Asociación gandeira Prolega

Cómo llegar

Asociación gandeira Prolega Páxina oficial da Asociación de produtoras e produtores de leite en Galicia (PROLEGA), creada para defender os intereses da produción leiteira galega.

Entidade sen fins de lucro creada para defender os intereses da gandeiría de leite en Galicia.

A Asociación de Gandeiros Prolega, gracias ao apoio da Deputación da Coruña (actividade subvencionada pola Deputación) l...
04/02/2026

A Asociación de Gandeiros Prolega, gracias ao apoio da Deputación da Coruña (actividade subvencionada pola Deputación) levou a cabo durante o ano 2.025 un proxecto entre os seus socios denominado “Asesoramento para a Avaliación, Mellora da Calidade do Leite e Control de Custos de Produción en Explotacións Gandeiras. Valorización da Produción de Leite”. É esta unha acción que cumpre cunha das bases pola que se constituiu a asociación, lograr unha mellora tanto na calidade do leite producido como nos custos de produción e no valor de venda deste produto en mercado, aos efectos de incrementar a rentabilidade anual das explotacións gandeiras integradas na asociación.
En próximas datas plantexaremos novos proxectos para o presente ano 2.026, dos que manteremos informados aos socios de cara a sumarse aos mesmos.

18/08/2025

Bo dia.
Dende a asociación estamos intentanto colaborar ca xente que perdeu todo por culpa do lume. Xa levamos varios dias de contacto ca xente afectada. Queremos colaborar pero facelo da mellor maneira posible, para poder chegar a todos os perxudicados. Para xoves estamos invitados a unha xuntanza, donde van estar os alcaldes dos concellos afectados, gandeiros e asociacions dispostas a colaborar. Despois desa reunión decidimos para donde enviar forraxe ou calquer outra cousa. Si calqueira persoa quere colaborar, que se poña en contacto con nós, e xa os vamos informando do que se vai facer.
Ánimo compañeiros/as 💪💪💪
[email protected]
636884861

14/02/2025

Subvencións de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas (PEL-Autónomos/as/2025)

Obxectivo
Sufragar parte das cotas da seguridade social correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia do ano 2025 de persoas autónomas nos meses que non reciben outras axudas concedidas por entidades ou organismos públicos ou privados.
A finalidade de estas axudas é o fomento do emprendemento e o traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 10.000 habitantes.

Persoas beneficiarias
Persoas autónomas que non reciban na anualidade 2025 ningunha axuda ou concepto similar por parte de ningunha entidade ou organismo público para sufragar as cotas correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social e reúnan con anterioridade á data de publicación da convocatoria os seguintes requisitos:
¾ Ter o domicilio fiscal nun Concello da provincia da Coruña de poboación menor a 10.000 habitantes conforme os datos máis recentes dispoñibles no Instituto Galego de Estadística e segundo o recollido no Certificado de situación censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
¾ Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social.
¾ Estar dado de alta como titular en algunha actividade empresarial e constar recollida no Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria.
¾ Non ser beneficiario na anualidade 2024 de ningunha das axudas PEL-AUTÓNOMOS/AS e PEL-AUTÓNOMOS/AS CONSOLIDADOS/AS.

Gastos subvencionables
As cotas mensuais das persoas autónomas correspondentes ao ano 2025.

Período subvencionable
Subvencionaránse exclusivamente as cotas mensuais correspondentes a anualidade 2025.

Prazos
Prazo de solicitude: o 17/02/2025, ás 09 :00 horas ata o 17/03/2025, ás 14 :00 horas.

Tipoloxía
Concorrencia competitiva: si
PRTR: non
Fondo perdido: si

Cantidade
A axuda consistirá nunha contía fixa de 200 € por cada mes nos que se cumpran os requisitos ata un máximo de 12 meses e un mínimo de 6 meses correspondentes ao período subvencionado 2025 conforme ao seguinte cadro:

Contía máxima correspondente a 12 meses
2.400 €
Contía correspondente a 11 meses
2.200 €
Contía correspondente a 10 meses
2.000 €
Contía correspondente a 9 meses
1.800 €
Contía correspondente a 8 meses
1.600 €
Contía correspondente a 7 meses
1.400 €
Contía mínima correspondente a 6 meses
1.200 €

14/02/2025

Subvencións á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas (PEL-PEMES CRE/AMP 2025)

Obxectivo
Subvencións á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas.

A finalidade destas subvencións é apoiar ás pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas dos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes para a contratación laboral dun/dunha traballador/a.

Persoas beneficiarias
Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, promotoras de iniciativas empresariais que estén desenvolvendo unha actividade con ánimo de lucro.

Gastos subvencionables
Os custos salariais e de seguridade social da contratación dun/dunha traballador/a a xornada completa ou parcial durante un período máximo de 12 meses dentro da anualidade 2025.

Os gastos subvencionables comprenden os soldos e salarios, as cotas á Seguridade Social, así como outros gastos sociais relativos á incapacidade temporal (IT) da persoa traballadora ou en situación de descanso por nacemento, adopción, acollemento, risco durante o embarazo, risco durante a lactación natural ou suspensión por paternidade, exercicio corresponsable do coidado do menor ou da menor lactante, a cargo do empresario.

Período subvencionable
O período subvencionable comprenderá gastos salariais e de seguridade social das contratacións iniciadas na anualidade 2025 e que teñan unha duración mínima de 6 meses.

Prazos
Prazo de solicitude: do 17/02/2025 , ás 09 :00 horas ata o 17/03/2025, ás 14 :00 horas.

Tipoloxía
Concorrencia competitiva: si
PRTR: non
Fondo perdido: si

Cantidade
A contía máxima da subvención a conceder será o 70% do orzamento de gastos co límite de 15.000,00€ para as contratacións a xornada completa ou a parte proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a xornadas parciais iguais ou superiores do 50% da xornada ordinaria.

14/02/2025

Axudas para o ano 2025 da Liña 2.1. PEL Emprende Investimento a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 10.000 habitantes a través do apoio ao investimento en bens inventariables de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas en calquera das modalidades xurídicas existentes.

Persoas beneficiarias
Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, promotoras de iniciativas empresariais que estean desenvolvendo unha actividade con ánimo de lucro.

Gastos subvencionables
Terán a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña, aqueles gastos que resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento da/s actividade/s dada/s de alta no Certificado de situación censual tido en conta no acto de concesión e que se atopen dentro dos seguintes códigos de concepto de gasto:

Conta
Descrición da conta
206
Aplicacións informáticas
Nesta conta considerarase exclusivamente o importe satisfeito pola propiedade ou polo dereito ao uso de programas informáticos adquiridos a terceiros.
213
Maquinaria
Conxunto de máquinas ou bens de equipo mediante os cales se realiza a extracción, elaboración dos produtos ou prestación de servizos.
216
Mobiliario
Mobiliario, material e equipos de oficina, coa excepción dos que deban figurar na conta 217.
217
Equipos para procesos de información
Computadores e demais conxuntos electrónicos.

Con carácter xeral, quedan EXPRESAMENTE EXCLUÍDAS en todos os conceptos contables as instalacións, os mantementos, portes, obras, reformas, reparacións, cubertas, carpas, alugueres, rotulacións, instalacións técnicas de climatización, iluminación ou telecomunicacións, páxinas web, hosting, dominios, mantementos das aplicacións informáticas, fundas de elementos subvencionables, protectores de pantalla, subscricións anuais, canóns, elementos de transporte, material funxible, prendas textís, artigos de decoración, espellos, televisores, reloxos intelixentes, elementos de iluminación, aparellos de climatización, sistemas de seguridade, telefonía, teléfonos móbiles, routers e aspiradores de limpeza.

Período subvencionable
Os investimentos subvencionables serán aqueles realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.

Prazos
Prazo de solicitude: á do 17/02/2025 , ás 09 :00 horas ata o 17/03/2025, ás 14 :00 horas.

Tipoloxía
Concorrencia competitiva: si
PRTR: non
Fondo perdido: si

Cantidade
As entidades poderán presentar un orzamento mínimo de gasto* de 3.500,00 € e un máximo de 25.000,00 €, do cal poderán solicitar, como máximo, o 70%.

*No orzamento do gasto se considerará excluído o IVE no caso de que sexa susceptible de recuperación ou compensación pola entidade.

14/02/2025

Subvencións para o mantemento da contratación en pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas no ano 2025 (PEL-PEMES/MANT 2025)

Obxectivo
Subvencións para o mantemento do posto de traballo indefinido creado ao abeiro da axuda PEL-Pemes Creación e Ampliación 2024.

A finalidade das subvencións é apoiar ao tecido empresarial provincial para o mantemento do posto de traballo laboral indefinido creado con cargo ás axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (PEL-Pemes Creación e Ampliación 2024).

Persoas beneficiarias
Beneficiarias da subvención PEL-Pemes Creación e Ampliación 2024, que realizaron a contratación obxecto desa axuda de maneira indefinida inicialmente ou foi transformada a indefinida.

Gastos subvencionables
Os custes salariais e de seguridade social do mantemento no ano 2025 do posto de traballo subvencionado a través da convocatoria PEL-Pemes Creación e Ampliación 2024, que teña sido creado inicialmente como indefinido ou transformado a indefinido.

Os gastos subvencionables comprenden os soldos e salarios, as cotas á seguridade social , así como outros gastos sociais relativos á incapacidade temporal (IT) da persoa traballadora ou en situación de descanso por nacemento, adopción, acollemento, risco durante o embarazo, risco durante a lactación natural ou suspensión por paternidade, exercicio corresponsable do coidado do menor ou da menor lactante, a cargo do empresario.

Período subvencionable
O período máximo subvencionable será de 12 meses, de xaneiro a decembro de 2025.

Prazos
Prazo de solicitude: do 17/02/2025 , ás 09 :00 horas ata o 17/03/2025, ás 14 :00 horas.

Tipoloxía
Concorrencia competitiva: si
PRTR: non
Fondo perdido: si

Cantidade
A contía máxima da subvención a conceder será o 50% dos custes estimados do mantemento da contratación co seguinte límite:

Importe do orzamento de gastos
Mínimo: 2.000 €
Máximo: 22.000 € (colectivo vulnerable) 20.000 € (colectivo non vulnerable)
Importe da subvención a conceder
Mantemento dun contrato indefinido a xornada completa no que a persoa contratada pertenza a algún dos colectivos vulnerables (inscrito como desempregado de longa duración nos Servizos Públicos de Emprego, muller, menor de 30 anos, maior de 45 anos ou persoa con diversidade funcional):
Mínimo: 1.000 €
Máximo: 11.000 €
Mantemento dun contrato indefinido a xornada completa:
Mínimo: 1.000 €
Máximo: 10.000 €

A Asociación de Gandeiros Prolega, gracias ao apoio da Deputación da Coruña (actividade subvencionada pola Deputación) l...
15/01/2025

A Asociación de Gandeiros Prolega, gracias ao apoio da Deputación da Coruña (actividade subvencionada pola Deputación) levou a cabo durante o ano 2.024 un proxecto entre os seus socios denominado "Dosificación e control da fertilización orgánica con xurros e estercos en cultivos asociadosa explotacións gandeiras. Mantemento da calidade da auga e prevención da contaminación de fontes, rios e cursos de auga"
É esta unha acción que cumpre cunha das bases pola que se constituiu a asociación, lograr unha mellor integración das ganaderías co medioambiente.
En próximas datas plantexaremos novos proxectos para o presente ano 2.025, dos que manteremos informados aos socios de cara a sumarse aos mesmos.

01/06/2024
15/03/2024

As gandarías españolas de vacún de leite emiten de media 1,1 quilogramos de dióxido de carbono (CO2) por litro de leite producido, na media de países da contorna como Francia, aínda que cunha importante variación entre granxas, en función da eficiencia no manexo da explotación, e independen...

Dirección

Centro Municipal De Empresas De San Sadurniño
San Saturnino
15560

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación gandeira Prolega publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir