Asociacion Veciñal e Cultural Salcedo Norte

Asociacion Veciñal e Cultural Salcedo Norte Asociación Veciñal Cultural, dos barrios de San Brais, Matalobos e Ponte do Couto (Salcedo-PON). Fund. 24/04/1993.

A Asociación Veciñal e Cultural “Salcedo Norte” nace froito da unión da Asociación San Brais-Matalobos e da Asociación Ponte do Couto o 24/04/1993.

⛪🎶🎭 CAMIÑO DA ROMARÍA 🎭🎶⛪Chegamos á última parada do X Roteiro Teatralizado e Musicalizado Camiños e tamén ao final dest...
21/06/2026

⛪🎶🎭 CAMIÑO DA ROMARÍA 🎭🎶⛪
Chegamos á última parada do X Roteiro Teatralizado e Musicalizado Camiños e tamén ao final desta serie de publicacións coa que fomos revivindo os distintos momentos desta décima edición.

A Romaría puxo o broche final a unha tarde chea de historia, tradición, música, teatro e convivencia. Ademais, esta recreación coincidiu coa festividade de San Antonio.

Nesta última etapa tivemos a oportunidade de recrear unha romaría tradicional galega, recuperando o ambiente festivo, a música, os bailes, os encontros veciñais e as celebracións populares que durante xeracións formaron parte da nosa cultura. Tamén lembramos aquelas romarías campestres nas que a xente se reunía en campos e carballeiras para desfrutar da compañía de familiares e amizades, compartindo comida, bebida e momentos de lecer.

As persoas que nos acompañaron nesta edición tamén puideron g***r dun pequeno pincho campestre, como os de antes, e dun groliño para repoñer forzas despois dunha intensa xornada de camiñada e dun día especialmente caloroso.

Para facelo posible contamos coa participación e colaboración de numerosos colectivos que encheron este espazo de vida, cor e tradición, recreando coas súas actuacións, indumentaria e música o ambiente das romarías de antano:
🎭 Grupo de Teatro Tramoias de Algures, Galidanza e Tarabelo.
👗 Indumentaria Tradicional Sete Espadelas e Cafuné
🥁 Pandereteiros Fende Peles
🎶 Músicos Os de Algures
🎵 Grupo Folk Os de Ningures

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas estas entidades e persoas polo seu compromiso, dedicación e xenerosidade. Grazas ao seu traballo foi posible ofrecer unha representación que nos permitiu viaxar no tempo e recuperar unha parte fundamental das nosas tradicións.

Agradecemos tamén a participación de socias e socios, voluntariado, colaboradoras e colaboradores, así como o apoio da e , entidades cuxa colaboración resulta fundamental para continuar desenvolvendo iniciativas coma esta.

Chegar á X edición de Camiños só é posible grazas ao esforzo colectivo de moitas persoas ao longo dos anos. Se tedes ideas para futuras edicións, non dubidedes en facérnolas chegar.

📸 Compartimos algunhas imaxes desta última parada.
💚 Grazas por acompañarnos unha edición máis.

Ata os próximos Camiños!

🥛👒 CAMIÑO DAS LEITEIRAS 👒🥛Continuamos o percorrido do X Roteiro Teatralizado e Musicalizado Camiños facendo parada no Ca...
21/06/2026

🥛👒 CAMIÑO DAS LEITEIRAS 👒🥛
Continuamos o percorrido do X Roteiro Teatralizado e Musicalizado Camiños facendo parada no Camiño das Leiteiras, unha homenaxe a todas aquelas mulleres que, co seu traballo diario, contribuíron ao sustento das súas familias e ao desenvolvemento económico e social da nosa parroquia.

A través da representación teatral achegámonos ás súas historias, ás longas camiñadas, ao esforzo e ao sacrificio que supuña transportar e vender o leite, nun tempo no que moitas mulleres desempeñaban un papel fundamental na economía familiar.

Esta parada tamén nos permitiu lembrar outros espazos inseparables da vida cotiá das mulleres de Salcedo, como a Mina de Auga de Pamouro, lugar ao que acudían para recoller auga e realizar tarefas tan necesarias como o lavado da roupa. Espazos de traballo, pero tamén de encontro, conversa e convivencia que forman parte da nosa memoria colectiva.

Queremos aproveitar esta publicación para agradecer especialmente ás nosas actrices e actores o seu compromiso e dedicación. Grazas polo voso traballo, polo tempo investido na preparación das escenas, polo esforzo na investigación, no deseño e na teatralización de cada parada, e por facer posible que ano tras ano poidamos desfrutar dun roteiro máis ameno, participativo e divertido.

Co voso talento e ilusión conseguides que a historia de Salcedo cobre vida diante dos nosos ollos e continúe chegando a novas xeracións.

📸 Compartimos algunhas imaxes deste momento do roteiro.

➡️ Esta tarde chegaremos á última parada do noso percorrido: o Camiño da Romaría, onde pecharemos esta serie de publicacións e o X Roteiro Teatralizado e Musicalizado Camiños.

Colaboraron: Comunidade Montes Salcedo Concello de Pontevedra Deputación Pontevedra

🏫📚 CAMIÑO DAS ESCOLAS 📚🏫Continuamos o percorrido do X Roteiro Teatralizado e Musicalizado Camiños facendo parada nas Esc...
20/06/2026

🏫📚 CAMIÑO DAS ESCOLAS 📚🏫
Continuamos o percorrido do X Roteiro Teatralizado e Musicalizado Camiños facendo parada nas Escolas, unha homenaxe aos distintos centros educativos que existiron na nosa parroquia, espazo dedicado a lembrar como era a educación doutras épocas e o importante papel que desempeñaron mestres, mestras e familias na formación de xeracións enteiras de veciñas e veciños.

A través da representación teatral, achegámonos á conversa de dúas nais que compartían as súas experiencias arredor da educación dos seus fillos e fillas, lembrando as vivencias escolares doutros tempos, os mestres e mestras que marcaron a vida de moitas persoas e a realidade educativa da época.

A escena permitiunos reflexionar sobre as diferenzas existentes entre a formación dos nenos e das nenas, a separación por xéneros e os cambios sociais e educativos que se foron producindo ao longo das décadas.

A escola foi durante moitos anos moito máis ca un lugar de aprendizaxe. Foi un espazo de convivencia, de transmisión de coñecementos e de valores que deixaron unha fonda pegada na memoria colectiva da nosa parroquia.

Lembrar estas historias é tamén unha forma de comprender mellor o camiño percorrido pola sociedade e valorar os avances acadados no ámbito educativo.

📸 Compartimos algunhas imaxes deste momento do roteiro.

➡️ Mañá pola mañá continuaremos o noso percorrido polo Camiño das Leiteiras, para render homenaxe a tantas mulleres que, co seu traballo diario, contribuíron ao desenvolvemento económico e social de Salcedo.

Colaboraron: Comunidade Montes Salcedo Concello de Pontevedra Deputación Pontevedra

🏭⚒️ CAMIÑO DA FÁBRICA ⚒️🏭Continuamos o percorrido do X Roteiro Teatralizado e Musicalizado Camiños facendo parada no Cam...
20/06/2026

🏭⚒️ CAMIÑO DA FÁBRICA ⚒️🏭
Continuamos o percorrido do X Roteiro Teatralizado e Musicalizado Camiños facendo parada no Camiño da Fábrica, para lembrar unha parte fundamental da historia de Salcedo: a dos Ferreiros do Pino.

A coñecida fábrica Pino foi durante máis de século e medio un referente industrial da nosa parroquia e da cidade de Pontevedra. Nela traballaron varias xeracións de veciñas e veciños, mantendo vivo un oficio que combinaba esforzo, habilidade e tradición.

Entre o lume da forxa e o son dos martelos foron tomando forma milleiros de ferramentas que chegaron a distribuírse por toda Galicia, España e mesmo a outros países, convertendo o nome do Pino nun símbolo de calidade e traballo ben feito.

Nesta parada quixemos render homenaxe a todas aquelas persoas que dedicaron a súa vida á fábrica, ás familias que viviron dela e a unha actividade que marcou profundamente a economía e a memoria colectiva de Salcedo.

A través do teatro puidemos revivir o ambiente daqueles anos e achegarnos a unha historia que forma parte do noso patrimonio común.

Aínda hoxe permanecen pegadas visibles desta historia. Consérvase a antiga casa da familia, mentres que os terreos que ocupou a fábrica deron paso a novas construcións residenciais. Pola súa banda, a última nave industrial da empresa ocupa actualmente o espazo onde se atopa o supermercado Lidl.

📚 Se queredes coñecer máis sobre a historia da fábrica e dos Ferreiros do Pino, a A.V.C. Salcedo Norte elaborou hai uns anos, en colaboración co Concello de Pontevedra, un traballo de investigación e divulgación que podedes consultar aquí:
https://acortar.link/C1fYMu
🏛️ Parte deste material tamén pode visitarse de forma permanente na Sala Aturuxo do Centro Sur de Salcedo.

📸 Compartimos algunhas imaxes deste momento do roteiro.

➡️ Esta tarde continuaremos o percorrido polo Camiño das Escolas, un espazo fundamental na formación e transmisión de coñecementos de xeración en xeración.

Colaboraron: Comunidade Montes Salcedo Concello de Pontevedra Deputación Pontevedra

🎶💃 CAMIÑO DO BAILE 💃🎶Desde o Muíño de Cabanas, acompañados pola música tradicional de Os de Ningures, continuamos o noso...
19/06/2026

🎶💃 CAMIÑO DO BAILE 💃🎶

Desde o Muíño de Cabanas, acompañados pola música tradicional de Os de Ningures, continuamos o noso percorrido ata o Camiño do Baile.

Nesta parada, o roteiro achegounos á historia do Baile do Pino, un dos espazos de lecer e encontro máis importantes da contorna, moi presente na memoria de varias xeracións de veciñas e veciños.

Ao longo da súa historia, o Baile do Pino converteuse nun auténtico referente social e cultural, cunha capacidade para máis de 300 persoas. Chegou a acoller actuacións de destacados artistas do momento e figuras do panorama musical nacional, como Manolo Escobar e Miguel Ríos, converténdose nun lugar de referencia para a celebración, a música e a convivencia.

Aínda que este espazo xa non existe na actualidade, o seu recordo continúa vivo. No lugar onde se atopaba eríxense hoxe varios edificios residenciais que conservan o nome de "Baile do Pino", mantendo así unha pequena homenaxe a un lugar que forma parte da historia e da memoria de Salcedo.

A través do teatro, da música e da recreación, tivemos a oportunidade de revivir unha parte da vida social da parroquia e de lembrar a importancia que este espazo tivo para a comunidade.

Conservar estas historias é tamén unha forma de manter viva a nosa memoria colectiva e de transmitir ás novas xeracións unha parte importante da nosa identidade.

📸 Compartimos algunhas imaxes deste momento do roteiro.

➡️ Na próxima publicación faremos parada no Camiño da Fábrica, para lembrar a historia dos Ferreiros do Pino e o legado que deixaron na nosa parroquia.

Colaboraron: Comunidade Montes Salcedo Concello de Pontevedra Deputación Pontevedra

💧⚙️🌿 CAMIÑO DO MUÍÑO 🌿⚙️💧Continuamos o noso percorrido polo X Roteiro Teatralizado e Musicalizado Camiños facendo parada...
18/06/2026

💧⚙️🌿 CAMIÑO DO MUÍÑO 🌿⚙️💧
Continuamos o noso percorrido polo X Roteiro Teatralizado e Musicalizado Camiños facendo parada no histórico Muíño de Cabanas, un espazo onde a forza da auga e o esforzo das persoas foron fundamentais para a vida cotiá da nosa parroquia.

Os muíños constituíron durante xeracións lugares de traballo, encontro e convivencia. Ao redor deles xurdiron historias, cantigas, bailes e tradicións que forman parte da nosa cultura popular, converténdose en espazos intimamente ligados á paisaxe e á memoria colectiva de Salcedo.

Nesta parada tivemos a oportunidade de lembrar formas de vida, costumes e saberes transmitidos de xeración en xeración, poñendo en valor a importancia de conservar e difundir o noso patrimonio material e inmaterial.

Ao longo de todo o roteiro acompañounos a música tradicional do Grupo Folk Os de Ningures, que co seu talento e compromiso contribuíu a crear unha atmosfera única, guiándonos polos distintos camiños da nosa historia.

📸 Compartimos algunhas imaxes deste momento do roteiro.

➡️ Na próxima publicación achegarémonos ao Camiño do Baile, un espazo de encontro, música e celebración para varias xeracións de veciñas e veciños.

Colaboraron: Comunidade Montes Salcedo Concello de Pontevedra Deputación Pontevedra

🌿 CAMIÑO DO RÍO 🌿Comezamos hoxe unha serie de 7 publicacións nas que iremos compartindo os distintos momentos do X Rotei...
17/06/2026

🌿 CAMIÑO DO RÍO 🌿
Comezamos hoxe unha serie de 7 publicacións nas que iremos compartindo os distintos momentos do X Roteiro Teatralizado e Musicalizado Camiños.
Ao longo destes días percorreremos xuntos os camiños do Río, Muíño, Baile, Fábrica, Escolas, Leiteiras e Romaría, revivindo historias, tradicións e lembranzas que forman parte da memoria colectiva de Salcedo.

Para todas aquelas persoas que non puideron acompañarnos nesta edición, agardamos que estas imaxes vos permitan descubrir e desfrutar dunha pequena parte desta experiencia.

Iniciamos o percorrido co Camiño do Río, un espazo intimamente ligado á historia, ao traballo e á vida da nosa parroquia.

Nesta parada tamén houbo tempo para reflexionar sobre a importancia da conservación do noso patrimonio e para dar visibilidade ao labor que desenvolven colectivos comprometidos coa súa defensa. Entre eles, a asociación Vaipolorio, que continúa a reivindicar a recuperación e posta en valor da histórica Ponte do Couto, unha demanda que compartimos e apoiamos firmemente. Este elemento patrimonial dá nome a unha parte dos barrios representados pola nosa asociación e forma parte da historia e da identidade de Salcedo.

A través dunha pancarta reivindicativa lembráronse diversas demandas relacionadas coa protección deste espazo, a recuperación dos seus valores patrimoniais e ambientais e a súa adecuada conservación para as futuras xeracións.

📸 Compartimos algunhas imaxes desta primeira parada.

Queremos aproveitar esta primeira publicación para agradecer o apoio das institucións e entidades que colaboran co X Roteiro Teatralizado e Musicalizado Camiños. Grazas á Comunidade Montes Salcedo, ao Concello de Pontevedra e á Deputación Pontevedra, cuxa colaboración resulta fundamental para facer posible unha actividade destas características e continuar promovendo a cultura, a historia e o patrimonio da nosa parroquia.

Sen o seu apoio, sería moito máis difícil seguir facendo realidade este proxecto ano tras ano.

➡️ Mañá continuaremos o noso percorrido polo Camiño do Muíño.

🔥🌿 NOITE DE SAN XOÁN 2026 EN SALCEDO 🌿🔥Lume, maxia e tradición volven a Salcedo.📅 23 de xuño🕤 Desde as 21:30 h📍 Rotonda ...
15/06/2026

🔥🌿 NOITE DE SAN XOÁN 2026 EN SALCEDO 🌿🔥
Lume, maxia e tradición volven a Salcedo.

📅 23 de xuño
🕤 Desde as 21:30 h
📍 Rotonda superior de Carrefour (San Brais - Salcedo)
🔥 Acendido da fogueira ás 24:00 h

👨‍👩‍👧‍👦 As familias socias terán dereito a dúas racións gratuítas de sardiñas, pan, chourizo e bebida.

🍞🐟 Tamén haberá vales a prezo popular:
• 3 € → sardiñas, pan e bebida
• 1 € → pan, chourizo e bebida

🐟 Sardiñas
🌭 Chourizo
🥖 Pan
🥤 Bebida

🎉 Actividade aberta ao público en xeral.

Agardámosvos para compartir unha das noites máis especiais e máxicas do ano arredor do lume de San Xoán.

14/06/2026

Medio cento de persoas participan na décima edición do roteiro cultural organizado pola Asociación Veciñal e Cultural Salcedo Norte

13/06/2026

A Asociación Veciñal e Cultural Salcedo Norte organizará este sábado, 13 de xuño, a décima edición do Roteiro Teatralizado e Musicalizado “Camiños”, unha actividade cultural xa consolidada no calen...

Dirección

Rúa Josefa Vázquez Juncal (Señora Pepa), Nº 40. Centro Sur, Antiga Residencia Da ONCE En Campolongo
Pontevedra
36003

Horario de Apertura

11:00 - 12:00

Teléfono

664381343

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociacion Veciñal e Cultural Salcedo Norte publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir