11/05/2026
Belén, de nena, foi abusada polo seu tío cada verán, durante esas semanas de vacacións que pasaba coa súa familia materna en Santa Lucía.
Denunciar o vivido non só implicou un longo e desgastante proceso xudicial, tamén supuxo desafiar a unha parte da súa familia que negou os feitos.
📚 No próximo club de lectura comentaremos xuntas as dúas obras testemuñais nas que Belén reconstrúe o vivido:
▪️ 'Por qué volvías cada verano', centrada na denuncia.
▪️ 'Donde no hago pie', escrita anos despois, cando recibe a noticia de que a causa se eleva a xuízo.
Son dúas obras curtas e punzantes nas que a autora, buscando a súa reparación, dános alento ás demais. Porque, como ela di, aínda que se conte en primeira persoa, “o abuso é colectivo”.
Apuntádevos! Vai ser unha conversa moi interesante. 💜