Aa VV San Xoán de Grixoa

Aa VV San Xoán de Grixoa Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Aa VV San Xoán de Grixoa, Asociación vecinal, Santa Comba.

💋 13 DE ABRIL. DÍA DO BICO 💋Hoxe é o día de repartir bicos a esgalla.BICOS MIL PARA TOD@S  QUE SEGUIDES ESTE VALADO!!!💋P...
12/04/2023

💋 13 DE ABRIL. DÍA DO BICO 💋
Hoxe é o día de repartir bicos a esgalla.
BICOS MIL PARA TOD@S QUE SEGUIDES ESTE VALADO!!!

💋Para fill@s.
💋Para a parella
💋Para nais/pais.
💋Para avóas/avós.
💋Para a familia que se escolle e a que non.
💋Para amig@s.
💋Para compañeir@s.
💋Para o ceo.
💋Para os ventres.
💋Para os peludiños.🐶🐱🐮🐷🐭🐹🐰🦊🐺

Dade bicos a moreas porque calquera escusa é boa para repartir 💋.

👉🏻Dende a Aa VV San Xoán de Grixoa este ano escollemos a estes amigos que tan ben representan a esencia da nosa terra labrega.
💙💙💙💙💙









😡A IMAXE DO CONCELLO DE SANTA COMBA VISTA POL@S PEREGRIN@S.😡Para escasos 500 metros que teñen que percorren, polo concel...
06/04/2023

😡A IMAXE DO CONCELLO DE SANTA COMBA VISTA POL@S PEREGRIN@S.😡
Para escasos 500 metros que teñen que percorren, polo concello de Santa Comba, peregrin@s que fan o camiño Fisterra-Muxía e atópanse con esta lamentable estampa.
❌Despois énchesenos a boca de falar (dende a alcaldía) da boa imaxe que dá este concello.
❌Do moito que se preocupa pola veciñanza.
❌De que, a diferenza da oposición, saben de todos os problemas deste concello.

👉🏻Pois a pé da Ruta Xacobea disto é do que se fala entre peregrin@s e veciñ@s preocupad@s polo estado desta escombreira ilegal.

Se estivese no campo da feira seguro que a limpaban antes porque non combina coa vestimenta das farolas co lavado de cara de Auga, Terra e Vida.
Desta volta cal é a escusa da alcaldesa e do seu equipo de goberno SANTA COMBA Info+ ???
❌Non acompañan as condicións meteorolóxicas??? (Cando chove porque chove e cando fai sol porque fai sol.)
❌Ou para o que queda desta lexislatura xa metemos a escombreira ilegal esta como promesa electoral para as próximas eleccións???
❌Non hai cartos???
Dende a Aa VV San Xoán de Grixoa requerímoslle por rexistro ao concello de Santa Comba que fagan o seu traballo de limpeza debido ao risco que supón para viandantes e a conseguinte contaminación do medio ambiente ademáis de reclamar que se fagan as correspondentes pescudas para identificar infractores/as.
👉🏻SE SABEN DA ESCOMBREIRA ILEGAL PÓÑANLLE REMEDIO E SE A DESCOÑECÍAN XA SE DAN POR INFORMADOS A TRAVÉS DE REXISTRO E FAGAN O SEU LABOR.
😡NON POR MIRAR CARA OUTRO LADO SE LIMPA SOA.😡
Farémoslle seguemento dende este momento ata que se erradique.
CONTAREMOS OS DÍAS!!!
💙💙💙💙💙






🔷🔹A COCIÑA QUE PRESIDÍA A VIVENDA. MOBILIARIO DE ANTES.🔹🔷Hoxe imos darlle unha volta aos nomes que se foron perdendo dal...
28/03/2023

🔷🔹A COCIÑA QUE PRESIDÍA A VIVENDA. MOBILIARIO DE ANTES.🔹🔷
Hoxe imos darlle unha volta aos nomes que se foron perdendo dalgúns utensilios e mobles das cociñas de vello.
A cociña era o lugar de reunión da familia, iso pouco cambiou. 😉
E como era unha cociña???
Pois, sacando os días da festa, era onde se cociñaba e se comía pero tamén era onde se gardaban algunhas provisións e, por suposto, o lugar de reunión para charlas animadas entre veciñ@s ao calor do lume 🔥.
Dependendo da economía de cada familia, o mobiliario era sinxelo con materiais como a madeira e o ferro como protagonistas.
👉🏻Estaban os ASENTOS, que se distribuían darredor do lar e estaban presididos polo ESCANO (e non falamos dos do Parlamento).
O banco, xeralmente, estaba reservado para as persoas máis maiores.
👉🏻As CADEIRAS e os TALLOS (asentos sen respaldo) completaban as opcións que había para sentarse.
👉🏻A ARTESA era un dos mobles máis importantes, xa que algunhas veces facía as veces de mesa, servía para amasar e gardar o pan.
👉🏻Pero tamén había casas que preferían a MESA DE LEVANTE OU DE ALZAR, unha táboa rectangular que se abatía se non se estaba a utilizar.
👉🏻Estaba o ALZADEIRO que eran estantes onde se colocaba a louza, vasos, botellas...
👉🏻O CHINEIRO, a NOSA PALABRA PREFERIDA, que era un moble para gardar cubertos, pratos e bandexas.
Ata que chegaron ás casas dos nosos vellos as vaixelas de barro, oa pratos eran de madeira.
👉🏻Na cociña tampouco faltaban os POTES pequenos e un grande coa súa cadea, CAMBALLEIRA ou GRAMALLEIRA para colgalo sobre o lume.
👉🏻As CESTAS🧺 e PAXES ou CANASTROS para conservar as patacas, os SAQUIÑOS para as fabas...
👉🏻O VERTEDEIRO ou FREGADEIRO de pedra empotrado na parede para lavar a louza e os alimentos.
👉🏻O SALGADOIRO ou BAÑO para salgar a carne de porco ou un pouco pescado.
👉🏻Algunhas casas contaban tamén co FORNO para cocer o pan.
👉🏻A LAREIRA onde se prendía o lume.
Para que o fume se canalizase cara a cheminea estaba a CAMBOTA, na que ademáis se curaban as ristras de chourizos (tamén se afumaban aquí cando se acababan de encher), o unto e onde se conservaban os escasos xamóns.
👉🏻A TREPIA para poñer as potas ao lume.
👉🏻O RODO ou TRULLO co que se limpaba a borralla do lar.
👉🏻Nas noites de inverno, colocábanse os tallos e demáis asentadeiros darredor do lume sobre o ANLLAR onde se almacenaba a leña para ir queimando (LEÑEIRA), mentres os vellos contaban historias e raparig@s quedaban durmid@s á caloriña.
📌Que máis utensilios engadiríades aquí???
📌Coñecíades todas estas palabras???
📌Escoitácheselas de cativ@s???
📌Chamádeslle doutro xeito nalgúns casos???
Aquí adxuntamos as portas dun chineiriño que ten os seus aniños e unha mesa que está recén feita por unha persoa moi mañosa que quixo darlle o seu sitio a un recordo que tiña de cando era pequeno.
Dende a Aa VV San Xoán de Grixoa dicirvos que somos moi fans desta xentiña que segue a loitar por manter vivas as tradicións trasladándollas ás novas xeracións.
Escoitarlles falar delas énchenos de orgullo‼️
💙Grazas mil por facernos partícipes!!!💙
Sempre lemos os vosos comentarios ‼️‼️
💙💙💙💙💙






💧22 de marzo. DÍA MUNDIAL DA AUGA.💧A auga é un recurso natural que debemos consumir con responsabilidade.Dende a Aa VV S...
21/03/2023

💧22 de marzo. DÍA MUNDIAL DA AUGA.💧
A auga é un recurso natural que debemos consumir con responsabilidade.
Dende a Aa VV San Xoán de Grixoa aproveitamos q ocasión para deixarvos por aquí uns conselliños que nos permiten aforrar auga.
1. Pechar as billas cando non as esteamos a usar.
2. Revisar periodicamente as billas.
3. Instalar reguladores de caudal de auga.
4. Optimizar o tempo para lavar a louza.
5. Optar por ducharnos en vez de bañarnos.
6. Se podemos, elixiremos electrodomésticos eficientes enerxéticamente.
7. Froitas e verduras, mellor lavadas nun recipiente.
8. Reutilizaremos a auga das verduras para regar.
9. Cambiar o cabezal da ducha por un cun difusor.
10. Regar a primeira hora pola mañá ou pola noite.
CADA GOTA CONTA!!!
💙💙💙💙💙








́aMundialDelAgua

🌳21 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES. 🌳Neste día preténdese crear conciencia sobre a importancia da súa conservac...
20/03/2023

🌳21 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES. 🌳
Neste día preténdese crear conciencia sobre a importancia da súa conservación e as graves consecuencias do avance da deforestación🪵.
👉🏻O lema deste 2023 é "BOSQUES E SAÚDE".
🌳Os bosques axudan a mellorar a calidade do aire que 🫁respiramos. Isto é especialmente importante nas áreas urbanas, onde a contaminación do aire é un grave problema de saúde pública.
🌳Os bosques purifican as augas. As árbores e as plantas axudan a filtrar a auga, eliminando as impurezas reducindo ademáis a erosión do solo. Isto axuda a manter a calidade da auga 💧nos ríos e regatos.
🌳Os bosques tamén son importantes para a recarga dos acuíferos subterráneos, que son unha importante fonte de auga potable en moitas zonas rurais.
🌳Os bosques son esenciais para a conservación da biodiversidade, xa que proporcionan hábitats para unha gran variedade de especies animais e vexetais. A biodiversidade é fundamental para manter a saúde global dos ecosistemas.
🌳Ofrecen igualmente beneficios para a saúde humana. O contacto coa natureza pode reducir o estrés, a ansiedade e a depresión. Os bosques son un lugar tranquilo e relaxante para pasear, camiñar e disfrutar do entorno natural.
Dende a Aa VV San Xoán de Grixoa aproveitamos este día para facer fincapé na importancia de defender os nosos montes das grandes eólicas que pretenden sacrificar a Nosa Terra para seguir engordando as súas fortunas.
Teñamos en conta as especies autóctonas fronte a aquelas que secan o chan e son altamente inflamables.
Démoslle prioridade á recuperación dos nosos soutos e carballeiras!!!
🌳A NOSA TERRA BEN NOLO MERECE!!!
Non condenemos o futuro das novas xeracións!!!🌳
💙💙💙💙💙








🩵💙19 de marzo. DÍA DO PAI. 🩵💙Un ano máis celebramos esta data tan especial. máis afortunad@s felicitaremos ao MELLOR PAI...
18/03/2023

🩵💙19 de marzo. DÍA DO PAI. 🩵💙
Un ano máis celebramos esta data tan especial.
máis afortunad@s felicitaremos ao MELLOR PAI DO MUNDO porque temos a sorte de poder disfrutar da súa compaña.
Noutros casos é un día de felicitacións ao ceo.
Para outros será a primeira vez que sexa homenaxeados.
O que está claro é que tod@s o faremos con orgullo de ser fill@s de quen somos!!!
Un é pai todos os días do ano pero aproveitamos o día de hoxe para agradecer a esa man que nos guía con seguridade, que nos ensina que a vida é máis do que sabemos dela.
Grazas por ser ese referente para as filliñas e ese espello de heroe para os filliños.
Grazas infinitas por ser ese avó cómplice.
Canto abarca o feito de ser pai!!!
Dende a AV San Xoán DE Grixoa resumimos este sentir co dito O MELLOR PAI DO MUNDO É O MEU!!!🩵💙
Ben seguro que independentemente dos motivos que escollades, concordaredes con nós na aplicación da dedicatoria.
MOITOS PARABÉNS PAPÁ, PAPAÍÑO, MEU PAI!!!
💙💙💙💙💙






🎶10 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA GAITA.🎶Esta celebración comezou aló polo 2012.No territorio español temos diferentes ...
09/03/2023

🎶10 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA GAITA.🎶
Esta celebración comezou aló polo 2012.
No territorio español temos diferentes tipos de gaitas:
🟦 A GAITA GALEGA. A nosa preferida 🤩.
🟦 A GAITA ASTURIANA.
🟦 A GAITA DE BOTO (ARAGÓN).
🟦 SAC DE GEMECS (CATALUÑA).
🟦 XEREMIES (MALLORCA).
Dende a AV San Xoán DE Grixoa queremos felicitar a tod@s gaiteir@s e artesáns que fan posible que o resto dos mortais disfrutemos da nosa música tradicional.
Especialmente queremos mandarlles un saúdo moi agarimoso ARTISTAS Jorge Castelo Mourelle , a tod@s e cada un/unha d@s integrantes de Axio Mouro e a Gonzalo Rodriguez Caride que fai posible comprender a gaita dende outra perspectiva musical.
Aquí unha pequena mostra 👇🏻 https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10230443815060776&id=1281001936
Grazas mil a tod@s polo voso traballo, pola loita para a dignificación da nosa cultura musical tradicional e por facer posible que as novas xeracións queiran darlle continuidade á profesión de GAITEIR@!!!
💙💙💙💙💙






💪🏻✊🏻♀️8M♀️✊🏻💪🏻Día adicado á loita pola IGUALDADE, A PARTICIPACIÓN E O EMPODERAMENTO DA MULLER en todos os ámbitos da soc...
07/03/2023

💪🏻✊🏻♀️8M♀️✊🏻💪🏻
Día adicado á loita pola IGUALDADE, A PARTICIPACIÓN E O EMPODERAMENTO DA MULLER en todos os ámbitos da sociedade.
👉🏻O lema deste ano é "Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero".
Co firme convencemento do papel que a sociedade desempeña na loita contra os teitos de cristal, facemos fincapé na importancia da educación en igualdade.
No marco das actividades programadas para este día podedes unirvos ao desafío do compartindo nas RRSS o nome dunha rúa que leve nome dunha muller ou visibilizando a historia dalgunha muller que lograse un reto importante.
♀️Dende a Aa VV San Xoán de Grixoa queremos recordarlle a cada muller, especialmente á muller do rural, que a suor da súa fronte ten o mesmo valor que a do home que traballa ao seu carón.♀️
💙💙💙💙💙
♀️♀️♀️♀️♀️







A ROGA, O TROQUE, A XEIRA OU TORNAXEIRA.A cooperación veciñal era unha práctica moi arraigada no ámbito rural galego. Co...
05/03/2023

A ROGA, O TROQUE, A XEIRA OU TORNAXEIRA.
A cooperación veciñal era unha práctica moi
arraigada no ámbito rural galego. Consistía na axuda recíproca entre veciñ@s dun lugar no desempeño dos
traballos agrícolas, sen que mediase o diñeiro como contraprestación, senón a simple compensación en traballo.
Este apoio comunitario foise perdendo co paso do tempo.
Tod@s escoitamos e vivimos momentos así na vida cotiá.
👉🏻 Axuda no nacemento que se complicaba nos partos dos becerriños.
👉🏻 A herba seca.
👉🏻 Traballos de construción dunha casa...

Na actualidade aínda se pode ver esta axuda en actividades como a posta da horta ou das patacas, a esfolla do millo e cada vez menos nos traballos de ensilado debido á disminución de explotacións gandeiras e a mellora de maquinaria.

Como lle chamades vós a esa colaboración???
💙💙💙💙💙






🔥O LUME COMO REFERENTE NA SABEDORÍA POPULAR.🔥É ben sabido que  galeg@s temos refráns para todo.No caso que nos ocupa hox...
01/03/2023

🔥O LUME COMO REFERENTE NA SABEDORÍA POPULAR.🔥
É ben sabido que galeg@s temos refráns para todo.
No caso que nos ocupa hoxe imos recopilar aqueles que fan referencia ao lume.

🔥"Quen xoga con lume acaba queimándose". Quere dicir que se alguén fai algo perigoso acaba exposto a moitos riscos.
🔥"Botar leña ao lume".
Poñer medios para que un mal sexa máis grande.
🔥"Botar lume polos ollos".
Manifestar furia.
🔥"Poñer a man no lume".
Estar seguro de que o que se xulga é certo.
🔥"Xogar con lume".
Empeñarse por diversión ou imprudentemente naquilo que pode ocasionar dano.
🔥"Fuxir do lume e caer nas brasas".
Procurando evitar un problema, caer noutro.
🔥"Onde houbo lume sempre quedan brasas".
Un reencontro de 2 namorad@s que se reaviva cada vez que se atopan de novo.
🔥"Onde hai lume, sae fume".
Sempre quedan pistas de onde pasou algo.
🔥"Estar entre dous lumes ".
Entre 2 situacións difíciles.
🔥"Apagar o lume con aceite".
Acrecentar máis unha trifulca en vez de aplacala.
🔥"Apagar un lume con outro".
Vingarse dalguén polos mesmos medios.

👉🏻 Sabedes máis refráns que teñan ao lume como protagonista???
Compartídeos con tod@s nós aquí 👇🏻abaixo.
💙💙💙💙💙






💙21 DE FEBREIRO. DÍA DA LINGUA MATERNA.💙Enténdese como lingua materna, a primeira lingua que adquire unha persoa cando n...
20/02/2023

💙21 DE FEBREIRO. DÍA DA LINGUA MATERNA.💙
Enténdese como lingua materna, a primeira lingua que adquire unha persoa cando nace e que máis tarde forma parte da súa vida como ferramenta de comunicación.
Tamén é coñecida como lingua nativa.
A lingua e a cultura galegas foron históricamente oprimidas. Pero hai quen opta por apoiar incansablemente a súa dignificación. ✊🏻💪🏻
Se de algo estamos orgullos@s é da nosa lingua!!!
Neste valado damos fe diso.
Afortunadamente, son moitos os casos nos que a implicación polo amor ao galego fan que sexa aupado e escollido para trasladar mensaxes nas cancións, na poesía, no teatro, na narrativa...
👉🏻A través da música e do ensino, falantes néganse a deixar morrer esta lingua, que tivo e ten grandes expoñentes na literatura como Rosalía de Castro ou Manolo Rivas.
E grazas a exemplos actuais como:
💙As Tanxugueiras ou Baiuca temos a lingua galega presente na nosa música.
💙Rey Rey, María e Xosé Amancio Liñares Giraut achégannos na nosa lingua obras como CRÓNICA DUNHA MORTE ANUNCIADA de Gabriel García Márquez ou VINTE POEMAS DE AMOR E UNHA CANCIÓN DESESPERADA de Pablo Neruda.
💙E dende a AV San Xoán DE Grixoa non queremos deixar pasar esta oportunidade de ouro para renderlle unha merecida homenaxe a todas as nais e avoas que nos cantaron as nanas de cuna EN GALEGO!!!
GRAZAS MIL POR ENTREGARNOS AO SONO E AOS SOÑOS DA MAN DA LINGUA MÁIS FERMOSA. A NOSA!!!
💙Grazas a tod@s galeg@s que estades fóra por acordarvos da vosa terriña co sentimento de MORRIÑA!!!
NON VOS ESQUEZADES QUE O GALEGO MAL FALADO É AQUEL QUE NON SE FALA.
Feliz Día da Lingua Nai a tod@s, especialmente galeg@s!!!
💙💙💙💙💙






📻13 DE FEBREIRO. DÍA MUNDIAL DA RADIO.📻A radio, sen dúbida, marcou un antes e un despois no mundo das comunicacións.O pr...
12/02/2023

📻13 DE FEBREIRO. DÍA MUNDIAL DA RADIO.📻
A radio, sen dúbida, marcou un antes e un despois no mundo das comunicacións.
O principal obxectivo deste día é facer dela un medio interactivo, que fomente o debate para tratar diferentes temas que interesan á comunidade.
Ademais, a radio 📻 ten a vantaxe de chegar a moitos lugares, cousa que non é posible empregando outras tecnoloxías máis modernas.
Dende a Aa VV San Xoán de Grixoa aproveitamos este día para mandarlle un saúdo moi agarimoso a Xosé Manuel Lema Mouzo .
💙Parabéns por saber facer do emblemático programa NA ENCRUCILLADA o programa de tod@s.
💙Grazas por facernos partícipes das realidades que nos importan aos veciños.
💙A través deste valado queremos agradecerche cada minuto que invertiches no noso entretemento, o apoio aos empresarios e asociacións ás que facilitaches unha plataforma para coñecernos mellor entre veciñ@s e cara fóra.
❌A eliminación deste espazo pareceunos unha decisión política errada e que FOI EN CONTRA DOS INTERESES INFORMATIVOS d@s xalleir@s.
Grazas mil Xosé Manuel LEMA pola túa inestimable aportación á radio a través de NA ENCRUCILLADA, que se puxo a andar aló polo 2000.
Logo se dí, pero foron moitos anos, ata setembro do 2022.
👉🏻Falamos en nome de moit@s veciñ@s cando dicimos que botamos de menos dita programación, profesionalidade e rigurosidade que nos ACOMPAÑABA (en pasado) cada día!!!
❌Recordemos que o equipo de goberno de Santa Comba, coa alcaldesa ao fronte, decidiu que a radio de tod@s non podía estar máis que ao servizo do PP como ferramenta propagandística da súa particular política.
PÚXOSELLE FIN Á PLURALIDADE QUE TANTO SE DEFENDEU!!!
Dende que o goberno de Santa Comba tomou tal decisión, aquela xente que gozábamos da programación vímonos privad@s do que se entendía como a radio de tod@s.
Un espazo que tiña cabida para temas diversos de actualidade, de música variada, de entrevistas interesantes...
Neste día tan especial, reclamamos que volte NA ENCRUCILLADA e que se deixe de utilizar a radio 📻 para intereses partidistas do PP e d@s seus/súas soci@s.
ABONDA XA DE CENSURA!!!
💙💙💙💙💙







Dirección

Santa Comba
15845

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Aa VV San Xoán de Grixoa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Aa VV San Xoán de Grixoa:

Compartir