14/10/2025
🎃🕯 O SAMAÍN MÁIS ESPERADO VOLVE A A SEARA! 🕸🧟♂️
Prepárate para unha semana chea de misterio, creatividade e medo do bo!
🧛♀️ O sábado 25 comezamos a ambientar o pobo... e non o recoñecerás cando escureza. Preparamos os decorados, repartimos os equipos e quentamos motores cunha boa chocolatada para todas as idades.
Porque aquí, ata poñer unha tebra é cousa seria!
📖 E o venres 31...
🌕 Ás 20:00 h, o terror tómase en serio coa participación especial de Uxía Morán, recoñecida actriz e contacontos que nos visita por segundo ano consecutivo. Co seu estilo único e comprometido, fará que grandes e pequenos viaxen por historias escalofriantes cheas de maxia, reflexión e humor negro.
Un espectáculo que ninguén debería perder, tanto se tes 5 coma se tes 85!
🍪 Seguiremos con merenda terrorífica, e remataremos cunha comparsa do terror polas rúas da Seara. Trae o teu disfraz máis atrevido ou deixa que a noite te transforme...
💀 Porque o Samaín na Seara non é só para cativos…
É unha experiencia colectiva onde a comunidade revive a súa imaxinación máis escura para facerse forte fronte ao inverno.
🔮 VÉMONOS NO FONDO DO POBO... SE TE ATREVES.