16/01/2026
⚓ Memoria mariñeira compartida
Hoxe tivo lugar a presentación do libro “O Pósito de Pescadores de Carreira-Aguiño (1924-1944). Unha aproximación histórica ó litoral de Arousa Norte”, do autor Daniel Bravo, nun acto enmarcado no centenario da Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño.
Unha oportunidade para afondar na nosa historia, poñer en valor o traballo das xeracións que nos precederon e reforzar o compromiso coa conservación da memoria mariñeira de Carreira e Aguiño.
Grazas a todas as persoas asistentes e entidades colaboradoras por formar parte deste encontro.
📍 Recinto da Lonxa de Aguiño
Concello de Ribeira Xunta de Galicia