23/01/2026
Mentres estamos a sufrir os estragos do paso da borrasca Ingrid é bo lembrar o papel que xogaban as campás nestas ocasións. Tanto néboas coma treboadas podían ser orixe de moitos contratempos, sobre todo en territorios rurais. A climatoloxía podía afectar tanto coma para perder colleitas, provocar inundacións ou mesmo incendios, polo que ante a falta doutro método de predición ou control xurdiron en todo o territorio nacional toques que tentaban invocar axuda para frenar estes episodios meteorolóxicos. Así o "tentetrono" coma o "tentenublo" son exemplos de usos civís que podían desempeñar campás parroquiais. Nestas imaxe podemos ver ao noso compañeiro tocando o "tentenublo" dende a .