Asociación Forestal de Galicia - AFG

Cómo llegar Página web

Asociación Forestal de Galicia - AFG A ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA é unha asociación privada sen ánimo de lucro, creada en Santiago de Compostela en 1986. (SELGA).

Agrupa a propietarios forestais particulares e comunidades de montes veciñais de Galicia. A ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA (AFG) é unha asociación privada sen ánimo de lucro, creada en Santiago de Compostela en 1986. Os seus fins principais son defender os intereses profesionais dos seus membros, representalos ante as administracións públicas, a industria forestal e as entidades relacionadas co sector forestal, así como realizar todas aquelas actividades que melloren a silvicultura e a xestión sostible dos montes dos seus socios e que contribúan a aumentar a rendibilidade e calidade dos recursos forestais galegos. Para un desenvolvemento máis eficaz dos servizos que se prestan aos seus socios, a AFG creou no ano 2002 a empresa Selga, Compañía Galega de Silvicultores, S.L. No ano 2011 Selga promoveu a creación do grupo de certificación forestal PEFC Xestión Forestal Sostible Selga e no ano 2013 creou un grupo de certificación FSC mediante os que se leva a cabo a certificación forestal dos montes dos seus socios. Poden formar parte da Asociación Forestal de Galicia persoas, institucións e sociedades que posúan montes no territorio da Comunidade Autónoma. Os socios da AFG son propietarios forestais particulares e comunidades de montes veciñais en man común.

24/10/2026

🤝 Para rematar esta semana repleta de acontecementos e visitas, recibimos a unha delegación de profesionais do sector forestal francés, agrupados en FIBois.

🌲 O grupo, composto por representantes de toda a cadea do sector forestal francés, visitou entre o 20 e o 23 de outubro varios montes e empresas relacionados coa silvicultura do piñeiro do país.

✈️ A recente chegada do nematodo do piñeiro aos piñeirais franceses decidiunos a visitar Portugal e Galicia para coñecer de primeira man como se estaba xestionando este tema aquí, nunha xira organizada por Interco Nouvelle Aquitaine.

🗣️ A AFG acompañounos nunha visita a un monte afectado pola doenza. Ademais, en Galicia, visitaron o serradoiro de Hermanos Castro en Ponteareas, o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, mantiveron un encontro en Pontevedra coa Fundación Arume, FINSA e a Consellería de Medio Rural e participaron o día 21 no seminario técnico sobre sanidade e mellora dos montes de 'Pinus pinaster' que tivo lugar en Ponteareas dentro das actividades do Grupo Operativo PLANFORLAB.

-france .nouvelleaquitaine

23/10/2026

🤝 O 21 e 22 de outubro tivemos o pracer de recibir a visita dos nosos colegas da Forestis – Associação Florestal de Portugal.

🌳 Con eles visitamos os montes demostrativos de Mouriscados (Mondariz), Castelo (Culleredo) e Pico Sacro (Boqueixón), despois de que a pasada primavera eles nos acolleran para unha visita semellante no Norte de Portugal.

🫂 Foron dúas xornadas moi enriquecedoras que serviron para estreitar os lazos que nos unen desde hai moitos anos.

22/10/2026

🍂 Máis de 90 persoas participaron onte no Seminario técnico Sanidade e mellora dos montes de 'Pinus pinaster' que tivo lugar no Centro Cultural Xinzo en Ponteareas dentro das actividades do Grupo Operativo PLANFORLAB.

🗣️ Un nutrido grupo de persoas expertas na temática, analizou a situación actual da sanidade do piñeiro do país, e tamén do radiata, e expuxeron as liñas de investigación que se están levando a cabo para paliar os efectos das principais doenzas que os afectan.

🌿 Representantes da industria do serrado do piñeiro e da propiedade forestal debullaron os retos da silvicultura e a demanda de madeira.

✂️ O seminario foi inaugurado pola directora xeral de Ordenación e Planificación Forestal e polo presidente da Asociación Forestal de Galicia.


ℹ️ O proxecto PLANFORLAB enmárcase no Plan Estratéxico da Política Agrícola Común (PEPAC) 2023-2027, financiado nun 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). A Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade responsable da aplicación das citadas axudas. Orzamento total do proxecto: 599 134,22 €. Subvención total: 599 134,22 €.

➡️ Hoxe asistimos en Santiago a Piñeiros 2026 o encontro internacional especializado nas coníferas.✅ Ademais da asistenc...
20/10/2026

➡️ Hoxe asistimos en Santiago a Piñeiros 2026 o encontro internacional especializado nas coníferas.

✅ Ademais da asistencia dunha nutrida representación persoal e persoas propietarias forestais da Asociación Forestal de Galicia, o director económico da AFG, Daniel Rodríguez participa como relator na mesa redonda “Mover os marcos, novos modelos para a xestión da propiedade forestal”.

A AFG asistiu e participou hoxe no I Encontro Forestal do Noroeste, celebrado en Ribadeo.Falouse, e moito, da propiedade...
16/10/2026

A AFG asistiu e participou hoxe no I Encontro Forestal do Noroeste, celebrado en Ribadeo.

Falouse, e moito, da propiedade forestal e da necesidade de apoiala, incentivala e camiñar de maneira conxunta como sector cara a xestión activa do monte.

14/10/2026

📢 Dentro do Grupo Operativo PLANFORLAB no que participa a Asociación Forestal de Galicia, o mércores 21 de outubro celebrarase o seminario técnico Sanidade e mellora dos montes de 'Pinus pinaster' no Centro Cultural Xinzo en Ponteareas.

🌲 Neste seminario abordarase a situación actual dos piñeirais, a mellora xenética, os retos da silvicultura e a demanda de madeira.

🕔 A sesión será inaugurada pola directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, María Luisa Piñeiro e o presidente da AFG, Antonio Rigueiro, e nel participarán investigadores, representantes das persoas propietarias forestais de Galicia e Portugal e empresarios relacionados coa industria do piñeiro.

📑 O programa do seminario pódese consultar neste enlace:http://www.asociacionforestal.gal/datos/programas/Programa_PLANFORLAB_outubro2026.pdf

📝 As inscricións deben facerse a través deste formulario: https://forms.cloud.microsoft/Pages/ResponsePage.aspx?id=4gx-Ad_6PUezkXmwKcMA_ft676hMi_1GuNL9mqbZC4dUOTE4NlM2TVA1WE5KMTg3TlFHNVlVU1QyUi4u

ℹ️ O proxecto PLANFORLAB enmárcase no Plan Estratéxico da Política Agrícola Común (PEPAC) 2023-2027, financiado nun 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). A Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade responsable da aplicación das citadas axudas. Orzamento total do proxecto: 599 134,22 €. Subvención total: 599 134,22 €.



A ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA é unha asociación privada sen ánimo de lucro, creada en Santiago de Compostela en 1986. Agrupa a propietarios forestais particulares e comunidades de montes veciñais de Galicia.

⚒️ A Asociación Forestal de Galicia está traballando xuntamente co resto das organizacións da cadea forestal galega na a...
09/10/2026

⚒️ A Asociación Forestal de Galicia está traballando xuntamente co resto das organizacións da cadea forestal galega na análise do Anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia.

🎯 O obxectivo é conseguir unha nova lei de incendios eficaz desde o punto de vista preventivo e viable para as persoas propietarias, comunidades de montes, xestores e empresas forestais.

🍂 O sector forestal considera que o proceso de elaboración da nova Lei constitúe unha oportunidade para avanzar cara un modelo de prevención cada vez máis ligado á xestión do territorio, buscando que as medidas que finalmente se adopten poidan manterse de forma eficaz e sostible a longo prazo.

👷 “A mellor garantía para manter un territorio coidado é que exista interese en xestionalo. Prevención e xestión forestal activa deben avanzar xuntas.”

ℹ️ https://asociacionforestal.gal/as-asociacions-da-cadea-forestal-traballan-xuntas-para-conseguir-unha-nova-lei-de-incendios-efectiva-e-de-consenso/

🌲 O Grupo Operativo Piña chega ao seu final despois de tres anos de intenso traballo.📽️ O resumo do traballo conxunto do...
30/09/2026

🌲 O Grupo Operativo Piña chega ao seu final despois de tres anos de intenso traballo.

📽️ O resumo do traballo conxunto dos centros de investigación, viveiros e persoas propietarias forestais, faise nun vídeo que agora presentamos onde se resume a grandes trazos os obxectivos e a metodoloxía da investigación.

🌱 GO Piña conseguiu poñer en marcha unha posibilidade máis rápida e eficiente de multiplicar e poñer planta no mercado de boa calidade xenética.

👷 Remata GO Piña, pero os resultados que se acadaron quedan a disposición das persoas máis interesadas en que o proxecto tivera éxito, os silvicultores e silvicultoras dos piñeirais galegos do futuro.

https://gopiña.gal/video/

O Grupo Operativo Piña estivo financiado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), coa achega económica de Fondos Feader (UE), e contou coas seguintes entidades socias: Fundación Arume, Viveiro Costa de Lóngaras SLU, Hifas Foresta, Asociación Forestal de Galicia, Asociación Sectorial Forestal Galega, Dirección Xeral de Ordenación e Planificación Forestal, Centro de Investigación Forestal de Lourizán, Grupo Tragsa e Cooperativa de Mejoramiento Genético Forestal de Chile.

🗣️ Hoxe tocou defender os intereses da propiedade forestal na reunión do Consello Forestal de Galicia na que se presento...
22/09/2026

🗣️ Hoxe tocou defender os intereses da propiedade forestal na reunión do Consello Forestal de Galicia na que se presentou o Anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia.

👷 Nos días vindeiros está previsto traballar xuntamente co resto das organizacións sectoriais na análise detallada do anteproxecto.

📃 A envergadura deste texto normativo require dun gran esforzo conxunto para acadar unha norma efectiva e duradeira, que teña unha incidencia máis alá do papel e da descarga da responsabilidade da prevención na propiedade forestal e nos concellos.

➡️ Hoxe o director económico da Asociación Forestal de Galicia, Daniel Rodríguez, participa en Madrid nun grupo de traba...
18/09/2026

➡️ Hoxe o director económico da Asociación Forestal de Galicia, Daniel Rodríguez, participa en Madrid nun grupo de traballo de persoas expertas en fiscalidade forestal.

❓ FORESTAX, promovido polo Instituto de Estudios Fiscales, analiza o papel que desempeña actualmente a fiscalidade na xestión forestal en España e estudia en que medida o marco tributario pode favorecer ou dificultar a xestión activa, o investimento e a mobilización de recursos forestais.

📊 Daniel Rodríguez expón neste grupo a necesidade de que a propiedade forestal conte cunha fiscalidade axeitada para favorecer a xestión forestal sostible. Os seus máis de 20 anos de experiencia no tema traballando na Asociación Forestal de Galicia, avalan a consistencia das súas propostas.

Dirección

Rúa Do Vilar, Nº 33, 1º
Santiago De Compostela
15705

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 19:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Forestal de Galicia - AFG publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir