Asociación A Pedra que Fala

Cómo llegar

Asociación A Pedra que Fala Asociación que nace para pór en valor as parroquias compostelás de Santa Cristina e San Xoán de Fecha e a súa contorna rural a nivel natural e patrimonial.

01/10/2026
Como cada ano, volve a noite dos morcegos. Actividade ideal para facer coa cativada! 😃🦇
15/07/2026

Como cada ano, volve a noite dos morcegos. Actividade ideal para facer coa cativada! 😃🦇

Asistencia libre ata completar aforo. É preciso acudir con lanterna e/ou frontal. E é moi recomendable levar roupa de abrigo máis algún petisco.

13/07/2026

en Belén 🎉

Non importan as treboadas cando se pode tocar, cantar e bailar debaixo da carpa 🎵🎶
13/07/2026

Non importan as treboadas cando se pode tocar, cantar e bailar debaixo da carpa 🎵🎶

13/07/2026
De onte en Belén. 🌿
12/07/2026

De onte en Belén. 🌿

10/07/2026

Os últimos artistas que quedan por presentar para o día grande do Fechiño, mañá ás 22:00 h, Soán no Campo da festa do Santuario de Belén

A cantante e investigadora Blanca Villares presentará unha creación exclusiva para o Fechiño xunto á fagotista Patricia Castro e ao multiinstrumentista Mano Panforreteiro

O concerto pechará o día grande do festival cunha proposta singular que conecta tradición oral, experimentación sonora e creación contemporánea.

O Fechiño é unha iniciativa de aCentral Folque desenvolvida en colaboración coa Concellería de Compostela Cultura de Santiago de Compostela Pazo de Raxoi, a Asociación A Pedra que Fala e o tecido veciñal e asociativo das parroquias de San Xoán e Santa Cristina de Fecha.

Un festival de proximidade para descubrir o patrimonio desde a creación contemporánea e compartir cultura no territorio.

10/07/2026

E presentamos os concertos da noite no Fechiño ás 21:00 h estarán as Bouba no Campo da festa do Santuario de Belén.
Bouba Pandeireteiras presentará o seu novo traballo discográfico, Termando dos Marcos, unha proposta musical profundamente vinculada ao rural, á memoria e á resistencia cultural desde unha mirada contemporánea.

O Fechiño é unha iniciativa de aCentral Folque desenvolvida en colaboración coa Concellería de Cultura ( Compostela Cultura) de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi) , a Asociación A Pedra que Fala que Fala e o tecido veciñal e asociativo das parroquias de San Xoán e Santa Cristina de Fecha.

Un festival de proximidade para descubrir o patrimonio desde a creación contemporánea e compartir cultura no territorio.

10/07/2026

E continuamos a presentar aos artistas do sábado no Fechiño no que contaremos ás 19:00 h co espectáculo "Traede Ferrallada" de Xisco Feijoó no Campo da festa do Santuario de Belén

Xisco Feijóo un dos nomes máis recoñecidos da música tradicional galega presentará o seu espectáculo participativo Traede Ferrallada, dando continuidade ao serán diverso.
A proposta recupera repertorios festivos e prácticas musicais tradicionais de distintas zonas de Galicia, convidando ao público a participar activamente co canto e coa percusión.

O Fechiño é unha iniciativa de aCentral Folque desenvolvida en colaboración coa Concellería de Cultura Compostela Cultura de Santiago de Compostela Pazo de Raxoi , a Asociación A Pedra que Fala e o tecido veciñal e asociativo das parroquias de San Xoán e Santa Cristina de Fecha.

Un festival de proximidade para descubrir o patrimonio desde a creación contemporánea e compartir cultura no territorio.

09/07/2026

📢 Cambio na programación deste sábado

Cambio na programación deste sábado

Por un triste motivo de forza maior, a actuación de Miguel Lesta, Leticia Rei e Ales Míguez prevista para este sábado, non poderá celebrarse.

Desde a organización queremos enviarlles a eles e ás persoas achegadas o noso máis sentido pésame e enviámoslles toda a nosa forza, agarimo e unha forte aperta nestes momentos tan difíciles. ❤️

Confiamos en poder contar con eles nunha próxima ocasión, cando as circunstancias o permitan.

Nesta edición acompañaranos a A.C. Brisas Do Quenllo, un colectivo nacido na Pontraga da man dun grupo de músicos comprometidos coa conservación e difusión da música e do baile tradicional.

A través do seu labor de transmisión ás novas xeracións e da recollida do saber dos vellos e vellas cantadoras e bailadoras da comarca, Brisas do Quenllo mantén vivo un patrimonio que segue medrando coa rapazada da zona.

Queremos agradecerlles especialmente a súa disposición para acompañarnos neste momento, así como a comprensión de todas as persoas asistentes por este cambio inesperado.

Vémonos este sábado.

O Fechiño é unha iniciativa de aCentral Folque desenvolvida en colaboración coa Concellería de Cultura de Santiago de Compostela Pazo de Raxoi , a Asociación A Pedra que Fala e o tecido veciñal e asociativo das parroquias de San Xoán e Santa Cristina de Fecha.

Un festival de proximidade para descubrir o patrimonio desde a creación contemporánea e compartir cultura no territorio.

Dirección

San Xoan De Fecha
Santiago De Compostela
15898

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación A Pedra que Fala publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir