Asociación de Veciños de Carcacía

Cómo llegar

Asociación de Veciños de Carcacía Asociación de Veciños de Carcacía, adicamonos a traballar pola parroquia

🍄🌿 Chega a Xornada Micolóxica de Carcacia! 🌿🍄Gústanche as setas e a natureza? 🍂🥾 Temos un plan perfecto para g***r do ou...
15/10/2026

🍄🌿 Chega a Xornada Micolóxica de Carcacia! 🌿🍄

Gústanche as setas e a natureza? 🍂🥾 Temos un plan perfecto para g***r do outono aprendendo e descubrindo os segredos do fascinante mundo dos cogomelos!

📅 Domingo, 25 de outubro de 2026
📍 Carcacia (Padrón)

📚 De 9:00 a 10:00 h – Conferencia “Introdución á micoloxía e aos seus ecosistemas”, a cargo de Saúl de la Peña-Lastra, investigador da USC.

🍄 De 10:00 a 16:00 h – Saída guiada ao campo para descubrir as setas no seu medio natural. Unha oportunidade fantástica para aprender e g***r da natureza!

🎒 Que debes traer? Roupa e calzado cómodos, unha muda de recambio, cesta, navalla e pincel. Non esquezas levar comida para xantar no campo!

⚠️ PRAZAS LIMITADAS! Non quedes sen a túa!

📞 Inscricións e información:

* Vanesa: 626 858 265 (secretaria)
* Perol: 649 808 871 (presidente)

Organiza a Asociación de Veciños A Sociedade de Carcacia-Rumille, coa colaboración do Concello de Padrón.

🍁 Anímate a participar e vive con nós unha xornada para aprender, compartir e g***r da natureza!

🍄🌳

🍄 A Semana Micolóxica Galega COGOMELAR 2026 achégase a Carcacía! 🍄Dentro da programación deste outubro, unha das charlas...
13/10/2026

🍄 A Semana Micolóxica Galega COGOMELAR 2026 achégase a Carcacía! 🍄

Dentro da programación deste outubro, unha das charlas micolóxicas terá lugar en Carcacía (Padrón), unha oportunidade estupenda para seguir descubrindo o fascinante mundo dos cogomelos. 🌿

🔎 O xénero Amanita e situación actual da sección Vaginatae, unha charla impartida por Manuel Plaza.

📅 Luns 19 de outubro
🕗 Ás 20:00 h
📍 Local social de Carcacía (Padrón)

📲 Máis información e inscricións:
🌐 www.amabul.org
☎️ 649 808 871

Agardámosvos para compartir coñecementos e seguir gozando da micoloxía! 🍄

🍄

Bos días a todos e todas! ☀️Lembrámosvos que mañá celebramos a nosa festa de San Isidro 🎉 e este ano vimos con varias no...
22/05/2026

Bos días a todos e todas! ☀️

Lembrámosvos que mañá celebramos a nosa festa de San Isidro 🎉 e este ano vimos con varias novidades que creemos que vos van gustar moito!

👉 En primeiro lugar, recordar que este ano a cantina estará organizada pola Asociación de Veciños, con prezos económicos para todos/as.
⚠️ IMPORTANTE: non se aceptará pago con tarxeta, só se poderá pagar en EFECTIVO.‼️

🎈 Ademais, teremos COLCHONETAS 🏰 para todos os nenos e nenas, para que tamén poidan desfrutar ao máximo da festa!

🎨 E como novidade especial, contaremos cunha exposición de debuxos do noso veciño e artista José Piñeiro Ares, “Pepe da Fonte”, veciño de Carcacía.

Pepe conta cunha gran historia de vida, marcada pola perda do seu pai cando tiña só 12 anos. Apaixoado desde sempre polas artes plásticas, trasladouse a Vigo cos seus debuxos debaixo do brazo, onde comezou a traballar nunha axencia de publicidade. Alí adquiriu os coñecementos que lle permitiron desenvolver máis de 40 anos de traxectoria neste ámbito. Xa xubilado, puido volver sacar á luz esa paixón que o acompañou desde neno.

Este ano teremos a sorte de poder deleitarnos cunha parte da súa obra durante a nosa festa de San Isidro 🖼️✨

Agardámosvos a todos para pasar un gran día xuntos! 🎶🍻💃

17/05/2026
🎉🚜 FESTA DE SAN ISIDRO LABRADOR 2026 🚜🎉 Xa está aquí unha das festas máis esperadas do ano! 🌾🍷O vindeiro sábado 23 de ma...
08/05/2026

🎉🚜 FESTA DE SAN ISIDRO LABRADOR 2026 🚜🎉
Xa está aquí unha das festas máis esperadas do ano! 🌾🍷
O vindeiro sábado 23 de maio viviremos un día cheo de tradición, música, comida e festa en Carcacía-Padrón 💚
✨ Que teremos?
🚜 Procesión de San Isidro con tractores engalanados
⛪ Misa campestre
🎶 Sesión vermouth co grupo MANHATTAN
🍽 Gran comida baixo carpa
🎻 Música tradicional
🔑 1º Campionato de Chave San Isidro
💃 E para rematar… GRAN VERBENA co grupo MANHATTAN
🍴 Menú:
🥟 Empanada mixta
🐙 Pulpo a fartar
🥩 Churrasco, criollo e patatas
🍰 Postres
☕ Café e licores
💶 Prezos:
• Nenos 4-12 anos: 18€
• Socios: 35€
• Non socios: 40€
📅 Data límite para anotarse: Domingo 17 de maio
📞 Reservas e información:
• Paula Duro: 722 353 577
• Jose Manuel Fraga: 689 096 875
• Jose Ramon Perol: 649 808 871
• Vanesa Carles: 626 858 265
🌟 Agardámosvos para celebrar xuntos unha gran festa!
💙

Dirección

Carcacía
Padrón
15914

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación de Veciños de Carcacía publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir