16/09/2026
Este finde semana estivemos no evento O Encontro, organizado polo Consejo de la Juventud de España para conmemorar 50 anos de democracia. Unha xornada incrible na que nos reunimos moitísimas entidades e voluntariados xuvenís co mesmo obxectivo: unir forzas e traballar xuntos polo presente e o futuro da mocidade, especialmente da mocidade galega.
Dende o noso propio stand en JEF Galicia, tivemos a oportunidade de compartir ideas, dar a coñecer os nosos proxectos e conectar con moitísima xente e con outras organizacións que comparten a nosa mesma paixón e compromiso.
Grazas a todas as persoas que vos achegastes a falar connosco e a intercambiar impresións! SEGUIMOS! 🇪🇺✨