07/08/2026
👩🍳✨ O noso Receitario Solidario xa ten madriña!
É un orgullo contar co apoio de Sonia Moar (Mis recetas Sonia , Sonia Moar Sánchez), unha profesional cunha ampla traxectoria no mundo da cociña na nosa contorna, que non dubidou en sumarse a este proxecto poñéndolle nome, ilusión e compromiso.
Ademais de amadriñar o noso recetario, xa hai unhas semanas que tamén forma parte do noso equipo de persoas voluntarias, acompañándonos no Taller de Cociña e Hábitos Saudables, compartindo a súa experiencia, coñecementos e paixón coa persoas participantes. Un luxo poder aprender ao seu carón! 💛
Queremos agradecerlle a confianza depositada na entidade e a súa disposición para seguir construíndo con nós espazos de aprendizaxe e participación.
E se aínda non o tes... lembra que o Receitario Solidario segue dispoñible! Ademais de descubrir receitas cheas de sabor, coa súa adquisición estarás colaborando cos programas e actividades que desenvolvemos dende Andaina Pro Saúde Mental.