15/04/2026
Melloras na operatividade e funcionalidade nas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.
En nome da AVPC de Salceda de Caselas queremos mostrar o noso agradecemento publicamente á Deputación de Pontevedra, trala concesión duhna Subvención, que dito organismo concede as Agrupacións de Voluntarios de toda a provincia.
Por unha banda,dita achega, é moi ben recibida, é moi necesaria para o noso desenvolvemento e a mellora dos recursos, para estarmos mellor equipados e ter máis funcionalidade, xa sexa en material técnico ,loxístico e tamén moi importante, a nivel persoal, coa adquisición de Equipos de protección individual(EPIS).
Por outra banda,grazas a esta axuda, podemos permitirnos cubrir a necesidade de incorporar e renovar no noso equipamento persoal, uns traxes de auga máis resistentes, específicos e actualizados, para as intervencións e operativos que se desenvolven no medio natural e rural, no que se require unha especial protección, como son os servizos á cidadanía ó aire libre e cando se dan circunstancias atmosféricas adversas,tales como chuvia e vento, saraiba, xiadas e demais inclemencias do tempo, cando saímos a un operativo, uhna emerxencia na que estamos expostos moito tempo a interperie, algún rescate ou incidencia nas estradas, ou calquera operativo que requira exporse directamente durante un longo periodo de tempo, e igualando os estandares de seguridade dos corpos profesionais, con equipos homologados e certificados.Grazas a adquisición destes traxes, co seu correspondente calzado, a partires de agora , estaremos mellor protexidos e mais seguros, xa que reunen as características axeitadas para este fin.
Ademias destes EPIS,tamén se adquiriu un traxe de intervención ignífugo completo, con casco e botas , para operativos en incendios urbanos e forestais, por mor das vagas de lumes que están sendo cada vez máis agresivas, e nas que cada vez se nos require con máis frecuencia.
Consideramos que éste é un gran avance para poder dar uhna resposta máis efectiva cara a veciñanza.
Sen esquecer tamén,mención e agradecementos a empresas colaboradoras, por faciltarnos dito material, a súa boa xestión e empatía con nós. Pontevedra Civil