APOI - Museo do Pobo Galego

APOI - Museo do Pobo Galego O APOI dixitaliza, cataloga, estuda e difunde gravacións etnográficas de Galicia. Pódese acceder libremente á base de datos en apoi.museodopobo.gal

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego desenvolve un programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión de gravacións etnográficas de Galicia. O enderezo da súa base de datos é: http://apoi.museodopobo.gal

08/09/2023

Hoxe o APOI está de loito. Falta Dorothé Schubarth. Que a terra che sexa leve, Doriña!

11/03/2023
17/07/2019

Esta mañá morreu aos 58 anos de idade Santiago Caneiro Aneiros, mestre gaiteiro e referente da mú...

Coa subida destes cortes da segunda recolla na casa de Manuel "da Carroceta" completamos as entradas da cinta nº 20 da c...
15/05/2018

Coa subida destes cortes da segunda recolla na casa de Manuel "da Carroceta" completamos as entradas da cinta nº 20 da colección de Juan Parga. Aquí tedes unha ligazón abreviada dos resultados dunha busca avanzada por 1. tipo de medio (vídeo); 2. lugar (Baralla) e 3. data (1995). https://bit.ly/2KWJhKN
Animádevos a facer as vosas buscas e envialas, ou compartilas en redes!

14/05/2018

Novas incorporacións á base de datos na Rede. Gravacións de vídeo con baile e gaita en Baralla, en 1995, realizadas por Juan Parga e Cristina Vila.

"Muiñeira de Barro" é o título da composición baseada na muiñeira ID #81 (http://apoi.museodopobo.gal/81/), creada por J...
25/04/2018

"Muiñeira de Barro" é o título da composición baseada na muiñeira ID #81 (http://apoi.museodopobo.gal/81/), creada por Javier María López e e o alumnado do Curso Maxistral da Central Folque. Esperamos que sigan saíndo cousas tan bonitas coma esta...!

Tocan mestres e alumnos do curso: Laura Souto: frauta; Martinho Cabarcos: sanfona; Maria G. Blanco: violino; Alba Maria: voz; Javier Maria Lopez: frauta e guitarra; Alejandro Vargas: piano; Pablo Perez: contrabaixo.

https://open.spotify.com/track/1o59n7ILqnCmfT6Qwf4imH

Escola de Música Popular e Avanzada · Song · 2017

Saímos da casa para levar o proxecto do APOI ás casas dos demais. Onte, fenomenalmente acompañados por Gustavo Couto e a...
19/04/2018

Saímos da casa para levar o proxecto do APOI ás casas dos demais. Onte, fenomenalmente acompañados por Gustavo Couto e a xente de Ultreia (OCT Ultreia), presentamos, gozamos con anacos de música e baile, amosamos como empregar a base de datos e debatemos ao final. Así moitas máis! ...et suseia

Lembrade que mañá mércores 18, ás 21:00 estaremos presentando o APOI no local do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultrei...
17/04/2018

Lembrade que mañá mércores 18, ás 21:00 estaremos presentando o APOI no local do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia (r/Pexigo de arriba, nº28 -- Compostela). A asistencia é aberta para todos os públicos, vide se queredes ver como funciona a base de datos e parte dos fondos de música e baile tradicional do arquivo!

PRESENTACIÓN!!!
O mércores día 18 de abril ás 21:00, teremos no local do OCT Ultreia a presentación da nova páxina web do APOI - Museo do Pobo Galego (Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade) do Museo do Pobo Galego.
Contaremos coa presenza de Sergio de la Osa, que nos explicará todos os detalles da nova web.
Aberto a todos os públicos. Animádevos!!

O próximo mércores 18 de abril ás 21:00 presentaremos os fondos de música e baile da nova páxina web do APOI no local do...
11/04/2018

O próximo mércores 18 de abril ás 21:00 presentaremos os fondos de música e baile da nova páxina web do APOI no local do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia (r/Pexigo de arriba, nº28 -- Compostela) e amosaremos como realizar buscas na base de datos. Aberto a todos os públicos!

PRESENTACIÓN!!!
O mércores día 18 de abril ás 21:00, teremos no local do OCT Ultreia a presentación da nova páxina web do APOI - Museo do Pobo Galego (Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade) do Museo do Pobo Galego.
Contaremos coa presenza de Sergio de la Osa, que nos explicará todos os detalles da nova web.
Aberto a todos os públicos. Animádevos!!

17/03/2018

Con fondo pesar temos que dar a nova do falecemento de Carlos García Martínez. Director desta entidade á que dedicou toda a súa vida, foi o principal valedor desta empresa colectiva na que hoxe sentímonos orfos e orfas.
Comprometido sempre co país, foi tamén patrón fundador da Fundación Castelao, da Fundación Pedrón de Ouro, académico correspondente da Academia Galega e presidente do Consello Galego de Museos. Estudoso da historia e da arqueoloxía de Galicia, recibiu o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo en 1999.
A capela ardente estará instalada no Museo do Pobo Galego desde mañá, domingo 18 de marzo ás 16h00 da tarde. O sepelio será en Sta. María de Figueiras (Santiago de Compostela), o luns 19 ás 17h00.

O acceso normal ao Museo interrómpese desde esta tarde. Reanudarase o martes ás 10h30.

Aquí tedes todos os cortes musicais do vídeo de recolla a Maruja de Cataliña e Maruja do Americano en Santa Comba, 2013....
14/03/2018

Aquí tedes todos os cortes musicais do vídeo de recolla a Maruja de Cataliña e Maruja do Americano en Santa Comba, 2013. Cantaron rumba, xotas, muiñeiras, tocaron pandeireta, lata de sardiñas, botella de anís, cunchas... (http://bit.ly/2pahFZd)

Gracias a Ismael Marcos e Francisco Manteiga por doar o material e documentalo; así pode agora estar a disposición de todos e todas nós! E a Antón Santamarina pola revisión da transcrición das letras, feita por Ismael Marcos.

Último corte musical da recolla de Ismael Marcos e Francisco Manteiga:
13/03/2018

Último corte musical da recolla de Ismael Marcos e Francisco Manteiga:

Maruja de Cataliña amosa como se tocaban ritmos con outros instrumentos (botella de anís, cunchas) alén de coa pandeireta, coa que tocan no resto de cantigas desta recolla.

Dirección

Museo Do Pobo Galego. Costa De San Domingos
Santiago De Compostela
15703

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando APOI - Museo do Pobo Galego publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir