04/05/2026
A Festa da Fartura entra nun parón indefinido tras anos de celebración e encontro.
A Festa da Fartura, unha cita que durante estes anos se consolidou como espazo de convivencia, promoción da gastronomía e celebración da identidade local.
Ao longo das súas edicións, a Festa da Fartura foi posible grazas ao compromiso colectivo e converteuse nun punto de encontro para veciños, veciñas e visitantes, fomentando a participación social e o valor das tradicións.
Desde a organización explícase que esta decisión non responde a un adeus definitivo, senón á necesidade de facer unha pausa para reflexionar, avaliar o camiño percorrido e analizar con calma o futuro do evento, tendo en conta as circunstancias actuais.
A organización quere aproveitar esta comunicación para agradecer publicamente o esforzo e a implicación de todas as persoas colaboradoras, así como o apoio do público participante, que fixeron posible que a Festa da Fartura chegase a ser o que foi ao longo dos anos.
A lembranza da Festa da Fartura queda presente como parte da memoria colectiva, á espera de tempos e condicións que permitan, se así se considera, retomar esta celebración.