O Castelo de Narahío

Cómo llegar

O Castelo de Narahío Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de O Castelo de Narahío, San Sadurniño.

Sábado 24 de outubro, as 19:30,  Cine co Ciclo Mestre Mateo, unha programación promovida pola Academia Galega do Audiovi...
18/10/2026

Sábado 24 de outubro, as 19:30, Cine co Ciclo Mestre Mateo, unha programación promovida pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello. Proxectarase no local social unha película finalista da última edición dos premios do audiovisual galego. O filme Ao son da nova regueifa, de Manolo Maseda e Saúl Rivas, un documental que percorre Galicia para descubrir as conexións entre a regueifa tradicional e as súas expresións actuais, así como o proceso de recuperación desta forma de improvisación oral. Ao finalizar o filme serviranse uns petiscos. Concello de San Sadurniño Xeoparque Cabo Ortegal

Vai rematando esta última fin de semana de setembro, que será tamén a última do bar O Campo. Cesárea xubílase dentro dun...
27/09/2026

Vai rematando esta última fin de semana de setembro, que será tamén a última do bar O Campo. Cesárea xubílase dentro duns días e, sen relevo, a taberna do Piñeiro pechará a porta despois de 36 anos.

Onte xuntámonos para parolar, botarlle unhas pezas e probar, tamén por última vez, os riquísimos pinchos de xamón, os callos e outras delicias contundentes e abundantes que Cesárea nos tiña preparadas para a festa da súa despedida.

Sempre lle deberemos obrigación por ternos atendido tan ben e con tanta paciencia e, sobre todo, por canto como ela e o finado Evaristo nos teñen axudado: colléndonos encargas para organizar actividades, prestándonos mercadoría cando se nos acababa -fose a hora que fose-, vendendo a nosa lotaría, vendendo tamén camisetas do festival e mesmo axudándonos a facer aqueles cumpridos bocadillos cos que mantiñamos ás festivaleiras e festivaleiros nas madrugadas das primeiras edicións.

Como diciamos hai tan só unhas semanas, cando pechou o bar Eladio e lle dedicamos unhas liñas a Sagrario, temos pena porque quedamos sen taberna. É máis, quedamos sen tabernas en Naraío, que é como dicir que desaparece un servizo básico, auténtico vertebrador da vida social na parroquia.

Pero tamén temos alegría porque Cesárea poida por fin dedicarse á horta, a pasear e a estar coa súa xente e, se quere e ten gana, seguir botándonos un cabo (seguro que si) nas cousas que organicemos.

Gracias por tanto, Cesárea, agora tócache desfrutar a ti!

Plan redondo para este sábado en Sedes da man de Vai Rañala Meu ,IV Foliada de Sedes. Música,baile,papatoria,contos, cam...
17/09/2026

Plan redondo para este sábado en Sedes da man de Vai Rañala Meu ,
IV Foliada de Sedes. Música,baile,papatoria,contos, camaradería.
Nos ímos 🙂.

Xa está aquí a . Reservade a data que Vai ser tremenda!
Cultura da Deputación da Coruña

Hoxe pecha o bar Eladio despois de case 70 anos de historia, boa parte deles con Sagrario á fronte. Traballadora a máis ...
31/08/2026

Hoxe pecha o bar Eladio despois de case 70 anos de historia, boa parte deles con Sagrario á fronte. Traballadora a máis non poder, maga da tortilla e de calquera carne feita no forno, taberneira, en definitiva, que sempre soubo atender a clientela e, sobre todo, coidar da xente de Naraío.

Como asociación sempre lle deberemos obriga por tanto como nos ten axudado desde detrás da barra. Temos a seguridade de que seguirá facéndoo, coa diferenza de que agora poderá desfrutar canda nós con máis vagar.

Temos pena polo que perdemos, pero tamén alegría por saber que ela vai ganar en calidade de vida e en tempo para dedicarlle á súa xente (que tamén somos nós).

Grazas por todos estes anos, Sagra!

05/08/2026

Resume da edición 2026 do Festival do Río Castro, na que viñeron facer festa os Meninos do Pandeiro, As Armadanzas, as Cantareiras Algarabía, Os Carecos e Tiruleque. Un día fantástico -aínda que caloroso- para o que contamos coa colaboración do ⁨Concello de San Sadurniño⁩ e fomos escaparate do programa de Turismo da Deputación da Coruña. Xeoparque Cabo Ortegal

📹🎬 Cesar Galdo
🎼 Meninos do Pandeiro - Muiñeira da Ermida

Bos días chavalada, pasou o día.... E pasou a romaría. Esperamos que desfrutárades deste caloroso festival, que naide se...
06/07/2026

Bos días chavalada, pasou o día.... E pasou a romaría.
Esperamos que desfrutárades deste caloroso festival, que naide se lastimara (iso é o máis importante), e para o ano esperamos máis e mellor.

Por outro lado, queremos agradecerlle a súa axuda a todas as persoas que nos botaron unha man para que o festival saíse adiante.

Vémonos no medio da foula, camaradas!!!
Turismo da Deputación da Coruña
Concello de San Sadurniño
Xeoparque Cabo Ortegal

05/07/2026

Pechando a noite... Tiruleque...Espectáculo en estado puro!!!!
Concello de San Sadurniño
Xeoparque Cabo Ortegal
Turismo da Deputación da Coruña

Os Carecos... Moi bo ambiente na Bola.Turismo da Deputación da Coruña Xeoparque Cabo Ortegal Concello de San Sadurniño
04/07/2026

Os Carecos... Moi bo ambiente na Bola.
Turismo da Deputación da Coruña
Xeoparque Cabo Ortegal
Concello de San Sadurniño

Empezamos a noite con boa música e baile. Todo un desfrute, con Algarabía!Turismo da Deputación da Coruña Concello de Sa...
04/07/2026

Empezamos a noite con boa música e baile. Todo un desfrute, con Algarabía!
Turismo da Deputación da Coruña
Concello de San Sadurniño
Xeoparque Cabo Ortegal

Vai chegando a noitiña. Pero non é hora de recollerse, nin para a mocidade de agora nin para a mocidade de antes. Ás 22:...
04/07/2026

Vai chegando a noitiña. Pero non é hora de recollerse, nin para a mocidade de agora nin para a mocidade de antes. Ás 22:30 empezamos coas cantareiras de Algarabía, despois Os Carecos e, como remate, Tiruleque.

Concello de San Sadurniño
Xeoparque Cabo Ortegal
Turismo da Deputación da Coruña

Dirección

Narahío
15576

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando O Castelo de Narahío publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir