FCM CIG Construción e Madeira

FCM CIG Construción e Madeira A Federación de Construción e Madeira da CIG é a principal organización sindical galega do sector. Somos membros da UITBB e da WFTU.

🚧A Confederación Intersindical Galega obtivo, por primeira vez, a totalidade da representación no servizo de conservació...
05/08/2026

🚧A Confederación Intersindical Galega obtivo, por primeira vez, a totalidade da representación no servizo de conservación e mantemento da AP-9 e da autoestrada AG-55 (A Coruña-Coristanco), adxudicado á empresa Aquaterra Servicios Infraestructuras S.L.. A candidatura da central nacionalista foi a única que concorreu a este proceso de eleccións sindicais logrando as cinco persoas que se escollían para o comité.

Con este resultado, a CIG convértese no único sindicato con representación neste servizo xa que tamén conta co delegado de persoal que se elixe pola provincia de Pontevedra.

É de salientar que hai seis anos a CIG non tiña representación no comité da Coruña e que as eleccións se producen en plena negociación entre a empresa e a parte social para a renovación do acordo de mellora das condicións de traballo.

A representación da CIG agradece a confianza depositada polos traballadores e traballadoras na súa candidatura e reafirma o seu compromiso na defensa e na loita dos dereitos do conxunto do persoal.

A central logrou as cinco persoas que se escollían ao comité da provincia da Coruña

A Federación de Construción e Madeira da CIG denuncia o despedimento represivo aplicado pola empresa Carpintería Cerquei...
24/07/2026

A Federación de Construción e Madeira da CIG denuncia o despedimento represivo aplicado pola empresa Carpintería Cerqueiro SL (con naves en Carral e Culleredo) contra o delegado da central nacionalista no comité. A empresa pretende xustificar a medida en base a un expediente sancionador totalmente fraudulento que para a FCM-CIG ten como único obxectivo desfacerse deste traballador pola súa actividade sindical.

Hai que subliñar que o traballador despedido foi o promotor das primeiras eleccións sindicais celebradas na historia desta empresa, que utilizou todo tipo de trampas e artimañas para intentar impedir que gañara a candidatura da CIG. Non obstante, o compañeiro resultou elixido delegado no comité e foi grazas a súa persistencia e ás súas denuncias que o órgano de representación comezou a reunirse e actuar como tal.

“A partir de aí, destaca da FCM-CIG da Coruña, comezou a represalia e a persecución: foi o único traballador de Cerqueiro que non recibiu a cesta de nadal e o único ao que non lle pagaron os atrasos de convenio. Finalmente, a empresa púxolle un detective privado que o perseguía a todas horas, mesmo cando estaba coa súa familia, e tamén durante o uso do creto sindical, algo que pode constituír un indicio de conduta antisindical da empresa”.

A central rexeita esta represión da empresa e reclama a readmisión inmediata do compañeiro despedido. E lembra que este non é primeiro caso que se rexistra en Cerqueiro pois, no seu momento, a empresa despediu a unha traballadora por presentarse de candidata pola CIG na oficina. Neste caso, a compañía acabou recoñecendo a improcedencia do despedimento e unha indemnización por danos morais e prexuízos.

https://www.cig.gal/nova/a-fcm-cig-rexeita-a-represion-sindical-en-carpinteria-cerqueiro-e-reclama-a-readmision-do-delegado-despedido.html

21/07/2026

✊ : a clase traballadora galega pola soberanía nacional e a xustiza social

ℹ️ https://i.gal/25xullocig

19/06/2026
19/06/2026

A central sindical advertiu de que nos traballos de rehabilitación encargados pola Xunta á UTE Extraco-Orega en Verín "incúmprese" o convenio do sector con x...

Galega ou estranxeira, a mesma clase obreira!Construcion sen explotacion!Igual traballo, igual salario!Por horas non, co...
19/06/2026

Galega ou estranxeira, a mesma clase obreira!
Construcion sen explotacion!
Igual traballo, igual salario!
Por horas non, convenio e contratacion!

❌A CIG-Construción ocupa e paraliza as obras do Castelo de Monterre...

❌A FCM CIG Construción e Madeira ocupa e paraliza as obras do Castelo de Monterrei para denunciar explotación laboral de...
19/06/2026

❌A FCM CIG Construción e Madeira ocupa e paraliza as obras do Castelo de Monterrei para denunciar explotación laboral de persoas estranxeiras
👉Nos traballos de rehabilitación encargados pola Xunta á UTE Extraco-Orega en Verín incúmprese o convenio do sector con xornadas de máis de 10 horas

ℹ️ https://i.gal/ZE24t

Nos traballos de rehabilitación encargados pola Xunta á UTE Extraco-Orega en Verín incúmprese o convenio do sector con xornadas de máis de 10 horas

28/05/2026

📌Amplíase a xornada continuada no verán no sector da construción da provincia de Pontevedra
👉 A CIG, que o ano pasado logrou incorporar este dereito ao convenio, salienta que agora se estende tamén ao mes de xuño

ℹ️ https://i.gal/nM8E1

FCM CIG Construción e Madeira

✊A FCM CIG Construción e Madeira nas mobilizacións da CIG este   contra o imperialismo e para demandar paz, traballo dig...
01/05/2026

✊A FCM CIG Construción e Madeira nas mobilizacións da CIG este contra o imperialismo e para demandar paz, traballo digno e dereitos

01/05/2026

💪Milleiros de persoas mobilízanse coa CIG este contra o imperialismo e para demandar paz, traballo digno e dereitos

Dirección

Parque De San Lázaro 12
Orense
32003

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 13:30
16:30 - 20:00
Martes 09:30 - 13:30
16:30 - 20:00
Miércoles 09:30 - 13:30
16:30 - 20:00
Jueves 09:30 - 13:30
16:30 - 20:00
Viernes 09:30 - 13:30
16:30 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando FCM CIG Construción e Madeira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría