11/08/2026
❗️A última charla de "MIRAR O CEO DESDE RÁBADE" hoxe, ás 20:30, na Casa das Insuas! Non vola perdades, vai ser unha preparación inmellorable para desfrutar da eclipse de mañá!
Aproxímase o final do noso ciclo de charlas "MIRAR O CEO DESDE RÁBADE", e como non podía ser doutro xeito remataremos cunha viaxe ao fascinante mundo das eclipses da man de José Edelstein! Mañá martes ás 20:30 na Casa das Insuas; seguide lendo para máis información sobre a charla!
☀ Pasado mañá, o día 12 de agosto ás 20:27 con 55 segundos, o Sol desaparecerá tras o disco lunar para a veciñanza de Rábade durante 88 segundos. Poderíamos telo predito a finais do século XVII e, sen embargo, ata apenas unhas horas antes non estaremos seguros de que unhas nubes pasaxeiras non estropeen o espectáculo. A extraordinaria fortuna de vivir nun planeta no que hai eclipses totais de Sol permitiunos realizar numerosos descubrimentos; o máis famoso deles fai pouco máis dun século. Nesta charla, percorreremos algúns momentos estelares da historia da ciencia iluminados, paradoxicamente, por estes breves intres de escuridade nos que o Sol se agocha coa mesma maxestosidade coa que emerxe pouco máis tarde.
👨🏻🏫 José Edelstein é profesor de física teórica na Universidade de Santiago de Compostela e investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Ademais dunha ampla traxectoria científica, con 75 artigos publicados e que o levou desde a súa Arxentina natal (Universidad Nacional de La Plata) a Santiago pasando por Harvard (EEUU), é un dos principais divulgadores no eido da física no mundo de fala hispana. Autor dos libros “La tiranía del azar” (Debate, 2025), “Trece maneras de mirar el cielo” (Plataforma, 2025), "Antimateria, magia y poesía” (Debate, 2021), ”Einstein para perplejos” (Debate, 2017) e ”Cuerdas y supercuerdas” (RBA, 2016), o seu traballo de comunicación científica recibiu o premio da “Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología” no 2012, o Premio Raíces do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía de Arxentina en 2018 e o prestixioso Prismas en 2019 e 2023. Participa regularmente no podcast “Coffee Break: Señal y Ruido”, gañador do premio iVoox en 2022 e 2023. É ademais co-creador da plataforma de contido científico “Amautas”. A súa charla, a noite previa ao eclipse, vai ser a preparación perfecta para desfrutar ao máximo do evento histórico que nos agarda o día 12, así que non vola perdades!