ANPA do IES "Río Miño" de Rábade

ANPA do IES "Río Miño" de Rábade Páxina para información das nais e pais do IES Río Miño de Rábade

24/10/2025

🍄 CURSO DE MICOLOXÍA

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño, organizan un curso gratuíto de MICOLOXÍA.

A formación levarase a cabo o 🗓 DOMINGO 2 de novembro de 2025 en horario de ⏰ 10.00 a 14.00 horas na 𝐀𝐮𝐥𝐚 𝐝𝐚 𝐍𝐚𝐭𝐮𝐫𝐞𝐳𝐚 (situada ó lado do Centro Médico 🏥 de Begonte).

As prazas son limitadas, polo que se deberá realizar a inscrición 📝, ben presencialmente nas oficinas do Concello de Begonte (de 9.00 a 14.30h) ou por teléfono no ☎ 982 39 61 43.

24/10/2025

𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎 𝐃𝐄 𝐂𝐔𝐋𝐓𝐈𝐕𝐎 𝐃𝐄 𝐄𝐒𝐏𝐄𝐂𝐈𝐄𝐒 𝐀𝐑𝐁𝐎𝐑𝐄𝐀𝐒 𝐅𝐑𝐎𝐈𝐓𝐄𝐈𝐑𝐀𝐒 🌳

📅 Sábado 25 de outubro ás 10:00 h
📍 Aula da Natureza do Concello de Begonte
👉 20 prazas por orde de inscrición (preferencia empadroad@s).

🍏 O curso "Cultivo de especies arbóreas froiteiras" ofrece formación práctica sobre o establecemento e manexo sostible de frutais adaptados ao clima húmido de Begonte.

🍐 Preténdese capacitar ás persoas participantes na elección das especies máis axeitadas, técnicas de manexo ecolóxico e avaliación da rendibilidade.

🍒 Promóvese o respecto polo medio e o aproveitamento racional dos recursos locais.

A iniciativa enmárcase dentro das accións para o impulso de actividades sostibles na Reserva da Biosfera Terras do Miño, fortalecendo o desenvolvemento rural e a innovación agroforestal.

🔗 Máis info e inscricións:
📧 [email protected]
📞 618 70 94 73 / 982 39 61 43

🌍 Xuntos seguimos promovendo un futuro sostible para o noso medio ambiente! 🌱

Dirección

Rúa Rosalía De Castro S/n
Rábade
27370

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ANPA do IES "Río Miño" de Rábade publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a ANPA do IES "Río Miño" de Rábade:

Compartir