10/08/2025
🔥 A FESTA DA NAVALLA 2025 FOI UNHA AUTÉNTICA EXPLOSIÓN DE SABOR E ALEGRÍA! 🔥
Non temos palabras para describir o que vivimos hoxe en Aguiño… pero imos intentar:
📅 Data histórica.
⏰ Ás 14:30, e ante a mirada incrédula de todos… Esgotamos as navallas!
🐚 Máis de media tonelada desfrutada entre risas, brindes e encontros que quedarán para o recordo.
A Comisión de Festas quere dar GRAZAS con maiúsculas:
💙 A todos os veciños e veciñas de Aguiño, que como sempre estiveron ao pé do canón.
💙 A todos e todas as que viñestes dende diferentes recunchos de Galicia, algúns facendo centos de quilómetros, só para compartir esta xornada connosco.
💙 Aos nosos incansables colaboradores, que fixeron posible que esta festa se vivise con tanta intensidade e sabor.
Hoxe, Aguiño foi un punto de encontro, un lugar onde a tradición mariñeira se mesturou coa hospitalidade e a festa, onde cada prato servido levaba un anaco do noso corazón.
Grazas por ser parte desta historia. Grazas por facer grande a Festa da Navalla. Grazas por poñer o nome de Aguiño no mapa da festa e do bo comer.
E xa sabedes…
📣 O ano que vén, máis e mellor!
💥 Porque cando Aguiño celebra… celébrase a lo grande! 💥