27/09/2024
En Decembro do ano pasado, no III Outono Agroecolóxico falamos da Red de Municipios por la Agroecología Isto é unha mui boa nova:
"O consenso de BNG, PP e do integrante socialista do Grupo Mixto volveu darse na votación sobre a entrada de San Sadurniño na Rede de Municipios pola Agroecoloxía, unha entidade aberta a concellos, mancomunidades e entidades públicas e privadas que funciona como punto de encontro e intercambio de ideas de cara ao desenvolvemento de accións relacionadas coa soberanía alimentaria e o desenvolvemento sostible. San Sadurniño integrarase nesta rede de ámbito estatal como continuación das políticas neste sentido que xa se están poñendo en práctica, como por exemplo o centro de transformación A Fusquenlla, a horta de conservación de froiteiras ou os programas feirais e formativos relacionados co sector primario."
O Concello de San Sadurniño celebrou onte á tardiña un pleno atípico. E é que todos os puntos foron aprobados sen ningún voto en contra, que é distinto de saír adiante por unanimidade, aínda que tamén a houbese nalgúns deles. Así, a corporación resolveu favorablemente a acta da sesión ...