18/03/2026
💬 FALARMOS... NÓS!
Hoxe iniciamos nova actividade! Todos os mércores, de 20:00 h. a 21:00 h. reunirémonos na Biblioteca para conversar en galego!
Impulsado pola Área de Lingua da Deputación da Coruña, trátase dun grupo de conversa en galego, para todo aquel que desexe empregar máis a nosa lingua no seu día a día ou mellorar a súa expresión oral nun ambiente acolledor e sen presións. Non require de ningún nivel inicial!
Podedesvos inscribir chamando ao teléfono 981 10 25 62.
Comezaremos o 18 de marzo! Animádevos! 😊