Ac Auriense

Ac Auriense Agrupación Cultural Auriense

28/04/2026

Mañá, ás 20:00 horas, no Café Cultural Auriense

https://pgl.gal/nasce-o-de-norte-a-sul-um-novo-meio-de-comunicacao-luso-galaico/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campa...
25/04/2026

https://pgl.gal/nasce-o-de-norte-a-sul-um-novo-meio-de-comunicacao-luso-galaico/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=nasce-o-de-norte-a-sul-um-novo-meio-de-comunicacao-luso-galaico

A iniciativa procura oferecer um novo ponto de encontro noticiando assuntos de toda a faixa atlântica peninsular. Ourense, Lisboa, Laracha, Guimarães, Ferrol, Compostela ou Porto, eis alguns dos lugares de residência dos promotores que lançaram esta aventura editorial. Com domicílio fiscal em P...

25 de abril SEMPRE!!!
25/04/2026

25 de abril SEMPRE!!!

14/12/2025

225 despois, o Concello de Ourense segue sen pagar os Maios.
Menos mal que é o concello con máis pasta do estado.

11/11/2025

HOXE ESTAMOS DE ANIVERSARIO

O día de San Martiño do ano 1967 nacía ao abeiro da Lei de Asociacións de 1964, A AC Auriense. 58 anos dunha historia cultural non allea aos tempos que a viron nacer e medrar. Antes de que a A.C. Auriense vise a luz, outras asociacións tiñan encetado un camiño na procura da normalización cultural e lingüística do noso País: A.C. O Galo, A.C. O Facho, Asociación Cultural de Vigo e o Clube Cultural Valle Inclán. Logo viñeron outras: Asociación Amigos da Cultura, Abrente…

Desde Nemesio Barxa Alvarez, primeiro presidente da Agrupación Cultural Auriense, lideraron as diferentes etapas da agrupación Xesús Ferro Couselo, Xosé Lino Vázquez Moxardín, Antón Romasanta Vilarchao, Xosé Lois González Vázquez, Millán Picouto Iglesias, Héitor Real Arregui, Norberto Tabarés, Davide Paz ou Daniel Gomez. Sen esquecer a presidencia honoríf**a de D. Ramón Otero Pedrayo na primeira etapa.

Esta longa andaina tivo como precursores a un grupo de vellos galeguistas que se xuntaban no Café do Miño e a un grupo de mozos, estudantes de maxisterio, os do Café Coralín: Xesús Ferro Couselo, Ramón Otero Pedrayo, Eleuterio González Salgado, Bieito Fernández Álvarez, Xaquín Lourenzo, Salvador Rey Domínguez, Antón Fernández Sánchez, Carlos Guitián, Nemesio Barxa Álvarez, Pedro Merino Gómez, Santiago Docampo Figueiral…

So o Nome dos que hai 58 anos posibilitaron o nacemento da agrupación e dos que baixo a súa presidencia lle deron continuidade, agóchase tempo e traballo de homes e mulleres que conscientes da realidade cultural do País, lle deron forma a múltiples ideas, unhas veces recollidas da memoria outras exercendo de vangarda.

A recuperación ou participación en festas ou tradicións populares (maios, magostos, entroido, noite de San Xoán…), a ansiada, reivindicada e necesaria normalización lingüística (participación nas campañas do idioma organizadas pola AN-PG, Carreiras polo idioma “360 e cinco días de letras galegas”…), creación e participación en concursos literarios (“Xornadas de narracións infantís”, concurso de poesía “Ramón Cabanillas”…), exposicións, cursos de música e baile ou teatro, xornadas de cinema, concertos, teatro e monicreques… e tantas outras expresións que ao longo destes anos habitaron nun espazo común: o do compromiso pola dignif**ación cultural de Galiza.

Presente na fundación da Federación de Asociacións Culturais Galegas (1982), a A.C. Auriense fixo da colaboración con outras asociacións fose un dos seus sinais de identidade, posibilitando nestas catro décadas o achegamento de distintas xeracións de mozos e mozas que desde o asociacionismo cultural descubrirán a necesidade de implicarse coa lingua, coa cultural co País.

Poetas, economistas, historiadores, pintores, músicos…pasaron pola Auriense.
O pouso que f**a, fai parte xa, da memoria colectiva dun tempo.
Parabéns Auriense.
Agardamos ofrecerche flores no próximo outono.

Mañá temos verbena no Café Cultural Auriense.A partires das 21:00 h celebramos o 51 aniversario da Revolución dos Cravos...
24/04/2025

Mañá temos verbena no Café Cultural Auriense.
A partires das 21:00 h celebramos o 51 aniversario da Revolución dos Cravos.
Danzaremos e bailaremos co Berniluso OU e Asentinela Nos
E entre todas cantaremos o Grândola Vila Morena.
25 DE ABRIL SEMPRE!!!

Dirección

Praza Do Correxedor, 11 Baixo
Orense
32005

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ac Auriense publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir