Asociación Española Contra o Cancro en Ourense

Asociación Española Contra o Cancro en Ourense Benvidas/os á páxina oficial de Facebook da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense. At?

25/06/2026

No traballo hai proteccións que non se negocian. Casco, botas, chaleco, luvas… Fronte ao sol ☀️ a túa pel tamén necesita protección.

O protector solar tamén debería formar parte do teu equipo. Protexe a túa pel! ✅

https://www.protegetupiel.contraelcancer.es/

Ruta de prevención solar nas marxes do río Miño 🌞Levamos a cabo unha ruta de sensibilización polas beiras do río, achega...
24/06/2026

Ruta de prevención solar nas marxes do río Miño 🌞

Levamos a cabo unha ruta de sensibilización polas beiras do río, achegando información clave sobre a prevención solar en espazos de lecer e práctica deportiva: zonas de baño, áreas para tomar o sol e lugares onde realizase actividade física ao aire libre.

👉 A radiación ultravioleta é o principal factor de risco do cancro de pel, pero é altamente prevenible con hábitos adecuados. A pel ten memoria e o dano acumúlase ao longo da vida, por iso é fundamental coidarse en calquera momento e lugar.

✅ Recomendacións clave para protexerte do sol:
Evita a exposición nas horas centrais (11:00–17:00)
Busca a sombra sempre que sexa posible
Usa protector solar FPS 50+ e reaplícao cada 2 horas
Protéxete con gorra ou sombreiro, roupa adecuada e gafas de sol
Hidrátate con frecuencia
Non uses cabinas de bronceado
Revisa a túa pel regularmente e consulta ante calquera cambio

🌿 Lembra: previr hoxe é coidar a túa saúde mañá

Presentouse a Andaina solidaria da Festa do Pan de Cea! 🚶‍♀️‍➡️💚Estivemos no Concello de Cea na presentación desta inici...
23/06/2026

Presentouse a Andaina solidaria da Festa do Pan de Cea! 🚶‍♀️‍➡️💚

Estivemos no Concello de Cea na presentación desta iniciativa solidaria, coa presenza da nosa xerente, Judit Vega, apoiando unha actividade que une deporte, saúde e solidariedade ✨

Saídas 📌 Dende a Praza Maior de Cea
🕘 9:00 h → Percorrido longo (22 km)
🕙 10:00 h → Percorrido curto (11 km)

📝 Inscrición:
Donativo de 10€ na conta de Abanca indicada no cartaz.
Enviar xustificante por WhatsApp ao 672 122 300 ou a [email protected]

📅 Prazo ata o 25 de xuño
🎽 Recollida de dorsais media hora antes da saída + agasallo para todas as persoas participantes!

O CRA Amencer de Ribadavia entregounos o cheque de recadación da súa Feira Artística Solidaria, onde atopábase artesanía...
22/06/2026

O CRA Amencer de Ribadavia entregounos o cheque de recadación da súa Feira Artística Solidaria, onde atopábase artesanía feita polos nen@s do centro escolar. 😊

A doazón ten un importe de 839 euros, e a entrega estivo representada pola nosa xerente, Judit Vega.

💚 Queremos agradecer moitísimo a súa colaboración, esforzo e compromiso a nenos, nenas, profesorado, pais, nais, etc do CRA Amencer de Ribadavia. MOITAS GRAZAS!!!

A Veiga e a nosa Asociación seguen sumando forzas 🤝Mantivemos unha reunión de traballo co Concello da Veiga para reforza...
22/06/2026

A Veiga e a nosa Asociación seguen sumando forzas 🤝

Mantivemos unha reunión de traballo co Concello da Veiga para reforzar a nosa colaboración e avanzar en novas accións de prevención, sensibilización e voluntariado no municipio.

Durante o encontro, no que participou a nosa xerente Judit Vega, demos a coñecer os servizos de apoio e acompañamento ás persoas con cancro e ás súas familias, así como novas vías de colaboración para achegar estes recursos á veciñanza.

📅 Ademais, coñecéronse detalles da Andaina solidaria contra o cancro, que volverá celebrarse este verán.

💚 Grazas ao Concello da Veiga e a todas as persoas implicadas pola súa colaboración e compromiso coa saúde e o benestar da cidadanía.

18/06/2026

Contra o cancro, CON TODO

Unimos forzas con Atresmedia para crear o maior altofalante informativo sobre o cancro en España.

Porque o cancro afecta a millóns de persoas: 👉 Máis de 2,2 millóns conviven coa enfermidade 👉 Máis de 267.000 novos diagnósticos cada ano

E ante esta realidade, hai algo esencial 💚 información rigorosa, contrastada e accesible para todas as persoas

Con esta iniciativa:
✔️ Levaremos contidos semanais sobre cancro a Antena 3, laSexta e Onda Cero
✔️ Impulsaremos información fiable en TV, radio, dixital e redes sociais
✔️ Contaremos con expertos e profesionais para garantir o máximo rigor
✔️ Traballaremos desde o respecto, a sensibilidade e a responsabilidade
✔️ Combateremos os contos e as fake news

Porque estar ben informados axúdanos a previr, comprender e afrontar mellor a enfermidade.

💚

Formación e sensibilización no Carballiño 💚🤝 Seguimos achegando coñecemento e prevención á contorna sanitaria. Nesta oca...
18/06/2026

Formación e sensibilización no Carballiño 💚

🤝 Seguimos achegando coñecemento e prevención á contorna sanitaria. Nesta ocasión, colaboramos nunha xornada formativa co persoal sanitario do Carballiño, centrada nas novas formas de consumo de tabaco e nicotina.

Abordamos os cambios nos hábitos, os novos dispositivos e o seu impacto na saúde, reforzando o papel clave dos profesionais na prevención e no acompañamento para deixar de fumar.

Ademais, completamos a acción cunha mesa informativa, onde compartimos co equipo profesional os nosos programas e servizos, así como información sobre estas novas formas de consumo.

👏 Grazas pola vosa implicación e compromiso coa promoción de hábitos de vida saudables.

A semana pasada tivemos o pracer de acompañar á Federación Limiar na inauguración da súa nova sede en Ourense 🌟A nosa xe...
17/06/2026

A semana pasada tivemos o pracer de acompañar á Federación Limiar na inauguración da súa nova sede en Ourense 🌟

A nosa xerente, Judit Vega, estivo presente neste importante acto, que supón un paso adiante no traballo que desenvolve a entidade.

🤝 Queremos felicitar á Federación Limiar por este novo espazo 💚 Seguimos sumando esforzos para construír unha sociedade máis solidaria e comprometida.

Antes de saír a adestrar, hai cousas que non se te esquecen. Protexer a túa pel debería ser unha delas.Usa protector soa...
16/06/2026

Antes de saír a adestrar, hai cousas que non se te esquecen. Protexer a túa pel debería ser unha delas.

Usa protector soar FPS 50, repite a aplicación cada 2 horas e evita as horas de máis sol.

👉 Infórmate máis na ligazón.

https://www.protegetupiel.contraelcancer.es/

Formación para profesionais sanitarios en Boborás 💚Tivemos o pracer de colaborar nunha xornada formativa co equipo sanit...
16/06/2026

Formación para profesionais sanitarios en Boborás 💚

Tivemos o pracer de colaborar nunha xornada formativa co equipo sanitario do concello de Boborás, centrada nas novas formas de consumo de produtos de tabaco e nicotina.

A través do obradoiro “Suma Saúde: falemos das novas formas de consumo”, abordamos os cambios nos hábitos de consumo, os novos dispositivos existentes e o seu impacto na saúde, co obxectivo de reforzar o papel fundamental dos profesionais sanitarios na prevención e no acompañamento para deixar de fumar.

👏 Queremos agradecer a implicación, interese e compromiso de todas as persoas participantes, así como a súa colaboración continua na promoción de hábitos de vida saudables.

Dirección

Doctor Marañón 21
Orense
32005

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 19:00
Martes 08:00 - 19:00
Miércoles 08:00 - 19:00
Jueves 08:00 - 19:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Española Contra o Cancro en Ourense publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Española Contra o Cancro en Ourense:

Compartir