Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro e de traballo asociado, promovida por un conxunto de persoas, procedentes de diversos ámbitos da acción social (integración social, mediación social, traballo social e psicoloxía) implicadas no pulo do desenvolvemento comunitario. Os nosos servizos de Intervención socio-comunitaria están dirixidos a entidades, públicas e privadas, e particulares, fundamentándose en tres piares, a participación cidadá, o feminismo e a mediación. SERVIZOS:
- Participación:
Asesoramento a entidades e colectivos para o deseño e a implementación de metodoloxías participativas.
- Dinamización Comunitaria:
Asesoramento, deseño i execución de plans e accións de dinamización comunitaria.
- Consultoría de xénero:
- Proxectos de acompañamento con mulleres e crianzas que sofren violencia machista.
- Elaboración e avaliación de plans de igualdade de oportunidades.
- Asesoramento para a aplicación da perspectiva de xénero.
- Sensibilización e formación.
- Mediación: Promover e difundir a cultura da mediación a través de:
- Accións formativas.
- Posta en marcha de servizos de mediación nos diferentes eidos (familiar, escolar, comunitaria, empresarial...)
- Realización de mediacións para a xestión de conflictos puntuais.
- Atención e orientación psicolóxica individual e grupal:
Fomento do benestar e desenvolvemento persoal nas diversas etapas vitais.
- Políticas sociais:
Planificación e posta en marcha de servizos de intervención social, dirixidas a entidades públicas e privadas.
- Peritaxe social para procesos xudiciais.