Asociación Social e Cultural de Bandourrio

Cómo llegar

Asociación Social e Cultural de Bandourrio Somos unha asociación sen ánimo de lucro creada polos veciños e veciñas do barrio de Bandourrío.

CERQUEIRA TEN FUTURO. E AGORA, EMPEZA UNHA NOVA ETAPA. 💙Hai unhas semanas pediámosvos apoio, sinaturas, ideas e proposta...
24/08/2026

CERQUEIRA TEN FUTURO. E AGORA, EMPEZA UNHA NOVA ETAPA. 💙

Hai unhas semanas pediámosvos apoio, sinaturas, ideas e propostas para demostrar que Cerqueira representa unha oportunidade que Ribeira non pode deixar escapar.

A resposta foi enorme.

Veciños, asociacións, colectivos, comercios e persoas de toda Ribeira achegastes apoio, ideas e, sobre todo, a ilusión por volver ver Cerqueira chea de vida.

Todo ese traballo chegou ao Concello.

Na reunión puidemos trasladar a proposta construída entre todos: usos culturais, sociais, deportivos, formativos, mariñeiros, mercados, exposicións, encontros… e tamén unha visión máis ampla, pensando non só no edificio, senón en Cerqueira e toda a súa contorna como unha oportunidade para dinamizar a zona.

Queremos agradecer ao Concello de Ribeira a boa acollida, o diálogo e a oportunidade de seguir participando e achegando no desenvolvemento do proxecto.

E hai algo especialmente importante: Cerqueira conseguiu unirnos. Existe apoio veciñal, do tecido asociativo e tamén unha vontade compartida entre as diferentes formacións políticas municipais de buscarlle un futuro a este espazo.

Pero queremos deixalo claro:

ISTO NON REMATOU. ISTO ACABA DE EMPEZAR.

Quedan estudos, decisións, proxecto, financiamento e moito traballo. E aí queremos estar:

participando, achegando, escoitando e sumando.

Para que Cerqueira sexa un espazo con vida, polivalente, útil e aberto a todos; ao servizo do Concello, das asociacións, da cidadanía e tamén como motor para Bandourrio e a súa contorna.

Sempre o dixemos: se Cerqueira ten futuro, o futuro do barrio e Ribeira tamén é máis esperanzador.

Grazas a quen asinou, colaborou, compartiu, achegou unha idea ou confiou no proxecto.

Todo o conseguido ata aquí tamén é voso.

Agora toca seguir traballando xuntos.

Recuperar o noso patrimonio.
Conservar a nosa identidade.
Crear un espazo para a xente.

CERQUEIRA TEN FUTURO. 💙

💙 Dentro de 20 anos, cando pasemos por diante de Cerqueira... que nos gustaría ver?Un edificio pechado...Ou un espazo ch...
06/08/2026

💙 Dentro de 20 anos, cando pasemos por diante de Cerqueira... que nos gustaría ver?

Un edificio pechado...

Ou un espazo cheo de vida, onde os nosos fillos e netos poidan aprender, compartir, facer deporte, participar en actividades e seguir escribindo a historia do barrio.

As decisións importantes non sempre cambian o presente.

Ás veces cambian o futuro.

Hoxe temos a oportunidade de decidir que queremos deixar ás próximas xeracións.

💙 Recuperar o noso patrimonio.
⚓ Conservar a nosa identidade.
👨‍👩‍👧‍👦 Crear un espazo para a xente.

🏭 CERQUEIRA TEN FUTURO

🗳️ Participa na consulta
🔗 Link de apoio a nosa proposta na BIO.

💙 CADA DÍA SOMOS MÁIS 🥰Hoxe vivimos unha desas xornadas que nos lembran por que levamos tantos anos defendendo este prox...
01/08/2026

💙 CADA DÍA SOMOS MÁIS 🥰

Hoxe vivimos unha desas xornadas que nos lembran por que levamos tantos anos defendendo este proxecto.

Centos de conversas.

Moitas ideas compartidas.

Moitas sinaturas.

E, sobre todo, moitas persoas que nos trasladaron a mesma ilusión: ver Cerqueira chea de vida 🥰

Queremos agradecer de corazón a todas as persoas que se achegaron á nosa mesa informativa para escoitar, preguntar, opinar e apoiar esta proposta.

Tamén queremos agradecer ás persoas representantes do Concello que participaron na consulta e se achegaron a coñecer a iniciativa. Iso demostra que, cando falamos do futuro de Cerqueira, hai espazo para o diálogo e para seguir construíndo entre todos. 🫂

Seguimos sumando apoios porque estamos convencidos de que Cerqueira pode renacer como un espazo para toda a cidadanía.

💙 Recuperar o noso patrimonio.
⚓ Conservar a nosa identidade.
👨‍👩‍👧‍👦 Crear un espazo para a xente
❤️ Xerar vida

Porque se Cerqueira ten vida, Bandourrio gaña e Ribeira tamén gaña.

🏭 CERQUEIRA TEN FUTURO

🏭 POR QUE CERQUEIRA?Porque hai oportunidades que poden marcar o futuro dun barrio e un pueblo durante moitos anos.Cerque...
29/07/2026

🏭 POR QUE CERQUEIRA?

Porque hai oportunidades que poden marcar o futuro dun barrio e un pueblo durante moitos anos.

Cerqueira xa forma parte da nosa historia. Foi industria, foi traballo, foi actividade e foi parte da vida de xeracións de veciños e veciñas.

Hoxe temos a oportunidade de escribirlle un novo capítulo.

Temos un edificio con historia. Temos unha localización privilexiada. Temos un espazo con enormes posibilidades. E temos unha proposta capaz de convertelo nun lugar vivo, útil e aberto á cidadanía.

Non queremos esquecer o que foi Cerqueiras.

Queremos que todo ese pasado sexa precisamente o punto de partida do seu futuro.

💙 Recuperar o noso patrimonio.
⚓ Conservar a nosa identidade.
👨‍👩‍👧‍👦 Crear un espazo para a xente.

Porque defender Cerqueiras é defender unha oportunidade para Bandourrio e para Ribeira.

Agora é o momento de participar, de facernos escoitar e de decidir que queremos para o futuro deste espazo.

🗳️ PARTICIPA NA CONSULTA E APOIANOS
🔗 Ligazón na BIO

🏭 CERQUEIRA TEN FUTURO

🏭 UN ESPAZO. MIL POSIBILIDADES.Cando falamos dun Pabellón Multiusos en Cerqueira, falamos precisamente diso: de crear un...
28/07/2026

🏭 UN ESPAZO. MIL POSIBILIDADES.

Cando falamos dun Pabellón Multiusos en Cerqueira, falamos precisamente diso: de crear un espazo capaz de adaptarse ás necesidades da xente.

Un lugar para a cultura, a formación, as asociacións, os nosos maiores, a infancia e a mocidade.

Un lugar para facer obradoiros, cursos, charlas, exposicións, mercados, encontros, actividades, actuacións, comidas populares...

Pero, sobre todo, un lugar vivo durante todo o ano.

Cerqueiras ofrece unha oportunidade para recuperar parte da nosa historia e poñela ao servizo do presente e do futuro.

E agora queremos escoitarvos:

👇 PARA QUE USARÍAS TI CERQUEIRAS?

Déixanolo nos comentarios.

🗳️ E lembra apoiar a proposta.
🔗 LINK NA BIO

💙 CERQUEIRA TEN FUTURO

Recuperar o noso patrimonio.
Conservar a nosa identidade.
Crear un espazo para a xente.

🏭 CERQUEIRAS TEN FUTUROHai anos que dende a Asociación Social e Cultural de Bandourrio defendemos unha proposta para rec...
27/07/2026

🏭 CERQUEIRAS TEN FUTURO

Hai anos que dende a Asociación Social e Cultural de Bandourrio defendemos unha proposta para recuperar este edificio histórico:

PABELLÓN MULTIUSOS DE CERQUEIRA

Un espazo público, polivalente e aberto á cidadanía.

Un lugar para actividades culturais, obradoiros, formación, encontros, mercados, campamentos, exposicións, exercicio, asociacións, actuacións, comidas populares e moito máis.

Unha maneira de recuperar o noso patrimonio industrial e conserveiro e, ao mesmo tempo, darlle unha nova vida e futuro.

Agora o Concello abriu unha consulta sobre o futuro deste espazo.

Durante estas dúas semanas iremos explicando a nosa proposta, a súa historia e todo o que pensamos que Cerqueiras pode aportar a Bandourrio e a Ribeira.

Coñece o proxecto. Participa.

Enlace a change.org:

https://c.org/jyg287dQDC

❤️ HOMENAXE Á FAMILIA FICHAS ❤️Onte fixemos unha parada especial para recoñecer a unhas persoas moi importantes para o n...
28/06/2026

❤️ HOMENAXE Á FAMILIA FICHAS ❤️

Onte fixemos unha parada especial para recoñecer a unhas persoas moi importantes para o noso barrio.

Falamos da familia Fichas.

Cinco irmáns que, ao longo dos anos, sempre estiveron dispostos a botar unha man, a colaborar e a sumar en todo o que fixo falta.

Sempre presentes, sempre con ganas, sempre pensando no ben común.

Grazas polo voso compromiso, pola vosa implicación e por ese espírito de barrio que tanto nos representa.

Porque un barrio constrúese con xente coma vós.

E nós temos a sorte de contar convosco.

❤️ Grazas, familia Fichas, por todo o que facedes e por todo o que sodes.

*Mais sendo rigurosos teriamos que falar dos Fichas / Afanudos porque Lela sempre será o mellor que lle pudo pasar a un Ficha 🥰

🔥 ANTES DE SER UNHA FESTA, FOI UNHA TRADICIÓN 🔥Hoxe é o día.Pero antes dos concertos, da música, da sardiñada, dos xogos...
27/06/2026

🔥 ANTES DE SER UNHA FESTA, FOI UNHA TRADICIÓN 🔥

Hoxe é o día.

Pero antes dos concertos, da música, da sardiñada, dos xogos e das actividades que encherán as rúas de vida, hai algo que queremos lembrar.

As Festas de Bandourrio naceron moito antes dos carteis e das programacións.

Naceron cando os veciños se xuntaban para celebrar San Xoán arredor dunha fogueira construída entre todos.

Naceron do esforzo compartido, das mans que traballaban sen pedir nada a cambio, das conversas na rúa, da ilusión dos máis pequenos e da experiencia dos máis maiores.

Cada xeración foi deixando a súa pegada para que esta tradición chegase ata nós.

E hoxe tócanos a nós mantela viva.

Por iso queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron, aos veciños que axudaron nos preparativos, aos comercios e empresas que apoiaron a iniciativa, aos voluntarios, aos patrocinadores e a todos os que, dun xeito ou doutro, fan posible que Bandourrio siga sendo un barrio vivo.

Porque as tradicións non se herdan.

As tradicións coídanse.

As tradicións constrúense entre todos.

❤️ Grazas por formar parte desta historia.

🔥 Feliz Festa de Bandourrio 2026.

⚓ Vémonos na rúa.

26/06/2026

A Caseira on fire!

⚓ EXPOSICIÓN MARIÑEIRA BANDOURRIO 2026 ⚓As festas tamén son unha oportunidade para lembrar quen somos e de onde vimos.Es...
25/06/2026

⚓ EXPOSICIÓN MARIÑEIRA BANDOURRIO 2026 ⚓

As festas tamén son unha oportunidade para lembrar quen somos e de onde vimos.

Este ano queremos render homenaxe ás nosas raíces mariñeiras, ás persoas que viviron do mar, ás que traballaron nel e ás que fixeron de Bandourrio o que é hoxe.

Durante a xornada poderedes visitar unha exposición mariñeira con diferentes artes de pesca tradicionais, aparellos, utensilios e elementos que forman parte da nosa historia e da nosa identidade.

Tamén realizaremos talleres de nós mariñeiros e outras actividades pensadas para que os máis novos coñezan e aprendan un pouco máis sobre a cultura do mar que marcou xeracións enteiras de veciños.

Porque un barrio sen memoria perde parte da súa alma.

E porque cremos que as tradicións non só hai que lembralas, senón tamén compartilas, vivilas e transmitilas ás novas xeracións.

❤️ Un pequeno homenaxe á nosa xente do mar.

⚓ Bandourrio é mar.
⚓ Bandourrio é tradición.
⚓ Bandourrio é cultura.
⚓ Bandourrio é memoria.

Vémonos na Exposición Mariñeira.

Dirección

Santa Eugenia De Ribeira

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Social e Cultural de Bandourrio publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir