo preocupante é a pobreza severa – familias que viven con 342 euros ao mes –. Esta situación afecta ao 4% da poboación galega (108.700 persoas). No contexto actual de crisis económica que existe en Galicia, moitas destas familias non poden pagarse a parte que lle corresponde de aqueles tratamentos suxeitos a prescrición médica que precisan. Estas persoas, vense moitas veces obrigadas a renunciar ao seu tratamento farmacolóxico, outras deciden espaciar as tomas para que o medicamento dure máis ou tan só poden permitirse aqueles medicamentos máis económicos. Co obxectivo de axudar a estas persoas, nace Banco Farmacéutico de Galicia.

Dirección

Avenida De Lugo, 115
Santiago De Compostela
15702

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Banco Médico Farmacéutico de Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

A nosa historia

A Fundación Banco Médico Farmacéutico de Galicia fúndase no ano 2018 co obxectivo de dar resposta ás necesidades actuais de acceso aos medicamentos e tratamentos de persoas que non poden costearse os gastos dos mesmos, asegurando deste xeito que non haia ningunha persoa en Galicia que teña que renunciar á saúde por motivos económicos.

A pobreza é o maior reto para todos os países do mundo, xa que representa en si mesma unha das vulneracións máis graves dos dereitos humanos.

En Galicia, segundo datos do ano 2017, a taxa de risco de de pobreza e exclusión social sitúase por enriba do 25%, o que significa que máis dunha cuarta parte da poboación da comunidade ingresa menos de 8.200 € ao ano, sufren carencia material severa ou viven en forgares azotados polo emprego ou a precariedade laboral.

A pesar da recuperación económica que vive Galicia nos últimos anos, a desigualdade social mantense en cifras similares– entre 2015 e 2017 a taxa de pobreza baixou 3 décimas, pasando de 25,7% a 25,4% -.