31/01/2026
📢 Desde Abrente queremos visibilizar a situación do bus escolar As Pontes–Ferrol
Actualmente 32 alumnos/as dependen a diario deste transporte para acudir aos seus centros educativos de Ferrol: Escola de Enxeñaría Industrial de Ferrol, IES Rodolfo Ucha Piñeiro, IES Concepción Arenal, IES Leixa, CIFP Ferrolterra e IES Ricardo Carvalho Calero…
Debido á folga de transportes, o servizo non se está prestando con normalidade, o que está provocando que moitos estudantes non teñan alternativa para asistir ás aulas, xerando un importante trastorno para as familias.
Entendemos e respectamos o dereito á folga e á reivindicación laboral, pero tamén consideramos necesario ter en conta o impacto que esta situación está a causar no alumnado e nas súas familias.
Por iso, solicitamos ás administracións e a quen corresponda que tomen medidas e traballen para atopar unha solución canto antes.
Pedimos tamén a colaboración destes centros educativos para que xustifiquen as faltas do alumnado cando o bus non poida realizar o servizo, aceptando os xustificantes emitidos pola empresa de transporte, xa que se trata dunha causa totalmente allea ás familias.
Agradecemos a difusión. Grazas.
La coordinadora de Anpas de As Pontes explica que 32 estudiantes tienen problemas para ir a su centro educativo a Ferrol al no disponer del servicio