09/06/2025
A Federación Galega de Círculos e Casinos Culturais celebrou onte en Lalín a súa 28 Romería. 28 convocatorias nas que levamos creando lazos de amizade entre as sociedades galegas de serven tamén para mostrarnos uns a outros as peculiaridades das entidades que conformamos este texido asocialivo cultural galego. Contamos coa colaboración do Casino de Lalín e da súa xunta directiva, ós que lle agredecemos o afecto con que nos acolleron na súa sede e fixeron que todos sairan da vila e do Pazo de Liñares coa sensación de ter vivido unha xornada chea de coñecementos e emocións.