12/10/2026
🎉🐌 𝐎𝐬 𝐧𝐨𝐬𝐨𝐬 𝐂𝐨𝐦𝐞𝐝𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐄𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐊𝐌 𝟎 𝐜𝐡𝐞𝐠𝐚𝐧 𝐚́ 𝐟𝐢𝐧𝐚𝐥‼️
Desde Slow Food Compostela queremos dar os nosos máis sinceros parabéns a 👩🍳 Libia Estévez Santos do Comedor A Paz Tintureira (Coruxo), 🧑🍳 𝐀𝐝𝐫𝐢𝐚́𝐧 𝐕𝐢𝐧̃𝐚𝐬 do CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral) e 🧑🍳 𝐆𝐨𝐧𝐳𝐚𝐥𝐨 𝐂𝐚𝐬𝐭𝐫𝐨 do Colegio Obradoiro (A Coruña), que conseguiron chegar á final do 𝐈 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐍𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐚𝐨 𝐌𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫 𝐌𝐞𝐧𝐮́ 𝐄𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚𝐫, promovido por FELAC 👏👏
📅 A gran final celebrarase este venres 16 de outubro en IFEMA MADRID, no marco da feira GUEXT 2026, onde os finalistas elaborarán os seus menús en directo ante un xurado especializado.
🍽️ Este concurso recoñece o talento e o compromiso dos profesionais dos comedores escolares, poñendo en valor unha alimentación máis saudable, sostible e de calidade.
Porque detrás de cada menú escolar hai moito máis ca un prato de comida: hai traballo, dedicación, educación alimentaria e compromiso co produto local e de proximidade 🌿
🏆 Parabéns aos tres e moitísima sorte na final!