17/10/2026
TALLER: 𝐀𝐂𝐇𝐄𝐆𝐀𝐒 𝐃𝐀 𝐒𝐄𝐗𝐎𝐋𝐎𝐗𝐈́𝐀 𝐄 𝐀 𝐁𝐈𝐎𝐆𝐑𝐀𝐅𝐈́𝐀 𝐍𝐀 𝐀𝐓𝐄𝐍𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐀𝐎/𝐀́ 𝐏𝐀𝐂𝐈𝐄𝐍𝐓𝐄
Cando alguén chega a consulta, non trae só un motivo ou unha dificultade: trae unha vida. 🌱
Desde a sexoloxía achegámonos á persoa sexuada, á súa particular maneira de ser e estar, de vivir a súa sexualidade e de relacionarse desde ela. A perspectiva biográfica permítenos comprendela no devir da súa vida: a que veu sendo, a que está sendo e a que proxecta ser.
Incorporar ambas miradas axúdanos a entender que significa para cada persoa aquilo que lle ocorre e a axustar a atención tendo en conta non só o que lle pasa, senón tamén quen é, como está vivindo a súa enfermidade ou dificultade e cara a onde está proxectando a súa vida.
🔎 Que imos traballar?
▪️ A sexualidade como dimensión da persoa
▪️ A persoa e a súa vida: o propio e o alleo
▪️ O relacional e o relativo
▪️ Desde onde e para que facemos
▪️ Actitudes cara á sexualidade: normativas, combativas e comprensivas
👤 Imparte: 𝐒𝐚𝐦𝐮𝐞𝐥 𝐃𝐢́𝐞𝐳 𝐀𝐫𝐫𝐞𝐬𝐞, sexólogo, director do Proxecto Basira (biografía e asesoramento), supervisor e asesor na práctica en consulta sexolóxica.
🎙️ Presenta: 𝐀𝐧𝐚 𝐏𝐞́𝐫𝐞𝐳 𝐂𝐚𝐫𝐝𝐨𝐬𝐨, sexóloga e vicepresidenta de SOGASEX.
📅 𝐕𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬, 𝟏𝟑 𝐝𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝟐𝟎𝟐𝟔
🕔 De 17:00 a 20:30 h
📍 Colexio de Enfermería de Ourense (Rúa Villa Valencia, 18)
📝 𝐈𝐍𝐒𝐂𝐑𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍𝐒
💶 Xeral: 25 €
💶 Estudantes e persoas en paro: 20 €
💶 Socias de SOGASEX: 15 €
👉 𝐂𝐨𝐦𝐨 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐛𝐢𝐫𝐭𝐞:
1️⃣ Fai o ingreso na conta ES19 0238 8103 1806 0317 1673
2️⃣ Envía o teu nome, apelidos, DNI, teléfono de contacto e profesión, xunto co resgardo do ingreso, a 📧 [email protected]
🤝 Colabora: Ilustre Colexio Oficial de Enfermería de Ourense
Vémonos en Ourense! 💜
Samuel Díez
Anne Brontë
hashtag hashtag hashtag hashtag hashtag hashtag hashtag hashtag hashtag