Asociación Empresarios Santa Comba

Asociación Empresarios Santa Comba Asociación de Empresarios de Santa Comba

🎒𝑨 𝒗𝒐𝒍𝒕𝒂 𝒐́ 𝒄𝒐𝒍𝒆, 𝒎𝒆𝒍𝒍𝒐𝒓 𝒏𝒐 𝒄𝒐𝒎𝒆𝒓𝒄𝒊𝒐 𝒍𝒐𝒄𝒂𝒍! 📚✨Prepárate para o novo curso! Atopa todo o que precisas para os máis pequen...
01/09/2026

🎒𝑨 𝒗𝒐𝒍𝒕𝒂 𝒐́ 𝒄𝒐𝒍𝒆, 𝒎𝒆𝒍𝒍𝒐𝒓 𝒏𝒐 𝒄𝒐𝒎𝒆𝒓𝒄𝒊𝒐 𝒍𝒐𝒄𝒂𝒍! 📚✨

Prepárate para o novo curso! Atopa todo o que precisas para os máis pequenos en Santa Comba: material escolar, roupa, calzado e moito máis.

Merca en Santa Comba!

Ver menos

🍉𝐔́𝐋𝐓𝐈𝐌𝐎𝐒 𝐃𝐈́𝐀𝐒 𝐃𝐎 𝐒𝐇𝐎𝐏𝐏𝐈𝐍𝐆 𝐗𝐀𝐋𝐋𝐀𝐒! 𝑴𝒆𝒓𝒄𝒂 𝒆𝒏 𝑺𝒂𝒏𝒕𝒂 𝑪𝒐𝒎𝒃𝒂 🛍 e non perdas a oportunidade de gañar unha escapada a Asturias...
21/08/2026

🍉𝐔́𝐋𝐓𝐈𝐌𝐎𝐒 𝐃𝐈́𝐀𝐒 𝐃𝐎 𝐒𝐇𝐎𝐏𝐏𝐈𝐍𝐆 𝐗𝐀𝐋𝐋𝐀𝐒!

𝑴𝒆𝒓𝒄𝒂 𝒆𝒏 𝑺𝒂𝒏𝒕𝒂 𝑪𝒐𝒎𝒃𝒂 🛍 e non perdas a oportunidade de gañar unha escapada a Asturias!

𝐀𝐭𝐚 𝐨 𝟐𝟓 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 (𝐢𝐧𝐜𝐥𝐮𝐢́𝐝𝐨), por cada compra que fagas consegue o teu selo. Cando reúnas 3 selos, cubre o flyer e lévao á sede da Asociación.

Tes ata final deste mes para depositalo na urna, xa que moi pronto anunciaremos a data do gran sorteo! 🤩

𝗩𝗢𝗟𝗩𝗘 𝗢 𝗦𝗛𝗢𝗣𝗣𝗜𝗡𝗚 𝗫𝗔𝗟𝗟𝗔𝗦🛍Do 10 ó 25 de agosto, mercar en Santa Comba ten premio. Lanzamos unha nova edición da nosa campa...
09/08/2026

𝗩𝗢𝗟𝗩𝗘 𝗢 𝗦𝗛𝗢𝗣𝗣𝗜𝗡𝗚 𝗫𝗔𝗟𝗟𝗔𝗦🛍

Do 10 ó 25 de agosto, mercar en Santa Comba ten premio. Lanzamos unha nova edición da nosa campaña de dinamización comercial.

Este ano o 𝙥𝙧𝙚𝙢𝙞𝙤 é 𝙪𝙣𝙝𝙖 𝙚𝙨𝙘𝙖𝙥𝙖𝙙𝙖 𝙙𝙚 𝙛𝙞𝙣 𝙙𝙚 𝙨𝙚𝙢𝙖𝙣𝙖 𝙖 𝘼𝙨𝙩𝙪𝙧𝙞𝙖𝙨 para dúas persoas que inclúe:
* Hotel de 4 estrelas con almorzo incluído.
* Experiencias gastronómicas asturianas: xantares de sábado e domingo en restaurantes típicos.
(O traslado e os desprazamentos corren por conta da persoa gañadora).

🔴 Como podes participar? É moi sinxelo:

✔ Pide o teu flyer nos comercios locais participantes.

✔ Por cada compra igual ou superior a 5 €, o establecemento poralle un selo ao teu flyer.

✔ Reúne 3 selos de 3 comercios diferentes e xa podes botalo na urna sita na oficina da Asociación de Empresarios (Avda. Alfonso Molina 6).

🔝 Non hai límite de participación. Cantos máis flyers cubras, máis posibilidades tes de gañar.

☀️ Informamos que a oficina da Asociación de Empresarios de Santa Comba permanecerá pechada desde o luns 13 ata o venres...
10/07/2026

☀️ Informamos que a oficina da Asociación de Empresarios de Santa Comba permanecerá pechada desde o luns 13 ata o venres 31 de xullo por vacacións.

Volveremos coas pilas cargadas e con moitas sorpresas á volta!

Aproveitamos para desexarvos que pasedes un estupendo verán!

Noraboa á 𝐂𝐨𝐨𝐩𝐞𝐫𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐗𝐚𝐥𝐥𝐚𝐬 polo 𝐏𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨 𝐚́ 𝐓𝐫𝐚𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚 𝐂𝐨𝐨𝐩𝐞𝐫𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟔Desde a Asociación de Empresarios de Santa Comba...
23/06/2026

Noraboa á 𝐂𝐨𝐨𝐩𝐞𝐫𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐗𝐚𝐥𝐥𝐚𝐬 polo 𝐏𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨 𝐚́ 𝐓𝐫𝐚𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚 𝐂𝐨𝐨𝐩𝐞𝐫𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟔

Desde a Asociación de Empresarios de Santa Comba queremos felicitar a Cooperativa Xallas, socia da nosa entidade, por ser distinguida co Premio á Traxectoria Cooperativa 2026 outorgado pola Xunta de Galicia.

Este galardón, recoñece os seus máis de 50 anos de historia e o seu papel fundamental como motor económico e social do sector agrogandeiro na nosa comarca.

É un orgullo contar no noso colectivo cunha entidade de referencia que combina tradición, modernización e un compromiso inquebrantable coa comunidade local.

Ofertas de traballo en Santa Comba
19/06/2026

Ofertas de traballo en Santa Comba

Oferta de traballo en Santa Comba
10/06/2026

Oferta de traballo en Santa Comba

Desde a Asociación de Empresarios de Santa Comba queremos trasladarlle a nosa máis sincera noraboa ó noso veciño, o Dout...
04/06/2026

Desde a Asociación de Empresarios de Santa Comba queremos trasladarlle a nosa máis sincera noraboa ó noso veciño, o Doutor Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, polo seu recente nomeamento como Académico de Número na sección de Medicina Legal da Real Academia Nacional de Medicina de España.

Ver como se recoñece, unha vez máis e ó máis alto nivel, a súa brillante traxectoria profesional, o seu incansable labor investigador e, sobre todo, a súa inmensa calidade humana, é un auténtico orgullo para todos nós. Este prestixioso recoñecemento é a xusta consecuencia de toda unha vida dedicada á excelencia científica e ó avance do coñecemento.

Desexámoslle o maior dos éxitos nesta nova andaina académica. De seguro estará chea de grandes achegas para a ciencia e a medicina.

Parabéns, Doutor Carracedo!

Catedrático de Medicina Legal de la USC y director de la Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, ocupará el sillón 19 y tomará posesión en los próximos meses Te puede interesar: El genetista gallego Ángel Carracedo: "El Alzheimer está muy ligado a la edad"

Dámoslle a benvida ao novo socio: 𝐀𝐝𝐚́𝐧 𝐏𝐞́𝐫𝐞𝐳 𝐄𝐬𝐭𝐮𝐝𝐢𝐨 𝐅𝐨𝐭𝐨𝐠𝐫𝐚́𝐟𝐢𝐜𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨Adán Pérez incorpórase á nosa entidade ofrec...
02/06/2026

Dámoslle a benvida ao novo socio: 𝐀𝐝𝐚́𝐧 𝐏𝐞́𝐫𝐞𝐳 𝐄𝐬𝐭𝐮𝐝𝐢𝐨 𝐅𝐨𝐭𝐨𝐠𝐫𝐚́𝐟𝐢𝐜𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨

Adán Pérez incorpórase á nosa entidade ofrecendo servizos especializados en capturar recordos familiares a través dunha fotografía natural, sinxela e sen poses artificiais. O seu enfoque céntrase en conseguir que tanto os nenos coma os adultos desfruten de cada sesión, logrando así imaxes xenuínas e bonitas que perduran no tempo.

Ademais do eido familiar, o estudio conta cunha ampla experiencia en fotografía de vodas e en proxectos para empresas, onde crean contido visual coidado que transmite con fidelidade a historia e a esencia de cada marca ou negocio.

Un fotógrafo creativo que aposta pola espontaneidade e a calidade para inmortalizar os momentos máis importantes de particulares e profesionais.

Achégate a coñecer o seu estudio!
Dirección: Avda de Brasil 33 baixo - Santa Comba
Teléfono: 699 86 31 57

Benvido á Asociación!!

Onte celebrouse na Cidade da Cultura a gala de entrega de premios dos 𝐃𝐢𝐚𝐬 𝐀𝐳𝐮𝐢𝐬 do Comercio Galego.𝑵𝒐𝒆𝒍𝒊𝒂 𝑳𝒊𝒏̃𝒂𝒓𝒆𝒔 𝑨𝒍𝒍𝒐...
29/05/2026

Onte celebrouse na Cidade da Cultura a gala de entrega de premios dos 𝐃𝐢𝐚𝐬 𝐀𝐳𝐮𝐢𝐬 do Comercio Galego.

𝑵𝒐𝒆𝒍𝒊𝒂 𝑳𝒊𝒏̃𝒂𝒓𝒆𝒔 𝑨𝒍𝒍𝒐, que resultou gañadora dun premio de 250€ grazas á compra que realizou en Calzados Moledo, estivo onte na gala recollendo o seu premio acompañada polo presidente da nosa Asociación, Diego Vilas.

Felicidades, Noelia, e grazas por mercar no comercio local!

Federación Gallega de Comercio Federación de Comercio de A Coruña

Dirección

Avda Alfonso Molina 6
Santa Comba
15840

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 13:30
Martes 09:30 - 13:30
Miércoles 09:30 - 13:30
Jueves 09:30 - 13:30
Viernes 09:30 - 13:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Empresarios Santa Comba publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir