Anpa Escola de Nebra

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Anpa Escola de Nebra Somos a Anpa da Escola de Nebra, a través deste espazo iremos informando das novas e dando a coñecer as nosas actividades.

🎉 Arrancan as actividades da ANPA da Escola de Nebra 2026/2027! 🎉Comezamos un novo curso con moita ilusión e con activid...
30/09/2026

🎉 Arrancan as actividades da ANPA da Escola de Nebra 2026/2027! 🎉

Comezamos un novo curso con moita ilusión e con actividades pensadas para que os nosos peques aprendan, experimenten e, sobre todo, desfruten. ❤️

As actividades do curso 2026/2027:

🎵 **Música**
🎨 **Pintura**
🛹 **Surfskate**

Arrancamos en outubro!

Que ganas de comezar! 💚🦊

Escola de Nebra

📢 REUNIÓN DO ANPA ESCOLA DE NEBRA 🏫💚📅 Xoves 24 de setembro🕠 17:30 h (1ª convocatoria) / 18:00 h (2ª convocatoria)📍 Pavil...
21/09/2026

📢 REUNIÓN DO ANPA ESCOLA DE NEBRA 🏫💚

📅 Xoves 24 de setembro
🕠 17:30 h (1ª convocatoria) / 18:00 h (2ª convocatoria)
📍 Pavillón da escola

Falaremos do estado de contas, da renovación da Xunta Directiva e recolleremos rogos e preguntas. 📝✨

👨‍👩‍👧‍👦 Animamos a todas as familias a participar! A vosa presenza e opinión son moi importantes para seguir facendo ANPA. 💪💚

Vémonos o xoves! 😊

🌱🎒 Comezamos un novo curso na Escola de Nebra! 💚Volvemos encher os corredores de risas, ilusión, aprendizaxes e momentos...
13/09/2026

🌱🎒 Comezamos un novo curso na Escola de Nebra! 💚

Volvemos encher os corredores de risas, ilusión, aprendizaxes e momentos compartidos. 🥰📚✨

Dámoslle a benvida a todo o alumnado, ás familias, ao profesorado e a todas as persoas que forman parte do día a día do noso cole. 🏫💚

Comezamos con moitas ganas e coa ilusión de seguir facendo escola, comunidade e familia xuntos. 🌿🤗

E isto só acaba de comezar… 👀✨
Moi pronto contaremos novidades, anunciaremos as actividades extraescolares 🎨⚽🎶 e iremos compartindo todo o que temos preparado para este novo curso!

💚 Que teñamos un curso bonito, divertido e cheo de momentos para lembrar!

Benvidas e benvidos ao novo curso! 🎒🌈
A Escola de Nebra xa está en marcha! 🚀💚

📢💦 EXCURSIÓN FIN DE CURSO DO CEIP DE NEBRA 💦📢Xa está aquí unha das actividades máis agardadas do ano! ☀️🎉O vindeiro 13 d...
02/06/2026

📢💦 EXCURSIÓN FIN DE CURSO DO CEIP DE NEBRA 💦📢

Xa está aquí unha das actividades máis agardadas do ano! ☀️🎉

O vindeiro 13 de xuño de 2026 desfrutaremos dunha fantástica excursión ao Parque Acuático de Cerceda, organizada pola ANPA do CEIP de Nebra. 🌊🏖️

🚌 Saída desde o colexio ás 10:00 h
🕗 Regreso previsto ás 20:00 h
🍽️ Cada familia poderá levar a súa propia comida ou facer uso dos establecementos do parque.
👨‍👩‍👧‍👦 Todos os nenos e nenas deberán asistir acompañados por unha persoa adulta.

💰 Prezos:
✅ Nenos/as socios/as da ANPA: GRATUÍTO
✅ Nenos/as non socios/as: 10 €
✅ Adultos familia socia da ANPA: 15 €
✅ Adultos familia non socia da ANPA: 20 €

📅 Prazo de inscrición e pagamento ata o 5 de xuño.

Será unha xornada chea de diversión, auga, convivencia e momentos inesquecibles para despedir o curso como se merece! 🌞💙

📩 Para máis información ou para entregar a inscrición, contactade coa ANPA.

🎉 Hoxe temos tarde de festa en Nebra! 🎉Agardámosvos no GRAN BINGO das festas de Santa Rita 💚🕓 Ás 16h📍 Local Veciñal de N...
23/05/2026

🎉 Hoxe temos tarde de festa en Nebra! 🎉

Agardámosvos no GRAN BINGO das festas de Santa Rita 💚
🕓 Ás 16h
📍 Local Veciñal de Nebra

✨ Haberá:
🎁 Moitísimos lotes e premios
🎈 Hinchables para os peques
🎨 Pintacaras
😊 E moita diversión para toda a familia

Todo isto grazas á colaboración dos establecementos da zona, que participan de maneira totalmente voluntaria 🫶

💙 Todo o recadado irá destinado ao ANPA de Nebra.

Non faltedes! 🍀

🌅 Programa “Bos Días” no CEIP de NebraNo ANPA seguimos apostando por recursos que axuden ás familias no día a día 💛Graza...
20/05/2026

🌅 Programa “Bos Días” no CEIP de Nebra

No ANPA seguimos apostando por recursos que axuden ás familias no día a día 💛

Grazas ao apoio da Deputación da Coruña e do programa Corresponsables, ofrecemos un espazo seguro, tranquilo e educativo para o alumnado de 3 a 12 anos antes do inicio das clases.

🕘 De 07:05 a 09:05 h
🎨 Xogos, actividades e tempo de convivencia
📍 Nas instalacións do centro
📝 Inscrición a través do ANPA

💙 Grazas á Deputación da Coruña por apoiar iniciativas que favorecen a conciliación familiar.

🐺✨ Hoxe presentamos outra das aulas de Infantil do cole de Nebra: Pepa a loba! 💛Un espazo pensado para aprender facendo,...
12/05/2026

🐺✨ Hoxe presentamos outra das aulas de Infantil do cole de Nebra: Pepa a loba! 💛

Un espazo pensado para aprender facendo, experimentando e descubrindo o mundo a través do xogo e da curiosidade 🌱

Na aula podemos atopar diferentes recunchos e materiais manipulativos:
🖍️ espazos de grafomotricidade e creatividade,
🫧 propostas sensoriais,
📅 materiais para traballar o tempo, os días e as rutinas,
🔢 xogos matemáticos manipulativos,
🌦️ observación do tempo atmosférico,
👐 experimentación libre con elementos naturais e obxectos cotiáns…

Todo adaptado ás necesidades dos peques e fomentando sempre a súa autonomía, a exploración e a aprendizaxe vivencial 💫

Porque en Infantil tamén se aprende tocando, probando, movéndose, equivocándose e descubrindo ❤️

📣 MOBILIZACIÓNS 6M ‼️Mañá, mércores 6 de maio, a comunidade educativa galega volverá saír ás rúas en defensa do ensino p...
05/05/2026

📣 MOBILIZACIÓNS 6M ‼️

Mañá, mércores 6 de maio, a comunidade educativa galega volverá saír ás rúas en defensa do ensino público. Máis de 20 mobilizacións en toda Galicia amosan a forza, unidade e compromiso de familias, profesorado e alumnado.

Desde a ANPA do cole de Nebra animamos a todas as familias a participar e facer visible que o ensino público importa.

🕖 Porto do Son: ás 19:00 no Secadoiro de Congrios

✊ Polo futuro das nosas crianzas. Polo ensino público galego.

📆🌏*MAPA WEB*: https://asembleasensino.gal/mobilizacions/

Dirección

Nebra

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Anpa Escola de Nebra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Anpa Escola de Nebra:

Atajos

Compartir