17/09/2026
Saúde: ciencia e conciencia 🍏
No Día Mundial da Seguridade do Paciente, dende as entidades que formamos parte da Comisión Sociosanitaria de poñemos o foco nas necesidades das persoas con enfermidades crónicas, discapacidade e outras condicións de saúde.
As 60 asociacións do movemento asociativo de COGAMI reclamamos:
🔹 Máis coordinación entre profesionais e especialidades sanitarias.
🔹 Atención máis humana, accesible e centrada nas persoas.
🔹 Máis seguridade nos tratamentos, protocolos e coidados.
🔹 Acceso a tratamentos eficaces para as enfermidades crónicas.
🔹 Máis investigación sobre enfermidades raras e de baixa prevalencia.
🔹 Investigación que inclúa de forma real e representativa ás mulleres.
Porque a saúde é un dereito, non unha carreira de obstáculos.
Cada paciente conta. Cada voz importa.