02/06/2026
Non se pode permitir a represión sindical
🟥 CCOO denuncia o despedimento dunha traballadora de Aldeas Infantiles SOS Galicia, membro do Comité de Empresa de Vigo e delegada de CCOO.
A compañeira viña exercendo funcións de representación sindical e tiña iniciado un procedemento xudicial pola negativa da empresa a concederlle unha medida de conciliación para o coidado da súa filla de seis anos. O xuízo estaba sinalado para o 25 de maio.
A empresa fundamenta agora o despedimento nunha suposta ineptitude sobrevida, nun contexto que suscita dúbidas razoables sobre a proporcionalidade da medida e sobre o momento no que se adopta.
🚨Desde CCOO Ensino consideramos inadmisible que unha traballadora poida verse sinalada ou represaliada por exercer os seus dereitos laborais, solicitar medidas de conciliación ou desenvolver funcións de representación sindical.
✊ Reclamamos a súa readmisión e trasladamos todo o noso apoio á compañeira e ao conxunto do persoal de Aldeas Infantiles SOS Galicia.