09/11/2025
💜 Non temos palabras... só grazas! 💜
A VIII edición do *Serán Careco Solidario* foi, unha vez máis, un éxito rotundo grazas a todas as persoas que o fixestes posible. 💕
Entre risas, música, baile e moita solidariedade, conseguimos recaudar 8.182,75 €, que irán destinados íntegramente a Adicam (Asociación de diagnosticad@s de cancro de mama e xinecolóxico). 🎗️
Cada achega, cada xesto e cada colaboración contaron.
Xuntos demostramos que cando a comunidade se une, o corazón late con máis forza ca nunca. 💪💖
🙏🏼 Grazas ás persoas voluntarias, ás artistas, ás empresas colaboradoras e, sobre todo, a quen veu compartir esta noite tan especial.
👉🏼 Ata o próximo Serán Careco Solidario!
💜 Moito máis que un Serán 💜