Asociación Avante

Asociación Avante Páxina de Facebook do Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade Avante, en Niveiro, Val do Dubra

Servizo sanitario inscrito có número C-15-003148

Avante nace en 1982 baixo o nome de "Asociación de Minusválidos Valle del Dubra". Posteriormente no 2007 pasou a chamarse Asociación de Persoas con Discapacidade Avante. Actualmente, a Asociación xestiona o Centro de Día, o Centro Ocupacional e a vivenda tutelada.

02/09/2026
Onte saímos, xunto con Cristina, a monitora que imparte o Taller de Euros, a poñer en práctica todo o aprendido.  Achegá...
28/07/2026

Onte saímos, xunto con Cristina, a monitora que imparte o Taller de Euros, a poñer en práctica todo o aprendido.

Achegámonos a unha cafetería da vila para pedir as nosas consumicións, pagar e xestionar os nosos cartos de forma autónoma.

Cada saída é unha oportunidade para seguir aprendendo, gañar confianza e desenvolver habilidades para o día a día. Porque a aprendizaxe tamén está fóra da aula. ☕️💵

💙 Onte recibimos unha visita moi especial no noso centro.A nosa compañeira Vanesa, integradora social de Avante, achegou...
21/07/2026

💙 Onte recibimos unha visita moi especial no noso centro.

A nosa compañeira Vanesa, integradora social de Avante, achegouse para compartir un anaco con todas as persoas usuarias e co equipo antes de comezar unha nova etapa moi especial na súa vida.

Durante un tempo botarémola de menos, xa que dedicará estes meses a preparar a chegada dun novo membro á familia de Avante. Desexámoslle que desfrute ao máximo desta fermosa etapa e agardamos vela de novo moi pronto.

Moita sorte, Vanesa.

⛵ Onte, as persoas usuarias da nosa vivenda tutelada participaron nunha actividade nautica, en Portonovo.Desfrutaron dun...
08/07/2026

⛵ Onte, as persoas usuarias da nosa vivenda tutelada participaron nunha actividade nautica, en Portonovo.

Desfrutaron dunha fantástica tarde navegando nun barco de vela, vivindo unha experiencia diferente e creando novos recordos nunha xornada marcada polo bo tempo, a convivencia e a diversión.

Seguimos apostando por actividades que favorecen a participación, a autonomía e o desfrute de novas experiencias. ☀️


🏊‍♀️☀️ Inauguramos a tempada de piscina! O pasado martes demos comezo á tempada de piscina 🏊‍♂️nas instalacións do conce...
25/06/2026

🏊‍♀️☀️ Inauguramos a tempada de piscina!

O pasado martes demos comezo á tempada de piscina 🏊‍♂️nas instalacións do concello.
Este tipo de actividades gústannos especialmente porque nos permiten saír da nosa rutina diaria, compartir experiencias diferentes e g***r de momentos de lecer nun ambiente agradable e divertido. Ademais de pasalo moi ben, favorecemos as relacións sociais, a convivencia e o benestar físico.

Nesta primeira xornada tivemos tamén a oportunidade de participar nunha pequena sesión de acuagym, guiada pola nosa terapeuta ocupacional, Xeila, que nos animou a movernos, facer exercicio e divertirnos dentro da auga.

Foi un día entretido e xa estamos desexando repetir a experiencia nas próximas semanas.



🎬🍿 Onte desfrutamos dunha fantástica mañá na Festa do Cine!Tivemos a oportunidade de asistir  á proxección de "Michael",...
10/06/2026

🎬🍿 Onte desfrutamos dunha fantástica mañá na Festa do Cine!

Tivemos a oportunidade de asistir á proxección de "Michael", mentres que outro viron "The Mandalorian".

Pero, se somos sinceros... 😜 o que máis nos gusta destas saídas é o momento da comida! Desfrutamos dunha deliciosa comida no restaurante Cambalache, compartindo conversas, risas e moi bos momentos arredor da mesa. 🍕🍝🥗

Foi unha xornada chea de diversión, convivencia e experiencias que nos permiten seguir creando recordos xuntos.



Seguimos formándonos para ofrecer unha atención de maior calidade.Na xornada de hoxe, o equipo do centro tivo a oportuni...
22/04/2026

Seguimos formándonos para ofrecer unha atención de maior calidade.
Na xornada de hoxe, o equipo do centro tivo a oportunidade de participar nunha formación especializada en dano cerebral adquirido, impartida por unha psicóloga experta neste ámbito en Santiago de Compostela.
Afondamos no coñecemento do antes, durante e despois de diferentes situacións como o ictus, o traumatismo cranioencefálico, os tumores cerebrais e outras causas que poden dar lugar a dano cerebral adquirido. Esta formación permitiunos comprender mellor os procesos, as necesidades das persoas usuarias e as ferramentas de intervención máis axeitadas en cada fase.
Queremos agradecer a Dano Cerebral Santiago de Compostela por compartir coñecementos e esta experiencia connosco. 🤝


Dirección

Costa Nariño S/n
Niveiro
15873

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:30
Martes 09:00 - 17:30
Miércoles 09:00 - 17:30
Jueves 09:00 - 17:30
Viernes 09:00 - 17:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Avante publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir