ANPA Picapeixe Cedeira

Llamar Cómo llegar Contactar con la organización

ANPA Picapeixe Cedeira Asociación de Pais e Nais de Alumnos do CEIP "Nicolás del Río", Cedeira (A Coruña)

Marabillosa a charla ofrecida por hoxe da gran María Couso. Agradecidas pola vosa asistencia.😊😊😊🧠📲💻🖥️
15/10/2026

Marabillosa a charla ofrecida por hoxe da gran María Couso. Agradecidas pola vosa asistencia.
😊😊😊🧠📲💻🖥️

☕💚 CRIAR EN TRIBO É MÁIS DOADO! 💚☕Familias, temos unha proposta para vós! 🥰Queremos poñer en marcha un espazo mensual de...
15/10/2026

☕💚 CRIAR EN TRIBO É MÁIS DOADO! 💚☕

Familias, temos unha proposta para vós! 🥰

Queremos poñer en marcha un espazo mensual de encontro, reflexión e aprendizaxe compartida, no que poidamos falar sobre a crianza, resolver dúbidas e adquirir ferramentas para afrontar os retos que aparecen na educación dos nosos fillos e fillas. 🧒👧

💬 Que temas vos preocupan? Que vos gustaría tratar nestes encontros?

Queremos escoitarvos! Por iso, animámosvos a contactar coa ANPA para cubrir un pequeno formulario e así coñecer os vosos intereses e necesidades. A vosa participación é fundamental para dar forma a esta proposta.

☕ Haberá café, infusións e petiscos para compartir.
🎁 Será unha actividade totalmente gratuíta.
🤝 Un espazo para compartir experiencias, aprender xuntas e sentir que non estamos soas nesta aventura de educar.

Sabemos que ás veces é difícil chegar a todo, que a crianza trae novos retos e que a educación está en constante cambio. Pero, con ferramentas axeitadas, acompañamento e unha rede na que apoiarnos, todo pode ser un pouquiño máis doado. 💚

✨ Cantas máis familias participemos, máis posibilidades teremos de facer realidade esta proposta mensual!

Porque non se trata de ser familias perfectas, senón de contar con recursos para acompañar mellor os nosos nenos e nenas.

📩 Ponte en contacto coa ANPA, cobre o formulario e axúdanos a construír este espazo entre todas e todos!

A túa voz conta. A túa participación suma. 💚

CrianzaEnTriboo AprenderXuntas FamiliasQueSuman

Mañá é o día e contaremos con SERVIZO DE CONCILIACIÓN PARA AS FAMILIAS QUE O PRECISEN.
14/10/2026

Mañá é o día e contaremos con SERVIZO DE CONCILIACIÓN PARA AS FAMILIAS QUE O PRECISEN.

Primeira cita neste curso. Unha charla moi interesante e necesaria nestes tempos de redes sociais, videoxogos online e infancia. María Couso informará ás familias e resolverá as posibles dúbidas que teñades.
Estades todas convidadas a asistir ó vindeiro 15 de outubro na Biblioteca Carlos Labraña do CEIP NICOLÁS DEL RÍO DE CEDEIRA.

Primeira cita neste curso. Unha charla moi interesante e necesaria nestes tempos de redes sociais, videoxogos online e i...
18/09/2026

Primeira cita neste curso. Unha charla moi interesante e necesaria nestes tempos de redes sociais, videoxogos online e infancia. María Couso informará ás familias e resolverá as posibles dúbidas que teñades.
Estades todas convidadas a asistir ó vindeiro 15 de outubro na Biblioteca Carlos Labraña do CEIP NICOLÁS DEL RÍO DE CEDEIRA.

RECORDADE QUE O PRAZO DE INSCRICIÓN COMEZA O VENRES 18 ÁS 9:00. AS SOLICITUDES QUE RECIBAMOS ANTES NON SON VÁLIDAS. POR ...
16/09/2026

RECORDADE QUE O PRAZO DE INSCRICIÓN COMEZA O VENRES 18 ÁS 9:00. AS SOLICITUDES QUE RECIBAMOS ANTES NON SON VÁLIDAS. POR FAVOR, TOMADE NOTA. ACEPTAMOS AS INSCRICIÓN SÓ A TRAVÉS DO NOSO CORREO ELECTRÓNICO [email protected]
GRAZAS!

Estimadas familias,
Poñémonos en contacto con vós para informarvos sobre o proceso de inscrición nas actividades extraescolares organizadas pola ANPA Picapeixe para este curso.
Por favor, tede en conta os seguintes puntos importantes:
Apertura de inscricións: O prazo abrirase o vindeiro 18 de setembro ás 9:00. Non se aceptarán solicitudes enviadas antes desa hora.
Canle de inscrición: As solicitudes realizaranse unicamente por correo electrónico no enderezo [email protected].
Criterio de asignación: Debido a que algunhas actividades teñen prazas limitadas, as inscricións asignaranse por estrita orde de recepción dos correos.
Documentación e horarios: As follas de inscrición, a oferta completa de actividades e os correspondentes horarios entregaranse ao alumnado ao longo desta xornada para que leven á casa.
Publicación de listas: As listas coas persoas inscritas e, de ser o caso, os que queden en lista de agarda, publicaranse o día 23 de setembro no centro escolar, concretamente na secretaría (na zona reservada para a ANPA).
Agradecemos de antemán a vosa colaboración e comprensión co procedemento para facilitar a organización.
Moitas grazas e bo inicio de curso!
Atentamente,
ANPA Picapeixe

Estimadas familias,Poñémonos en contacto con vós para informarvos sobre o proceso de inscrición nas actividades extraesc...
11/09/2026

Estimadas familias,
Poñémonos en contacto con vós para informarvos sobre o proceso de inscrición nas actividades extraescolares organizadas pola ANPA Picapeixe para este curso.
Por favor, tede en conta os seguintes puntos importantes:
Apertura de inscricións: O prazo abrirase o vindeiro 18 de setembro ás 9:00. Non se aceptarán solicitudes enviadas antes desa hora.
Canle de inscrición: As solicitudes realizaranse unicamente por correo electrónico no enderezo [email protected].
Criterio de asignación: Debido a que algunhas actividades teñen prazas limitadas, as inscricións asignaranse por estrita orde de recepción dos correos.
Documentación e horarios: As follas de inscrición, a oferta completa de actividades e os correspondentes horarios entregaranse ao alumnado ao longo desta xornada para que leven á casa.
Publicación de listas: As listas coas persoas inscritas e, de ser o caso, os que queden en lista de agarda, publicaranse o día 23 de setembro no centro escolar, concretamente na secretaría (na zona reservada para a ANPA).
Agradecemos de antemán a vosa colaboración e comprensión co procedemento para facilitar a organización.
Moitas grazas e bo inicio de curso!
Atentamente,
ANPA Picapeixe

Estimadas familias:Queremos lembrarvos que no servizo de madrugadores seguimos apostando firmemente pola saúde dos voso ...
07/09/2026

Estimadas familias:
Queremos lembrarvos que no servizo de madrugadores seguimos apostando firmemente pola saúde dos voso fillos e fillas. Como sabedes, levamos xa dous cursos ofertando almorzos saudables, baseados en alimentos frescos, froita, cereais integrais e lácteos sen azucre, reducindo ao mínimo os produtos ultraprocesados que ás veces usamos na casa polas présas diarias. Queremos informarvos de que esta liña que iniciamos no seu día conta agora co respaldo da nova lei de comedores escolares, vixente desde abril de 2026 segundo as directrices da Unión Europea. Como ANPA, temos a obriga legal e o compromiso de seguir esta normativa para garantir unha nutrición óptima. Agradecemos de corazón a vosa confianza e colaboración para seguir consolidando estes hábitos tan beneficiosos para o seu futuro. Un saúdo afectuoso, a Xunta Directiva da ANPA

Bos días. Estas son as actividades extraescolares que se van ofertar este ano. Como todos os anos, levaranse a cabo toda...
06/09/2026

Bos días. Estas son as actividades extraescolares que se van ofertar este ano. Como todos os anos, levaranse a cabo todas sempre e cando haxa un mínimo de nenos apuntados.

O prazo de inscrición aínda non está aberto.. a primeira semana de colexio publicaremos a folla de inscrición e nen@s levarán a información na mochila para a casa.

Unha vez que se abra o prazo de inscrición, haberá que cubrir o formulario e envialo ao correo [email protected].

Faranse os grupos por orde de chegada da inscrición.

Calquera dúbida, contactade co móbil do ANPA. Podedes compartir o horario con quen queirades.

Grazas e bo domingo ☺️

🎬☀️ **SERÁN DE CINE DE VERÁN!** 🌙🍿Este domingo **23 de agosto**, convidámosvos a g***r dunha tarde-noite de cine en fami...
21/08/2026

🎬☀️ **SERÁN DE CINE DE VERÁN!** 🌙🍿

Este domingo **23 de agosto**, convidámosvos a g***r dunha tarde-noite de cine en familia no **Auditorio de Cedeira**. 🎥✨

🕗 **Ás 20:00 h**
📍 **Auditorio de Cedeira**
🎟️ **Entrada gratuíta para as socias da ANPA Picapeixe**
💶 **3 € para as persoas non socias**

Un plan perfecto para despedir o verán con cine, risas e familia. ❤️

**Agardámosvos! 🍿🎬**

CineEnFamilia

Dirección

Calle José Pascual López Cortón
Cedeira
15350

Teléfono

+34624611386

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ANPA Picapeixe Cedeira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a ANPA Picapeixe Cedeira:

Atajos

Compartir