Apes Asociación

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Apes Asociación Nacemos en el año 2008 interesad@s en prevenir la delincuencia. Hoy en día nuestras actividades se dirigen principalmente al ámbito educativo y laboral.

📱Chega EMi:  unha nova aplicación para impulsar a busca de emprego en Galicia.O Servizo Público de Emprego de Galicia es...
26/10/2026

📱Chega EMi: unha nova aplicación para impulsar a busca de emprego en Galicia.

O Servizo Público de Emprego de Galicia estrea EMi, unha nova aplicación móbil que substituirá a MOBEM e que incorpora a intelixencia artificial para acompañar as persoas na súa busca de emprego.

Dende APES e  queremos dar a benvida aos 10 centros educativos que se suman este curso a este proxecto que inicia a súa ...
23/10/2026

Dende APES e queremos dar a benvida aos 10 centros educativos que se suman este curso a este proxecto que inicia a súa 8ª edición, unha iniciativa que busca fomentar a convivencia, o respecto e o coidado dos espazos comúns, implicando a toda a comunidade educativa na prevención do vandalismo.

📍 CEIP Enrique Barreiro – Cambados
📍 CPR Las Acacias – Vigo
📍 CEIP Padre Crespo – Xunqueira de Ambía
📍 CEIP Párroco Don Camilo – Vigo
📍 Colexio Malvedo – Coles
📍 CEIP Lourido – Lourido
📍 CPR San Fermín – Caldas de Reis
📍 CPR Espedregada – Raxó
📍 CEIP María Pita – A Coruña
📍 IES Rafael Puga Ramón – A Coruña

👏 Grazas por apostar pola educación como ferramenta de transformación social.

Este mes de outubro puxemos en marcha de novo o Obradoiro de Intelixencia emocional e autocontrol con un grupo de persoa...
22/10/2026

Este mes de outubro puxemos en marcha de novo o Obradoiro de Intelixencia emocional e autocontrol con un grupo de persoas privadas de liberdade en réxime ordinario no centro penitenciario de Pereiro de Aguiar.

Nas primeiras sesión falamos sobre as expectativas que teñen sobre o obradoiro, o que eles e elas poden aportar nas sesións que levaremos a cabo e tamén que cousas queremos deixar fora das sesións para sacarlle o máximo partido.

Metémonos en materia realizando un autotest de intelixencia emocional e empezamos a recoñecer emocións a través de diferentes ferramentas que axudan a plasmar en papel diferentes situacións para sobre elas facer o traballo de identificación.

O Obradoiro de Intelixencia emocional e autocontrol forma parte do Proxecto Punto de Partida que conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

🟢🟣Oferta de emprego!!!Buscamos unha persoa para incorporarse ao equipo de APES como técnico/a en educación social para u...
21/10/2026

🟢🟣Oferta de emprego!!!

Buscamos unha persoa para incorporarse ao equipo de APES como técnico/a en educación social para un proxecto nos ámbitos penitenciario e laboral ao abeiro dos Programas de Cooperación coas entidades sen ánimo de lucro da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Se cumpres os requisitos envíanos o teu curriculo antes do día 1 de novembro.

Sabías que durante o mes de outubro estamos levando a cabo un Obradoiro de Pilates con persoas privadas de liberdade no ...
20/10/2026

Sabías que durante o mes de outubro estamos levando a cabo un Obradoiro de Pilates con persoas privadas de liberdade no centro penitenciario de Ourense??

Esta actividades está enmarcada no Proxecto APES Inclusión, cofinanciado por a Deputación de Ourense e ten como obxectivo fomentar a mellora da saúde física e mental das e dos participantes ao mesmo tempo que damos a coñecer hábitos de vida saudables.

📢 ¿Colaboras como persoa voluntaria nunha asociación de Vigo?Participa nunha formación práctica de deseño de proxectos n...
20/10/2026

📢 ¿Colaboras como persoa voluntaria nunha asociación de Vigo?
Participa nunha formación práctica de deseño de proxectos na que aprenderás a:

Identificar necesidades sociais e comunitarias.
Definir obxectivos e persoas destinatarias.
Deseñar actividades e organizar recursos.
Dar forma a unha proposta de proxecto para a túa entidade.

⏰ Duración: 10 horas.

🖥️ Modalidade: en liña.

👐🏾 Dirixida a persoas voluntarias de Vigo.

Se queres achegar novas ideas e contribuír a que a túa entidade desenvolva iniciativas mellores, esta formación é para ti.

Reserva a túa praza enviando un whatssap ao 661 873 177 ou enviando un correo a [email protected].

Formación gratuita: financiada pola Consellería de de Cultura , Lingua e Xuventude.

Se coñeces a un/unha menor que necesite lentes graduadas ou lentes de contacto, quizais poida beneficiarse do Plan VEO, ...
19/10/2026

Se coñeces a un/unha menor que necesite lentes graduadas ou lentes de contacto, quizais poida beneficiarse do Plan VEO, unha axuda de ata 100 € para mellorar o acceso á saúde visual infantil do Ministerio de Sanidad.

Con motivo do Día Mundial dos Animais, promovido pola Organización Mundial de Protección Animal co obxectivo de frear a ...
15/10/2026

Con motivo do Día Mundial dos Animais, promovido pola Organización Mundial de Protección Animal co obxectivo de frear a extención de moitas especies, achegamos a un grupo de entorno a 70 persoas privadas de liberdade unha charla sobre a biodiversidade galega.

Como é posible que os búhos xiren a cabeza case por completo?🦉, Que adaptación teñen as lechuzas para que non se lles escoite voar🦉? Por que os xabaríns se revolcan en barro? 🐗

Contamos coa colaboración de Felipe profesor de bioloxía e divulgador en Redes Sociais () que se achegou ao centro penitenciario de Pereiro de Aguiar para dar resposta a estas e outras moitas preguntas e curiosidades sobre a fauna que habita na nosa contorna. 🦊🦡

O obxectivo desta sesión foi dar a coñecer o valor ecolóxico e o patrimonio natural galego e promover o respecto hacia él a través da educación ambiental.

Foi unha sesión moi enriquecedora e moi participativa!!

#

Que pasa cando unimos formación en estereotipos de xénero, novas masculinidades e corresponsabilidade?Nace o tríptico “C...
13/10/2026

Que pasa cando unimos formación en estereotipos de xénero, novas masculinidades e corresponsabilidade?

Nace o tríptico “Construíndo unha sociedade sa” e o cartel “Ponte na súa pel”!

Creados por 34 persoas privadas de liberdade do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e deseñados para informar, sensibilizar e promover a repartición equitativa dos coidados.

Un traballo imprescindible para seguir avanzando cara a unha sociedade máis igualitaria.

Proyecto “cofinanciado por el Plan Corresponsables. Ministerio de Igualdad, Gobierno de España”

En APES entendemos a prevención social como unha oportunidade para acompañar á infancia e á mocidade antes de que aparez...
13/10/2026

En APES entendemos a prevención social como unha oportunidade para acompañar á infancia e á mocidade antes de que aparezan as situacións de risco.
Desde Escola Viva creamos e impulsamos espazos educativos participativos, creativos e conectados coa realidade, nos que os nenos, nenas e mozos e mozas poden desenvolver o seu talento, coñecer o seu contorno, participar e descubrir alternativas positivas.
Porque previr é educar, participar, acompañar e dar oportunidades.

🌱 Escola Viva. Educando en valores positivos.

Dirección

Calle Marcelo Macias Nº 26 Bajo
Orense
32005

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:00
15:00 - 16:30
Martes 08:30 - 14:00
15:00 - 16:30
Miércoles 08:30 - 14:00
15:00 - 16:30
Jueves 08:30 - 14:00
15:00 - 16:30
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Apes Asociación publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Apes Asociación:

Atajos

Compartir