Recuperar o noso monte. As Cortellas, Padróns

Recuperar o noso monte. As Cortellas, Padróns Podemos decir q a UNIÓN FAI A FORZA, e ben alto, q nos sentimos orgullosos do noso paraíso, AS CORTELLAS, imos amosarvos como loitamos polos nosos montes

O noso Galleiro ardendo de novo 😡O corazón encollido unha vez máis, a rabia, a impotencia de quen non lle doe o de todos...
06/04/2026

O noso Galleiro ardendo de novo 😡
O corazón encollido unha vez máis, a rabia, a impotencia de quen non lle doe o de todos, o noso pasado, presente e futuro 🌳🔥
Por favor, moito coidado a tod@s que estades subindo a protexer 👨‍🚒 🚒

😔sen palabras
02/09/2025

😔sen palabras

31/08/2025
31/08/2025

Sinda é veciña de Monterrey e ten unha explotación de ovella galega. Este é o panorama desolador que lle quedou na súa contorna, lugares no que pastoreaba coas suas ovellas, non podemos describir con palabras o que sentimos ó ver todo negro, pero non nos podemos nin siquera imaxinar a desesperación de querer alimentar e non poder, abandono, como sempre, por parte das administracións. Falamos con Sinda para que nos transmitira as súas necesidades, pienso para as súas ovellas…mans á obra, coa axuda dalgunha CMVMC, xa conseguimos un palé de pienso e estamos facendo colectas e doacións persoais e a punto de conseguir outro palé. Sinda nos transmite o seu máis sincero agradecemento, e nos convida a coñecer de preto ó seu traballo. E nós repetimos cando falamos entre nós: tivemos moitas axudas no 2017, así que, queremos facer o mesmo, porque ó fin e o cabo, o monte é de tod@s. LUMES NUNCA MÁIS!!!

Para mañán xoves 28 de  agosto proponse ruta de sendeirismo circular ata Paredes, ese lugar desde o que tan ben se mira ...
27/08/2025

Para mañán xoves 28 de agosto proponse ruta de sendeirismo circular ata Paredes, ese lugar desde o que tan ben se mira o Barrio das Cortellas e o Monte Galleiro, ó que lle tocou o "aínda máis" de 2024 e onde aínda se limpan as levadas de augas polas que tan ben se anda.
Saída do Torreiro das Cortellas ás 18 horas.
Percorrido Cortellas, Cova, Cañoteira, Paredes, Lordelo, Monte queimado 2024, Pasos de Vicente, Toba, Carballeira de María Vella, Cortellas.
Paso de lugares de interese, Canastro do Pedreiro, Pasarela do Regueriño na Cañoteira, Escola de Paredes, Igrexa de Paredes, Levadas, Pozas e Muíños de Paredes, Pasos de Vicente,
Carballeira de María Vella, Corticeiro da de Aghosto ...
Distancia lineal duns 5,4 kms - desnivel aprox 200 m

O Faro de Vigo tomaba nota do que íamos facer, e onte moit@s veciñ@s das Cortellas e da parroquia de Padróns, unímonos p...
27/08/2025

O Faro de Vigo tomaba nota do que íamos facer, e onte moit@s veciñ@s das Cortellas e da parroquia de Padróns, unímonos para facer e colocar unhas pancartas co lema “LUMES NUMCA MÁIS”. Con eles mostramos a moda repulsa a gran traxedia vivida en Galiza ano tras ano, os lumes
Non nos imos rendir, imos seguir💪🏼

Los vecinos y vecinas organizan esta tarde un acto de repulsa contra los incendios

Entrevista desta mesma mañá a Diego Amoedo en Si Radio De Galicia, veciño das Cortellas falando un pouco sobre as medida...
25/08/2025

Entrevista desta mesma mañá a Diego Amoedo en Si Radio De Galicia, veciño das Cortellas falando un pouco sobre as medidas que estamos a tomar con respecto ó monte.
Fala tamen, do movemento solidario que iniciamos, con punto de recollida na escola das Cortellas, para recaudar o que necesiten en Ourense. Temos a sorte de contar con información directa dende alí, a través da nosa veciña Nuria, que viviu toda esta traxedia en primeira persoa, e nos vai ir dando a información necesaria para que as nosas achegas, cheguen de xeito organizado a onde sexa necesario.
A nós nos axudaron no 2017, e nós imos axudar porque non esquecemos, e porque a dor do monte ardido é compartida

Entrevista co veciño e comuneiro da parroquia ponteareá de Padróns, Diego Amoedo, sobre o acto reivindicativo que terá lugar este martes

Chamamos á movilización social e á presión popular como forma de mostrar a nosa indignación contra os atentados á nature...
24/08/2025

Chamamos á movilización social e á presión popular como forma de mostrar a nosa indignación contra os atentados á natureza. Por iso nos botamos ao monte para marcar presenza, facernos visibles e, como non, compartir cos veciños e amigos historias e lembranzas!
Lumes nunca máis!

As controversias da vida…mentres alguén a quen apreciamos moito, está loitando ata a extenuación por salvar as aldeas de...
19/08/2025

As controversias da vida…mentres alguén a quen apreciamos moito, está loitando ata a extenuación por salvar as aldeas de Ourense, por salvar “ós bichos” como ela dice…
Nos seguimos “patrullando”, vixiando, sin pausa, coidando do noso, do que queremos para nos e para os que veñen. Por iso, oxe, berramos ainda máis alto: LUMES NUNCA MÁIS!!!
E lembra, si ves lume, chama ó 085

Oito anos despois, parafraseamos aos carunchos,  “continua o desgoberno”, esa canción a estreaban no festival que fixemo...
18/08/2025

Oito anos despois, parafraseamos aos carunchos, “continua o desgoberno”, esa canción a estreaban no festival que fixemos no 2018 nas Cortellas para recaudar fondos para recuperar o noso monte. Desafortunadamente continua actual ese lema, continua o desgoberno e o pobo salvando o que se pode salvar, como nos tivemos que facer. Lumes nunca mais! Responsabilidades xa!!! Estamos organizándonos para mostrar a nosa repulsa contra esta barbarie, facendo vixiancias para que non destruan o noso soño. Lumes Nunca Mais!!!

Provided to YouTube by DistroKidLumes Nunca Mais · Os CarunchosLingua De Xigantes℗ Os CarunchosReleased on: 2021-04-30Auto-generated by YouTube.

Dirección

Cortellas, Padróns
Puenteareas

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Recuperar o noso monte. As Cortellas, Padróns publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir